Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

18/10/2010

FROITEIRAS

Neste momento, a caída de folla nas froiteiras de folla caduca atópase nunha fase diferente segundo a especie e a comarca. As recomendacións xerais de tratamento a ter en conta nesta época son as seguintes:
  • en maceira e marmeleiro, cando se rexistra unha caída de folla do 50%, é moi oportuno efectuar un primeiro tratamento de outono cun funxicida a base de cobre utilizado a doses altas. Con esta intervención preténdese reducir o nivel de inoculo de numerosos patóxenos para o ano seguinte, á vez que se protexen as microferidas provocadas coa caída da folla. Pode renovarse este tratamento cando se perda un 80% das follas.
  • en pereira, o mesmo tratamento e cos mesmos fins se aplicará precisamente cando a caída da folla estea en torno ao 80%, momento en que tamén pode efectuarse unha aplicación sobre froiteiras de óso.
VIÑA

Se non se efectuou en verán, aínda é posible nalgunhas zonas marcar as plantas que presentaron síntomas de patoloxías da madeira, pois é moi importante podalas sempre despois do resto de plantas do terreo, aplicando unha serie de precaucións como poda en tempo seco, eliminación de pólas mortas, desinfección coidadosa dos cortes, etc.