Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

16/03/2011

VIÑA
Mildiu:

Estado fenoloxía D - Follas incipientesProduciuse a maduración da oospora do mildiu na provincia de Pontevedra. Isto implica que se inicia o ciclo da enfermidade por esta campaña e que, en canto se rexistren as condicións de desenvolvemento da planta e as climáticas necesarias, poden empezar a aparecer as primeiras manchas de aceite. Así e todo, en xeral, as viñas aínda presentan uns brotes moi incipientes (as que xa os manifestan) e polo tanto aínda é moi pronto para aplicar un tratamento antimildiu. O primeiro tratamento aconsellable ó inicio de campaña neste cultivo, que hai que realizar no estado D (follas incipientes) ou como máximo E (follas estendidas), é fronte á excoriosis, aplicando un funxicida de tipo mancozeb ou folpet