Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

02/06/2011

VIÑA Estado fenolóxico: K (grans tamaño chícharo)
Mildiu:

Plasmopara vitícola - Síntomas incipientes en folla Esporulación de mildiu en acioComo se esperaba, apareceron novos síntomas da enfermidade, tanto na folla coma no acio, nalgunhas plantacións. Non obstante, de momento non é unha situación xeneralizada e, na maioría dos casos, trátase de acios puntuais ou de manchas nalgunhas plantas (a xeneralidade é que non se alcance o 1% de acios afectados, aínda que nunha plantación vimos arredor do 30%). Ademais, coa permanencia do tempo seco e os ventos do norte, o risco de infección non é moi elevado e, de feito, en plantas que mantemos sen tratamento en toda a campaña apenas apareceu algún síntoma esporádico. A pesar diso débese permanecer alerta e confirmar a eficacia dos posibles tratamentos que se apliquen.


Oidio:

Uncinula necator - Oídio, Primeiros síntomas en follaOidio en acio en estado grans tamaño chícharoAtopamos síntomas en todas as comarcas vitícolas da provincia que afectan a varios acios en cada plantación aínda que cunha intensidade que oscila entre un só gran afectado e a metade de grans con presenza do fungo. No estado fenolóxico actual a uva é moi sensible a esta enfermidade polo que é imprescindible efectuar un bo control aplicando funxicidas antioídio e confirmando que non aparecen novos síntomas tras os tratamentos.


Couzas do acio:

Apenas hai capturas nas trampas e o número de acios afectados pola actividade larvaria é reducido. Non é necesario tratar.


Cicadélidos:

Nesta semana non se observou un incremento no nivel de capturas en ningunha das comarcas. Non é necesario tratar.


Ácaros:

Preparación microscópica do fitoseido Typhlodromus pyriCalepitrimerus vitis - Síntoma inicial de acarioseVolvemos observar, nunha parcela de Ribadumia, síntomas de ácaros. No laboratorio confirmamos que se trataba de acariose (Calepitrimerus vitis), co que se trata da segunda ocasión na que o observamos nesta campaña. Con todo, a situación non é xeneralizada polo que antes de aplicar un tratamento acaricida se debe confirmar que está presente a praga, posto que nas viñas existen ácaros fitoseidos, depredadores das poboacións praga, que deben ser respectados.


MACEIRA
Couza da maceira:

É recomendable manter a protección fitosanitaria sempre que non se efectúe un seguimento específico do voo da praga e dos seus danos.


Ácaros:

Panonychus ulmi - Formas móbiles en follaA permanencia do tempo soleado e de temperaturas elevadas obriga a prestar atención á aparición de poboacións de ácaros. Insistimos novamente en que non é conveniente aplicar acaricidas a menos que se confirme que existe ataque e que se superan os límites de tolerancia, co fin de respectar as poboacións de ácaros beneficiosos.



VARIOS CULTIVOS
Pulgóns:

Larva, pupa e adulto de coccinélidoLarva de coccinélido en folla de patacaCoccinela 7-punctata en folla de nogueiraComo é sabido, nesta campaña pódense encontrar colonias de pulgón en numerosos cultivos. Non obstante, nestes días tamén atopamos moitos inimigos naturais nas colonias, co que os posibles fitosanitarios que se apliquen deben elixirse entre os máis respectuosos para estes organismos útiles, que de forma natural poden axudar a regular as poboacións de áfidos.


PIÑEIRO
Monochamus galloprovincialis, vector de Bursaphelenchus xylophilus (nematodo da madeira do piñeiro):

Continúan capturándose exemplares de Monochamus galloprovincialis nas trampas. Ademais de na zona sur da provincia nestes días tamén se recolleron (esporadicamente) noutras zonas.