Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

16/06/2011

VIÑA Estado fenolóxico: K-L (grans tamaño chícharo-peche do acio)
Mildiu:

A pesar do incremento da humidade xerado polas precipitacións que se produciron non observamos novos síntomas nas nosas parcelas de seguimento. Pola súa parte, nas plantas testemuño, que se manteñen sen intervencións, obsérvanse lixeirísimas zonas de avance nalgunhas das manchas antigas. A previsión meteorolóxica anuncia que o tempo se estabilizará a partir da fin de semana, pese ó cal é conveniente renovar os tratamentos en canto cesen as chuvias debido a que se cumpriron as condicións para as infeccións secundarias.
Lembren que coas chuvias se deben acurtar os prazos entre tratamentos un ou dous días porque se reduce o período de protección teórico dos produtos.
Oidio:

Oídio en acio en estadio grans tamaño chícharoManchas de oídio en folla de albariñoObsérvanse síntomas da enfermidade, en folla e acio, nalgunhas leiras pois o carácter débil das precipitacións rexistradas non foi suficiente para lavar o micelio do fungo e o resto de condicións climáticas foron favorables. Por este motivo, e debido a que é conveniente protexer o acio antes do peche, aconséllase renovar os tratamentos.




Couzas do acio:

Posta de Lobesia botrana en acio de AlbariñoNas nosas parcelas de seguimento das comarcas do Rosal e O Condado rexistrouse un pico no voo da segunda xeración de couzas. Nas áreas do Salnés e Soutomaior aínda esta semana se incrementaron as capturas, de maneira significativa para Lobesia botrana na Modia (108 machos capturados nas trampas) e para Eupoecilia ambigüella en Tremoedo. Non obstante, o índice de praga "capturas nas trampas" debe complementarse co "nivel de postas e/ou penetracións larvais nos acios" á hora de decidir os tratamentos (momento e tipo de insecticida). Debido a que non se observan apenas postas, e moito menos penetracións, non é necesario tratar
Naquelas leiras nas que non se realicen seguimentos específicos das poboacións e haxa historial de danos de couza é bo momento para tratar (antes de que conclúa o peche do acio)
Mosquito verde e outros cicadélidos:

Apenas se teñen capturas destes insectos nas trampas engomadas; unicamente cabe destacar un lixeiro incremento na parcela do Condado, tanto en número de adultos coma de ninfas nas follas. Non é necesario tratar.


Ácaros:

Só de forma puntual e esporádica se observan leiras con síntomas de acariose. Polo tanto non é necesario tratar (a menos que se teña a certeza de que hai poboacións en cada parcela concreta).



MACEIRA
Moteado:

Mancha incipiente de moteado da maceiraFroito con síntomas de moteadoCoa climatoloxía destes días incrementouse o risco de infección. É necesario tratar para evitar danos ó froito.





Couza da maceira:

Capturas de machos de Cydia pomonella nunha semanaEsta semana superouse o límite de tolerancia por capturas de adultos en trampas, nunha das nosas parcelas de seguimento, polo que se vai aplicar un tratamento. Aínda así, e como a miúdo indicamos, é recomendable manter a protección fitosanitaria sempre que non se efectúe un seguimento específico do voo da praga e dos seus danos.





CERDEIRA
Cylindrosporium padi:

Cylindrosporium padi - Detalle de manchas na follaVimos árbores cos síntomas característicos do ataque deste fungo. Debido a que se trata dun patóxeno que pode levar á defoliación prematura das plantas aconséllase aplicar un tratamento funxicida (non cúprico).



MILLO
Trades (Sesamia nonagrioides y Ostrinia nubilalis):

Eiruga en taloDanos de tradeEirugas en folla antes de penetrar na canaEstes días estamos recibindo na Estación abundantes mostras de plantas con danos por trade. Trátase de especies moi difíciles de controlar unha vez que penetran na cana. Polo tanto, o máis conveniente é seguir o voo das bolboretas con trampas de feromonas para poder tratar antes da penetración das larvas na cana. Ademais, como medida cultural importante, débense retirar das leiras e destruír os restos do millo despois da colleita.


PLATANO de SOMBRA
Cotythuca ciliata:

Adultos e ninfas no envés da follaSíntomas iniciais no haz dunha folla de plátanoEmpézanse a observar os síntomas do ataque destes insectos, que poden provocar un secado prematuro das follas. Para o seu control poden utilizarse os insecticidas alfa-cipermetrin ou deltametrin.