Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

23/06/2011

VIÑA Estado fenolóxico: L (peche do acio)
Mildiu:

Plasmopara vitícola - Síntomas de Mildiu larvado en aciosDespois das condicións climáticas favorables á enfermidade de fai uns días a maior parte dos terreos recibirán xa os tratamentos necesarios e só as plantas testemuña sen tratamento deberían ter manchas ou danos recentes (nas que forman parte do noso seguimento obsérvanse bastantes manchas desde o pasado día 17). De feito, non atopamos novos síntomas nas nosas parcelas de seguimento nin tampouco outros técnicos nos informaron diso. Con todo, recoméndase non descoidar a vixilancia debido a que aínda se poden producir danos debidos ó ataque do fungo, que a partir deste momento xa se poden producir en forma de "mildiu larvado".

Oidio:

Oídio en acio en estadio grans tamaño chícharoManchas de oídio en folla de albariñoA viña aínda se atopa nun período sensible ós ataques deste fungo polo que se recomenda manter a protección.







Couzas do acio:

Posta de Lobesia botrana en acio de AlbariñoNo aviso do pasado xoves 16 indicabamos que se rexistrara un pico no voo de segunda xeración de couzas nas nosas parcelas do Rosal e O Condado. Nesta semana o pico tivo lugar nalgunha das fincas do Salnés. Así e todo, hai que recordar que para non realizar tratamentos indiscriminados deben complementarse as capturas co conteo de ovos e/ou penetracións larvarias que, polo menos nas nosas parcelas de seguimento, non atopamos. Non é necesario tratar.

Mosquito verde e outros cicadélidos:

Ata a data as poboacións destes insectos non foron moi altas (inda que se rexistran capturas de adultos nas trampas e se observan algunhas ninfas nas follas, pero moi lonxe do límite de tolerancia). De momento, non é necesario tratalas.


Ácaros:

Preparación microscópica do fitoseido Typhlodromus pyriA situación máis xeral é que non se observen síntomas do ataque de ácaros máis que puntualmente, polo que insistimos una vez máis en que só deben aplicarse acaricidas se se ten a seguridade da súa presenza. Actuando desta maneira poderase protexer os ácaros útiles fitoseidos, que de forma natural axudan a regular as poboacións nocivas.

Outros:

Danos de black rot en acioGrans con ataque de black rotInformáronnos que nalgunhas parcelas das comarcas vitícolas do sur da provincia apareceron, xa desde finais da semana pasada, síntomas de black rot no acio (a súa presenza confirmárona no laboratorio). Entre os funxicidas que se utilizan para o seu control está o comoxanilo, que entra a formar parte dalgúns formulados cúpridos que se utilizan nestes momentos da campaña, e tamén cobres máis folpet, entre outros. En calquera caso, se o ataque é especialmente grave consulte os técnicos. Para máis información sobre esta enfermidade, consulte a nosa ficha técnica nº 52 "Guignardia_bidwelii (Ellis) Viala & Ravaz. Black Rot".

MACEIRA
Moteado:

Froito con síntomas de moteadoSe non se realizou ningunha intervención fitosanitaria despois das chuvias de días pasados, é necesario facela para evitar danos nos froitos.

Couza da maceira:

Carpocapsa pomonella - Penetración larvaria en froito da variedade goldenContinúa o voo dos adultos, polo que é necesario manter protexidas as plantas en caso de non realizar seguimentos específicos da curva de voo e das penetracións larvarias.