Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

30/06/2011

VIÑA Estado fenolóxico: L (peche do acio)
Mildiu:

Plasmopara vitícola - Síntomas de Mildiu larvado en aciosNas nosas parcelas de seguimento non observamos síntomas da enfermidade; incluso nas plantas que non reciben tratamento ningún na campaña non se observan novos síntomas nin evolución nos antigos. A esta situación contribúe a presenza de tempo seco e de ventos do norte que, segundo as previsións meteorolóxicas, continuará durante os próximos días. Polo tanto non é necesario tratar pero tampouco convén descoidar a vixilancia debido a que aínda poden aparecer síntomas de mildiu larvado.

Oidio:

Oídio en acio en estadio grans tamaño chícharoManchas de oídio en folla de albariñoUnicamente observamos síntomas de forma moi puntual nalgún gran de acios illados e non en todas as leiras (o mesmo é aplicable ás plantas testemuña). Aínda así, aínda é sensible ós ataques deste fungo polo que se recomenda manter a vixilancia.

Black rot:

Nas nosas parcelas de seguimento non vimos ningún síntoma da enfermidade en acio (só unha pequena mancha nunha folla). Tamén nas mostras que recibimos ó longo da semana, sospeitosas de black rot, non se illou o patóxeno polo que é moi importante confirmar no laboratorio que realmente o fungo é o causante dos síntomas.


Couzas do acio:

Posta de Lobesia botrana en acio de AlbariñoLobesia botrana - Penetración de couza do acioNa práctica totalidade das nosas parcelas de seguimento produciuse un novo incremento no voo de Lobesia botrana (e tamén de Eupoecilia ambigüella, neste caso en Tremoedo). Non entanto, as capturas por si soas non deben decidir se é necesario tratar senón que debe considerarse a presenza de ovos, cuxo número continúa sendo extremadamente baixo, e/ou de penetracións larvarias, inexistentes polo menos nas nosas parcelas de seguimento.

Mosquito verde e outros cicadélidos:

O nivel de capturas nas trampas é baixo e o mesmo o número de ninfas atopado nas follas. Non é necesario tratar.


Ácaros:

A pesar das elevadas temperaturas, a incidencia de ácaros é bastante limitada nesta campaña, polo menos en xeral. Non se debe tratar a menos que se confirma a presenza de síntomas e poboacións por enriba do límite de tolerancia.


Golpe de sol:

Golpe de sol en acio de AlbariñoGolpe de sol en acioEn moitas plantacións están aparecendo desecamentos nos grans debido á insolación directa sobre os acios, que non se deben confundir con danos de patóxenos.

Alteracións de madeira:

Planta con síntomas de patoloxías da madeira marcada para o seu tratamento diferenciado na podaXa están aparecendo plantas con síntomas que apuntan a estas enfermidades e que se deben marcar para confirmar o axente causante no outono e poder determinar así se deben tratarse adecuadamente no inverno.
MACEIRA
Couza da maceira:

Mazá con penetración larvaria e podremia posteriorNalgunhas plantacións volveu superarse o límite de tolerancia por número de capturas nas trampas. Xa indicaramos no aviso anterior que o voo dos adultos é continuo ó longo da campaña, de aí a importancia de manter a protección para limitarlle os danos á froita.

OUTROS: PATACA E BERENXENA
Epitrix similaris:

Planta de pataca con síntomas de Epitrix similarisSíntoma na folla de berenxenaEstamos observando novamente adultos de Epitrix similaris, neste caso non só sobre pataca senón tamén sobre berenxena, dando lugar ós seus característicos danos en forma de orificios de pequeno tamaño nas follas. Para máis información sobre este insecto consulte a nosa ficha técnica nº 54. Epitrix similaris Gentner. Pulguilla da pataca