Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

23/01/2012



BOJ
Cylindrocladium buxicola:

Cylindrocladium buxicola - Planta parcialmente esfolladaCylindrocladium buxicola - Síntomas na póla Cylindrocladium buxicola - Síntomas característicosNesta época do ano son moi aparentes no buxo os síntomas causados por este fungo, que lle afecta especialmente ó Buxus sempervirens cv. suffruticosa. Trátase dun patóxeno foliar cuxos síntomas son manchas circulares de cor aceitosa nas follas, así como liñas negras lonxitudinais nos talos. Como consecuencia do ataque pode producirse unha forte defoliación, que se está a observar nestes momentos en moitas sebes da nosa área. É, polo tanto, unha enfermidade moi grave, da que, de momento, non se coñecen medidas eficaces de control, aínda que é moi importante eliminar as follas secas que se van desprendendo das plantas así como a súa aireación. Ademais, debido á súa relación positiva coa humidade elevada, de realizarse regos, estes deben ser por goteo, nunca por aspersión. En canto ás posibles funxicidas a utilizar, nestes momentos estamos a realizar un ensaio de eficacia con produtos de diferente natureza; non obstante, en referencias doutros países sobre a enfermidade recoméndase a combinación de ciprodinil +fludioxonil (en España só hai un produto comercial con esta combinación: Switch, de Syngenta).

CÍTRICOS
Phytophthora hibernalis:

Froitos de cítricos con diferente grao de ataque de Phytophthora hibernalisSíntomas de Phytophthora hibernalisEstamos a recibir na Estación numerosas mostras de froitos de diferentes cítricos afectados por este fungo, que causa unha podremia marrón e a caída da froita (tamén pode orixinar o mesmo a nivel das follas). Para o seu control é fundamental retirar e eliminar todos os froitos afectados (os que se encontran na árbore e tamén os que caeron ó chan). Os tratamentos químicos recomendados en España son fosetil, ó 80%, mancozeb ou diferentes compostos de cobre (neste caso sós ou combinados con outras funxicidas de contacto).

Mosca branca Aleurothrixus floccosus:

Gromo de laranxo afectado por Mosca branca algodonosa dos citricos (Aleurothrixus floccosus)Ninfas de Aleurothrixus floccosusNestes días estamos a recibir un elevado número de mostras de cítricos con presenza, no envés das follas, de ninfas desta especie de mosca branca. Cando as poboacións deste insecto son elevadas a árbore debilítase directamente como consecuencia da fumagina, que se instala sobre a abundante melaza que segrega. É moi importante efectuar o seu control nas primeiras fases ninfais do insecto, como a que estamos a observar agora, xa que máis adiante sería máis complicado. Débense aplicar insecticidas como aceite de parafina, clorpirifos ou piridaben, mollando moi ben o envés das follas.

FROITEIRAS (de pebida, de oso, kiwi…)
Tratamentos de inverno:

Tratamentos de invernoNeste momento da campaña, cando moitos agricultores están a realizar a poda das froiteiras, pódese aplicar un novo tratamento de cobre para reducir o inóculo de numerosas enfermidades para a vindeira temporada. Ademais, os produtos cúpricos aplicados inmediatamente despois da poda favorecerán a cicatrización das feridas que se produzan, á vez que as protexerán. Non obstante, á hora de formular esta intervención é necesario respectar as recomendacións básicas nestes tratamentos: as temperaturas non deben ser excesivamente baixas (non inferiores ós 8º C) e non debe existir previsión de xeadas para os días sucesivos.

Esta intervención é moi importante no kiwi para reducir a incidencia da bacteriose causante do chancro bacteriano orixinado por Pseudomonas syringae pv. actinidiae. Co mesmo obxectivo o kiwi debe podarse en tempo seco e sen néboas, aplicándolle o tratamento cúprico inmediatamente despois

VIÑA
Poda e enfermidades da madeira:

Desde este momento débense aproveitar os días de climatoloxía estable para podar as plantas que manifestaran síntomas de enfermidades da madeira ó longo da campaña precedente. Estas podas aínda se poden atrasar máis, pois canto máis tarde se realicen mellor será. En calquera operación de poda que se practique, pero especialmente na destas plantas, hai que desinfectar as tesoiras, realizar os cortes o máis verticais posible así como retirar e eliminar os restos.