Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

12/03/2012



MELOCOTOEIRO
Lepra:

Taphrina deformans - Lepra do melocotoeiroA seca deste inverno que, segundo as previsións meteorolóxicas, aínda seguiremos sufrindo nos próximos días, non favorece o ataque deste patóxeno. Porén, aplicar un tratamento cando se inicia o inchado das xemas é fundamental para previr as infeccións en caso de que se produza un cambio no tempo. Debido a que coas temperaturas destes días se está a adiantar a brotación, cómpre tratar estas froiteiras cun funxicida rexistrado como moi tarde cando as xemas se atopen no estado "botón rosa". As aplicacións realizadas cando xa se observan os síntomas son demasiado tardías e non efectivas.

AMEIXEIRA
Hoplocampa minuta:

Larva de Hoplocampa minuta en froito de cirolaDanos ocasionados por Hoplocampa minuta en froito de ciruelaAs condicións ambientais que se están a rexistrar (tempo cálido e seco) resultan favorables ao desenvolvemento deste insecto, que está a aparecer nos últimos anos na nosa zona e que provocan a caída dos froitos recén callados. Debido a que as femias realizan a posta no cáliz das flores, recoméndase aplicar un tratamento insecticida ao inicio da floración. Este tratamento debe realizarse mollando ben as flores e cunha a presión elevada.

KIWI

Pseudomonas syringae, síntomas nos botóns florais Esxudado no revés da folla de kiwi debido a Pseudomonas syringaeComo acontece noutras especies, é probable que tamén se adiante a brotación no kiwi. Debido á incidencia que están a ter as bacterioses nos últimos anos, é moi importante aplicar un tratamento con oxicloruro de cobre cando as plantas xermolen para reducir danos. Para máis información sobre estas enfermidades, consulte as nosas fichas técnicas Nº58: Pseudomonas syringae pv syringae y P. viridiflava en Actinidia spp. en Galicia y Nº59: Pseudomonas syringae pv actinidiae responsable do chancro bacteriano en Actinidia spp..

CAMELIA
Cochinillas:

Chloropulvinaria floccifera (Cochinilla algodonosa da camelia) - Ninfas en gromo Formas móbiles de Chloropulvinaria floccifera acabadas de emerxerEstanse a empezar a observar no revés das follas (e tamén nalgúns gromos) as primeiras ninfas de Chloropulvinaria floccifera e outras cochinillas na cara da folla (Ceroplastes sinensis). Para evitar a instalación de fumaxina sobre a melaza que segregan, cómpre aplicar un tratamento, por exemplo con aceite de parafina.

EUCALIPTO
Gonipterus:

Vista ampliada de las larvas L2 de GonipterusOotecas de Gonipterus nun gromo de eucaliptoContinúa a posta de Gonipterus nos eucaliptais de toda a comunidade, e nalgúns casos xa se observan as primeiras larvas (en condicións moi favorables á praga atópanse xa no estado L2).

Ctenarytaina spatulata:

As poboacións deste chupador están a ser especialmente importantes nalgunhas zonas como consecuencia do bo tempo. Polo tanto é probable que se observen máis danos (secado de gromos terminais, deformación, fumaxina, etc.), polo menos nalgunhas zonas. Para máis información sobre este insecto, consultar a ficha técnica ficha técnica Nº 41: Ctenarytaina spatulata. Taylor.

Vista dorsal del adultoNinfas de último estado de Ctenarytaina spatulataDiversos estados de desarrollo de la plaga en broteBrote con fumagina como consecuencia del ataqueColonia en brote


MANTEMENTO DA MAQUINARIA DE APLICACIÓN DE TRATAMENTOS FITOSANITARIOS

Antes de que se inicie a tempada de aplicación de tratamentos, cómpre proceder á súa revisión e mantemento segundo as recomendacións que se poden ver no seguinte enlace

Mantemento da maquinaria de tratamentos fitosanitarios