Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

13/04/2012



VIÑA Estado fenolóxico: F
Mildeu:

O pasado día 10 cumpríronse as condicións para que se produza a contaminación primaria segundo as estacións meteorolóxicas dalgunhas zonas (non aínda de todas) e o desenvolvemento da viña (que aínda así está a ser moi irregular este ano). O feito de que se rexistrasen estas condicións non significa nin moito menos que vaia aparecer xa a primeira mancha, senón que se inicia o período de incubación. A partir deste momento, a evolución do clima condicionará a duración deste período e polo tanto o tempo que tarde en manifestarse a enfermidade. Polo tanto, ata o de agora non é necesario tratar pero si INCREMENTAR A VIXILANCIA.
A previsión meteorolóxica anuncia aínda inestabilidade para os próximos días, e temperaturas baixas para esta época do ano. Isto último atrasará sen dúbida o crecemento do fungo e polo tanto a aparición das manchas.
MACEIRA (E MARMELEIRO)
Oidio:

Podosphaera leucotricha - Gromo de maceira con oidioOidio - Detalle de micelioDetectamos os primeiros gromos de maceira (variedade Golden) e as primeiras follas de marmeleiro con síntomas desta enfermidade. Unicamente se trata de situacións esporádicas, e ademais as chuvias puntualmente fortes non favorecen ao patóxeno, polo que non é necesario tratar.

KIWI
Bacteriose:

Ataque de Pseudomonas syringae en kiwiDébese poñer atención á aparición dos primeiros botóns florais para aplicar nese momento un tratamento para protexer a floración das plantas fronte a estas enfermidades.

MELOCOTOEIROS, PEXEGUEIROS
Lepra:

Taphrina deformans - Síntoma de lepra en folla de pexegueiroRecibimos as primeiras mostras con síntomas desta enfermidade, situación favorecida sen dúbida polas precipitacións que se están a rexistrar. Para o seu tratamento, no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio unicamente se recomenda Ziram 76%, polo que os tratamentos que se aplican deben ser utilizando esta materia activa.

Debido a que a previsión meteorolóxica anuncia chuvias para os próximos días, os tratamentos deben ser renovados logo das precipitacións de 10 mm, debido a que se trata dun funxicida de contacto.
PIÑEIRO
Monochamus galloprovincialis, vector do nematodo da madeira do piñeiro:

Adulto de Monochamus galloprovincialis sobre ramaAínda non se acadou o limiar de temperaturas para que se produzan as primeiras emerxencias destes insectos, e as temperaturas baixas que anuncian as previsións aínda atrasarán máis o cumprimento deste limiar.