Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

27/04/2012



Nesta semana realizamos a nosa primeira visita semanal a algunhas das parcelas da nosa rede de seguimento (concretamente ás da bisbarra do Salnés). Elaboramos este aviso a partir das observacións desta revisión, dos datos achegados por algúns técnicos e das condicións climáticas pasadas e previstas.


VIÑA Estado fenolóxico: F (acios visibles) - G (acios separados)
Coas precipitacións que se rexistraron neste mes (preto de 200 mm en varias estacións meteorolóxicas) e o descenso de temperaturas acontecido logo dun inverno e dun inicio da primavera suaves-cálidos, a vexetación presenta unha tonalidade máis clara do habitual na práctica totalidade das parcelas. É normal tendo en conta estes eventos climáticos.
Mildeu:

Non vimos síntomas en ningunha das parcelas de seguimento que visitamos, e tampouco nos informaron de que aparecese a primeira mancha en ningunha outra zona. As baixas temperaturas que se están a rexistrar son as causantes do atraso no ciclo do mildeu (ver táboa de desenvolvemento da enfermidade), aínda que as outras condicións necesarias cúmprense. A previsión meteorolóxica anuncia unha melloría do tempo (e suba de temperaturas) dende o fin de semana, polo que nos próximos días se espera a aparición das primeiras manchas en varias zonas. Polo tanto, naqueles terreos nos que non se faga un seguimento específico da enfermidade, é recomendable iniciar os tratamentos cando o tempo o permita; naquelas outras zonas en que si se efectúen revisións periódicas, é máis que suficiente agardar á detección da primeira mancha (o desenvolvemento do mildeu está a ser moi lento nalgunhas áreas).

Desenvolvemento teórico do mildeu (segundo Goidanich)
Comarca Lugar Concello % desenvolvemento
Pontevedra Areeiro Pontevedra 19,5
Barrantes Ribadumia 24
Castrelo Cambados 36,6
Salnés Corón Vilanova de A. 65,8
Pe Redondo Meis 13,5
Tremoedo Vilanova de A. 19,69
Rosal As Eiras O Rosal 43,05
Condado Meder Salvaterra 18,85
Cequeliños Arbo 12,85
Soutomaior Soutomaior Soutomaior 12,85

Segundo o método de Goidanich, amplamente utilizado polas Estacións de Avisos do mundo, cando se acade o 100% de desenvolvemento acumulado do mildeu terá concluído o período de incubación teórico e aparecerá a primeira mancha (atención: pode non cumprirse). Pódese tratar preventivamente a partir do 70-80%-80 de desenvolvemento. Os cálculos que dan lugar ao resultado que se reflicte realizáronse a partir dos rexistros das estacións meteorolóxicas de Meteogalicia.

Oidio:

Aínda é pronto para iniciar os tratamentos fronte a esta enfermidade na nosa zona.

Polillas del racimo:

Trampa delta para o seguimento do voo de Lobesia botrana instalada a principios da campañaXa se cumpriron os graos-día necesarios para que se inicie o voo de trazas. Aínda que non é necesario tratar a primeira xeración debido aos escasos danos que produce, xa se pode iniciar a colocación das trampas de feromona para o seguimento. Con estas trampas coñeceremos no seu momento cando aplicar os tratamentos necesarios.

MACEIRA
Moteado:

Aínda non vimos os primeiros síntomas. Esta enfermidade vese favorecida por condicións húmidas e temperaturas suaves-altas, co que de rexistraren o anunciado ascenso de temperaturas, aparecerán os primeiros síntomas.

Cydia pomonella:

Instalación da trampa delta na maceira ao inicio da campañaXa é un bo momento para instalar as trampas de feromona e para o seguimento do voo.

Pulgón cincento:

Pulgón cincento - Colonia no envés da folla Vimos a primeira colonia nunha maceira da variedade 'Golden'. Polo momento non é necesario tratar, pero cómpre iniciar a vixilancia, pois os ataques deste áfido poden deformar os froitos.

Pulgón laníxero:

Ataque de pulgón laníxero ao inicio da agromaciónInformáronnos da aparición das primeiras colonias deste pulgón nunha plantación de maceiras. Iniciar a vixilancia.

PEREIRA
Hoplocampa da pereira (Hoplocampa brevis):

Estamos a detectar ataques bastante importantes desta praga, que provoca unha caída prematura dos froitos. Para o seu control, hai que aplicar os tratamentos recomendados á caída de pétalos cos insecticidas recomendados (deltametrin ou triclorfon), pois despois xa non son eficaces.

Dexeccións de larva de Hoplocampa en froitoOrificio de saída da larva de HoplocampaDano e larva de HoplocampaDetalle da larva de Hoplocampa da pereiraLarva de Hoplocampa


Torcegromos (Janus compressus):

Síntomas de Janus compressus en gromos de pereiraTamén se están a observar, de forma bastante frecuente, gromos secos debidos ao ataque desta praga. Normalmente non é necesario realizar ningún tratamento mais que en planta nova no viveiro.

Dasineura pyri:

Síntomas de Dasyneura pyri en follaNalgunhas zonas, as follas da pereira aparecen enroladas lonxitudinalmente debido ao ataque destes dípteros, que tampouco causan danos máis que en viveiros. Non é necesario tratar.

AMEIXEIRA
Hoplocampa:

Larva de Hoplocampa minuta en froito de cirolaNalgunhas zonas están a aparecer os primeiros froitos danados debidos ao ataque deste insecto, que debe ser tratado en floración (ver aviso fitosanitario do día 12 de marzo).

PATACA
Epitrix similaris:

Adultos de Epitrix similaris en folla de patacaVimos os primeiros adultos nunha plantación. Esta praga é relativamente recente na nosa zona, pero aínda así é importante coñecela polos danos que pode ocasionar (para máis información, ver ficha técnica nº 54: Epitrix similaris. Pulguiña da pataca). Para o seu control, en España non hai tratamentos especificamente rexistrados, pero adoita ser suficiente a aplicación dos insecticidas habituais que se empregan fronte ao escaravello que, segundo nos informaron, está a aparecer tamén nalgunhas zonas.

CULTIVOS HORTÍCOLAS EN XERAL
Varios fungos patóxenos:

Síntomas do mildeu da cebolaDetalle do síntoma do mildeu da cebolaPhytophthora infestans - Síntomas en planta de Mildeu da patacaUnha vez que cesen as precipitacións cómpre realizar tratamentos fronte aos fungos patóxenos habituais, pois as condicións de humidade que se rexistraron neste mes favorecen o seu desenvolvemento.