Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

03/05/2012

VIÑA Estado fenolóxico: G (acios separados)
Mildeu:

A día de hoxe aínda non localizamos a primeira mancha de aceite nas nosas parcelas de seguimento. En realidade as temperaturas que se están a rexistrar continúan a ser moi baixas, o que non favorece a súa aparición, malia a humidade reinante. De feito, a porcentaxe de desenvolvemento acumulado do mildeu case non variou dende o anterior aviso (ver aviso). En principio, as previsións meteorolóxicas volven anunciar a posibilidade de que as condicións meteorolóxicas melloren de cara á vindeira semana; neste caso será necesario aplicar un tratamento, sobre todo se non se efectúan seguimentos para detectar a primeira mancha.
Lembren que aínda que apliquen ou teñan aplicado un funxicida sistémico ou penetrante, o seu período de protección redúcese fronte ao óptimo en presenza de chuvias continuas.
Botrite:

Nestes días, nalgunhas comarcas rexistráronse varios momentos con sarabia (e tamén con ventos fortes). Este fenómeno meteorolóxico provoca feridas e favorece a instalación de fungos como a botrite. Deste xeito, nalgunhas parcelas da nosa rede e noutras de diferentes zonas observamos síntomas en folla, que en laboratorio desenvolveron a frutificación do fungo en apenas unhas horas. Debido á sensibilidade dos acios aos ataques desta enfermidade, cómpre aplicar un funxicida antibotrítico cando mellore o tempo, para protexer a futura floración.

Síntoma de botrite na folla próxima a acioRotura de folla e síntoma de botritePlanta con síntomas de botrite nalgunhas follas
Excoriose:

Estamos a recibir nestes días numerosas consultas sobre a excoriose, enfermidade á que ás veces se atribúen síntomas e danos que non sempre se deben a esta patoloxía. É unha enfermidade que pode ocasionar danos en primaveras chuviosas, cando a humidade relativa supera o 85%, momento no que os picnidios do fungo emiten os cirros que serán diseminados a curtas distancias. Para o control da excoriose, ademais das medidas preventivas aplicables a todas as enfermidades da madeira da vide (desinfección de ferramentas de poda, eliminación de restos...) son moi importantes os tratamentos no agromado, estados fenolóxicos D e E, segundo indicamos no aviso fitosantario do día 20 de marzo. Durante a campaña, os tratamentos antimildeu tamén teñen algún efecto fronte a esta patoloxía.


Algúns viticultores confunden os seus síntomas cos doutras anomalías como ácaros ou problemas no crecemento causados por cambios nas condicións climáticas (cambio de calor a frío, por exemplo). Por iso é moi importante saber recoñecelos:
  • na base dos pampos (a nivel dos tres primeiros entrenós) obsérvanse manchas escuras e deprimidas. Ao principio aparecen como puntos negros, pero despois vanse estendendo, conflúen, e adquiren o aspecto de "mazaduras". Cando a severidade da enfermidade é alta, a base do pampo chega a estrangularse e, ante condicións de vento, rompe.

  • nas follas, sobre todo no ámbito dos nervios, e nos pecíolos, aparecen pequenos puntiños de cor marrón escura ou negra coa marxe amarela. Este é o síntoma que máis frecuentemente se confunde co debido a ácaros, aínda que son diferentes. Se a intensidade da enfermidade é elevada, a folla pode deformarse e amarelar na súa totalidade, e mesmo chega a caer.

  • nos acios é difícil ver síntomas da enfermidade; de aparecer, serán manchas de cor castaña que se tornan escuras e que presentarán puntos negros (picnidios) dispostos en círculos concéntricos.

  • no inverno prodúcese a manifestación máis clara da enfermidade: embranquecido da madeira agostada salpicada de numerosos puntos negros (picnidios). Tamén poden observarse os síntomas descritos para os pampos en primavera, pero neste caso en madeira agostada.
Síntoma na folla e na base do pampoDiferentes síntomas de excorioseSintomas en pampo, folla e pecíoloCirro


Couzas:

Adultos de Lobesia botranaIniciouse o voo de Lobesia botrana, segundo vimos nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento.

MACEIRA
Moteado:

Cómpre recordar que esta enfermidade vese favorecida por condicións húmidas e temperaturas elevadas, polo que se soben as temperaturas será necesario tratar.

Pulgóns:

Non observamos incremento algún no número de colonias do pulgón cincento, pero si un lixeiro incremento na presenza do pulgón laníxero.

Cydia pomonella:

Primeira captura de Cydia pommonella en trampa de feromonaCapturamos o primeiro macho nas trampas de feromona. Polo momento non é necesario tratar, pero si incrementar a vixilancia.

CULTIVOS HORTÍCOLAS EN XERAL
Varios fungos patóxenos:

Como acontece noutros cultivos, tan pronto como cesen as precipitacións e ascendan as temperaturas haberá que protexer as plantas fronte aos patóxenos que adoitan afectarlles, debido ás condicións húmidas que se rexistran en xeral e máis a nivel do chan.