Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

18/05/2012

VIÑA Estado fenolóxico: (G (acios separados)) - H (botóns florais separados)
Mildiu:

Esporulación inviable en mancha de aceiteNa revisión desta semana realizada ás nosas parcelas de seguimento vimos a primeira mancha de aceite naquelas onde non se detectara ata o momento: na nosa finca de Areeiro, unha do Rosal e nas demais do Salnés (e só en Areeiro a mancha presentaba certa esporulación). Nas fincas onde xa se aplicara un tratamento por atoparse a mancha, non se viron máis síntomas e as manchas existentes presentaban unha esporulación inviable. Pola súa banda, nas plantas que se manteñen sen aplicacións a xeito de control case non se viron manchas incipientes.

Para os próximos días as diferentes previsións meteorolóxicas anuncian unha elevada probabilidade de chuvias, aínda que con distinta intensidade e frecuencia segundo a fonte. Polo tanto, salvo que as plantas se encontren protexidas por un tratamento anterior, haberá que renovar as aplicacións.

A viña estará ben protexida se non transcorreron 10-12 días dende a intervención anterior (segundo sexa un produto penetrante ou sistémico), se non se viron novas manchas e se nas manchas previamente detectadas se observa a esporulación inviable.

En calquera caso, a proximidade da floración obriga a incrementar ao máximo a vixilancia, tendo en conta que unha protección deficiente neste período pode supoñer unha importante redución da colleita.


Oidio:

Uncinula necator - Comezo dos síntomasAínda non observamos os primeiros síntomas da enfermidade, nin sequera nas plantas que polo momento non recibiron tratamento ningún. Porén, as condicións de nebulosidade e a escasa iluminación destes días poden favorecer a súa aparición polo que se recomenda incrementar a vixilancia.

Botrite:

En ningunha das parcelas onde xa observaramos síntomas da enfermidade na folla vimos danos nos acios logo do tratamento efectuado.

Black rot:

Black rot - Detalle da mancha mostrando picnidiosVimos o primeiro síntoma nunha folla da nosa parcela de seguimento do Condado. Unicamente se trataba dunha área circular necrótica delimitada por unha marxe máis escura nunha folla e con poucos picnidios. Por isto, e por non estar a viña no momento de máxima sensibilidade a esta patoloxía, polo momento só se vai iniciar a vixilancia. Para máis información sobre esta enfermidade, consulte a nosa Nº52: Guignardia_bidwelii (Ellis) Viala & Ravaz. Black Rot (podremia da vide)



Os tecidos verdes da vide son sensibles a esta enfermidade dende o agromado, aínda que a máxima sensibilidade do acio ten lugar entre a plena floración e de 6 a 7 semanas despois (ao longo do callado e primeiros momentos de desenvolvemento do gran)


Couzas:

As capturas de Lobesia botrana nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento son diferentes segundo as parcelas, pero en ningún caso vimos os síntomas da primeira xeración.

Trips (Drepanothrips reuteri):

Punteaduras necróticas e entrenós curtos por tripsNas mostras recollidas esta semana na parcela onde se encontraran as primeiras ninfas non se viron máis individuos, nin tampouco se observan síntomas do ataque na vexetación.

Altica quercetorum:

Non vimos máis adultos, nin tampouco postas ou larvas, na nosa parcela de seguimento do Condado, onde a semana anterior viramos o primeiro exemplar.

Ácaros:

Síntomas de erinose na vexetaciónCalepitrimerus vitis - Síntoma inicial de acarioseNunhas plantas dun terreo abandonado da comarca do Salnés vimos os primeiros síntomas de acariose (Calepitrimerus vitis) de forma puntual, pero non noutras parcelas, polo que polo momento só se recomenda iniciar a vixilancia. O que se observa en varias zonas son plantas con síntomas de erinose (Colomerus vitis), que non é necesario tratar.

MACEIRA
Moteado:

Froito con síntomas de moteadoObservamos novos síntomas da enfermidade na plantación onde xa a detectaramos a semana anterior. Polo tanto, e debido ás condicións climáticas actuais (temperatura e humidade relativa elevadas) e previstas (probabilidade de precipitacións), é necesario tratar.



Débese recordar que sobre todo as plantas das variedades máis sensibles deben manterse protexidas, sobre todo en condicións de tempo húmido, para limitar danos ao froito.


Oidio:

Gromo de maceira completamente invadido polo oídio As condicións climáticas destes días favoreceron a aparición de numerosos gromos afectados. Cómpre tratar.

Cydia pomonella:

Capturas de machos de Cydia pomonella nunha semanaEn varias finca superouse novamente o limiar de tolerancia por número de machos recollidos nas trampas. Aínda que as poboacións deste lepidóptero poden ser moi diferentes segundo as parcelas, ao superarse o limiar en varias zonas débese aplicar un tratamento xeneralizado.



Débese recordar que se non se realiza un seguimento específico, a única forma de evitar danos ao froito é mantendo as plantas permanentemente protexidas.


Marmeleiro
Oidio:
Fuerte presencia de oidio en hoja de membrilleroComo na maceira, xa vimos síntomas desta enfermidade de forma xeneralizada, polo que cómpre tratar.


KIWI
Bacterioses:

Ataque de Pseudomonas syringae en kiwiRecórdase a importancia que ten aplicar un tratamento fronte a estas enfermidades antes da apertura da flor, segundo se indicou no aviso do día 10 de maio.