Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

21/06/2012

VIÑA Estado fenolóxico: J (callado) [Nas zonas máis avanzadas chegando a chícharo]
Mildeu:

Plasmopara viticola - Fructificación en acioUnha semana máis temos que falar de condicións favorables ás infeccións ao longo desta semana: aínda que as temperaturas non son excesivamente elevadas nas horas nocturnas, son suficientes para que se produza a esporulación (e unidas á humidade, tamén novas contaminacións). De feito, en todas as zonas, os gromos tenros das plantas control sen tratamentos presentan abundantes manchas incipientes e esporuladas, que nalgúns casos acadan máis do 50% da superficie foliar. Tamén nestas plantas comezamos a observar síntomas no acio. En xeral, as fincas sometidos a tratamentos están libres de manchas, aínda que visitamos unha parcela onde o último tratamento (efectuado a semana anterior) non resultou eficaz e tamén presenta gromos con manchas recentes. Por iso, unha vez máis insistimos na conveniencia de revisar o viñedo uns días despois das aplicacións para confirmar que foron eficaces, aínda que os tratamentos se realicen sistematicamente (por calendario).

As previsións meteorolóxicas anuncian tempo estable para os próximos días, con moi baixa probabilidade de chuvia. De cumprirse, reducirase o risco de novas infeccións.


Oídio:

Sintomas de oidio en acio de albariñoSó vimos novos síntomas nas plantas control que se manteñen sen tratamentos. Cómpre manter a vixilancia, considerando ademais que unha mala protección antioídio pode favorecer a instalación do fungo sobre os acios.

Botrite:

Non observamos novos síntomas, nin sequera sobre as zonas dos acios onde os capuchóns florais aínda non se desprenderon. En principio, para a semana próxima as previsións anuncian clima estable, co que a probabilidade de que xurdan novos síntomas será aínda menor, ao depender este patóxeno moi directamente da humidade.

Black rot:

Tampouco nesta semana vimos novos síntomas na folla. Manter a vixilancia, aínda que se a climatoloxía mellora realmente, o nivel de risco reducirase.

Couzas:

Polo menos nas nosas parcelas de seguimento as poboacións de Lobesia botrana reducíronse sensiblemente nas últimas semanas e de feito nesta só recollemos 2 machos na trampa de Castrelo e un na de Vide (O Condado). Ademais, non se viron novos glomérulos.

Altica quercetorum:

Folla de albariño con larvas de último estadio e danos de AlticaA diferenza da semana anterior, nesta revisión apenas observamos novos síntomas na nosa parcela de seguimento do Condado.

Cicadélidos:

Ninfa do último estadio de Scaphoideus titanusCicadélidos recollidos en trampa cromáticaObservamos un lixeiro incremento nas capturas de Empoasca vitis nas trampas, e tamén nunha finca do Rosal vimos algunhas ninfas no revés das follas. En calquera caso, os valores son aínda baixos para xustificar un tratamento.



Nesta época tamén hai que iniciar os controis ás follas para a detección de ninfas de Scaphoideus titanus, o cicadélido vector da flavescencia dourada, en especial nas comarcas do Condado e O Rosal onde xa se detectara (o insecto, non a enfermidade)


Ácaros:

Continúan sen aparecer poboacións de ácaros, aínda que o cambio previsto nas condicións ambientais leva asociado un incremento de temperaturas que pode favorecer a súa proliferación.

MACEIRA
Moteado:

Froito con síntomas de moteadoMancha incipiente de moteado da maceiraNas plantas sen tratar obsérvanse novos síntomas da enfermidade nas follas. Tamén os vimos nos froitos dunha variedade especialmente sensible. Lembren que este fungo pode afectar ás plantas ao longo de toda a campaña, polo que é aconsellable non descoidar a protección para evitar precisamente danos no froito.

Oídio:

Podosphaera leucotricha - Gromo de maceira con oidioTamén nas plantas sen tratar observamos novos síntomas nos gromos terminais, aínda que insuficientes para aplicar un tratamento. Incrementar a vixilancia.

Cydia pomonella:

Carpocapsa pomonella - Penetración larvaria en froito da variedade goldenNunha das nosas parcelas superouse o limiar de tolerancia por capturas de machos nas trampas. Tamén no caso desta praga é conveniente asegurar a protección permanente das plantas durante a campaña se non se fan seguimentos específicos, porque as eirugas poden danar ao froito ata o momento mesmo da súa recolección.

Pulgón laníxero:

Colonia de pulgón laníxero fortemente parasitadaGromo de maceira con colonia de pulgón laníxeroObservamos novas colonias nos gromos e nas antigas feridas de poda nas árbores dalgunhas zonas. Nestes momentos, no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio non se recolle ningún insecticida especificamente autorizado para este fin, pero si hai unha diversidade importante deles destinados ao control de pulgóns (consulte aos técnicos). En calquera caso, nalgunhas plantacións existen poboacións do inimigo natural deste áfido, Aphelinus mali, polo que se a presenza do laníxero é limitada, é preferible permitir a regulación natural por parte do beneficioso.

Pulgón verde:

Tamén deste pulgón vimos novas colonias, neste caso nas follas dos gromos terminais. Este áfido normalmente non causa graves danos (só enrola as follas) polo que, agás que afecten a un número elevado de gromos, en xeral non será necesario tratalo.

CERDEIRA
Cylindrosporium padi:

Cylindrosporium padi - Detalle de manchas na follaAs condicións de elevada humidade que sufrimos esta primavera favoreceron a aparición dos primeiros síntomas desta enfermidade, que pode provocar unha defoliación prematura das árbores. Recoméndase aplicar un funxicida autorizado.

Mosca da cereixa (Rhagoletis cerasi):

Adulto da mosca da cerdeira en trampa amarelaNas trampas que temos instaladas nas cerdeiras de varias zonas capturamos exemplares deste insecto, cuxas larvas poden causar importantes danos ao desenvolverse no interior dos froitos. Na actualidade a maioría da froita xa estará recollida, pero é importante poñer moita atención para o próximo ano naquelas áreas nas que se atopen cereixas con larvas.



Neste momento da campaña xa non hai medidas de control eficaces para protexer aquelas cereixas que aínda non se recolleron, posto que o insecto presenta unha única xeración ao ano e os tratamentos teñen que realizarse no momento do cambio de cor da froita. En calquera caso, a instalación de trampas engomadas amarelas reduce as poboacións.


TOMATEIRA, PATACA:
Mildeu:

Nesta semana recibimos na Estación varias mostras destas plantas con importantes síntomas de mildeu, situación favorecida sen dúbida pola climatoloxía húmida desta primavera. Naqueles casos nos que aínda non estea próxima a colleita, aconséllase a aplicación dun funxicida con acción curativa, non só preventiva.

EVÓNIMO:
Oídio:

Evonimus (Oidio) - Manchas incipientes de OidioObservamos nos parques e sebes de moitas zonas da provincia novos síntomas de oídio nas follas máis tenras. Aconséllase aplicar un tratamento cun funxicida autorizado para evitar o dano estético que causaría a súa dispersión ao resto da masa foliar.