Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

28/06/2012

VIÑA Estado fenolóxico: J (callado) - K (chícharo)
Mildeu:

Plasmopara vitícola - Síntomas de Mildiu larvado en aciosMalia a estabilidade climática que se está a rexistrar dende finais da semana anterior, apareceron novas manchas de aceite nas plantas que se manteñen sen tratar (controis) ao longo da campaña. Nas demais, a situación é diferente entre elas, pois nalgunhas si se observaron novos síntomas e noutras non se aprecia nova actividade do patóxeno.

A previsión meteorolóxica anuncia un cambio nas condicións climáticas podendo producirse precipitacións dende o día de hoxe, co que haberá que incrementar a vixilancia e aplicar un tratamento se se observan novas manchas.

É moi importante non descoidar a vixilancia neste período para evitar que apareza o mildeu larval como consecuencia dunha actuación deficiente.


Oídio:

Folla nova de alabriño con forte presenza do fungoAo igual que a semana anterior, nesta revisión só vimos síntomas nas plantas control. Non obstante, recoméndase manter a vixilancia, xa que o estado fenolóxico "grans tamaño chícharo" é un momento moi sensible ao patóxeno, e de feito é conveniente tratar unha vez xeneralizado este estado se o viñedo está composto por variedades sensibles e/ou aparecen síntomas.



Se se aplica este tratamento e está próximo a concluír o período de protección da intervención antimildeu anterior, pódese aproveitar para renovalo e así xuntar os momentos de aplicación.


Botrite:

Non se atoparon novos síntomas do fungo ao ter permanecido o tempo seco e estable nestes días.

A previsión meteorolóxica anuncia un cambio nas condicións climáticas dende hoxe, co que haberá que incrementar a vixilancia e tratar no caso de que se produzan chuvias que manteñan a vexetación húmida durante horas, especialmente nas variedades sensibles.

Black rot:

Danos de black rot en acioPolo menos nas nosas parcelas de seguimento a situación en relación a esta enfermidade mantívose estable nas últimas semanas. En calquera caso, aínda estamos nun momento de elevada sensibilidade da uva ao fungo, co que se recomenda non descoidar a vixilancia.

A previsión meteorolóxica anuncia que durante o fin de semana empeorarán as condicións climáticas, con maior posibilidade de precipitacións, co que haberá que incrementar a vixilancia.

Couzas:

Nas nosas parcelas de seguimento continúan a ser moi baixas as capturas nas trampas de feromona e tamén a presenza de síntomas da actividade das eirugas nos acios.

Altica quercetorum:

Mantívose a presenza de síntomas en niveis similares aos da semana anterior.

Cicadélidos:

Fronte á revisión anterior (nas que se notara un lixeiro incremento nas capturas de Empoasca vitis nas trampas), nesta semana mantivéronse estables. Por outra banda, atopamos novamente algunha ninfa deste insecto, pero non de Scaphoideus titanus.

Lembren que Scaphoideus titanus, o cicadélido vector da flavescencia dourada, foi detectado en Galicia nas comarcas do Condado e O Rosal. As súas poboacións ata agora foron moi reducidas e nunca portaron o fitoplasma da flavescencia, pero cómpre continuar cos seguimentos. Para máis información sobre o insecto, consulte a nosa ficha técnica Nº61: Scaphoideus titanus Ball. Cicadela branca da vide.


Ácaros:

Unha semana máis temos que referir a ausencia de ácaros nas nosas parcelas de seguimento e nas mostras recibidas na Estación.

MACEIRA
Moteado:

Danos no froito do Moteado da maceiraNesta semana non vimos novos síntomas da enfermidade. En calquera caso, lembren que, polo menos nas variedades sensibles, é moi importante non descoidar a vixilancia para evitar danos ao froito.





As condicións máis favorables ao fungo son humidade elevada (chuvias, orballo, néboas, etc.) e temperaturas suaves-altas, polo que é nestas condicións cando a vixilancia debe ser extrema e os tratamentos máis precisos.


Oídio:

Nas nosas parcelas de seguimento mantívose en niveis estables a presenza de oídio nos gromos terminais. Se a presenza de gromos co fungo é baixa (situación máis habitual na actualidade), a súa simple eliminación é suficiente para limitar a súa propagación.

Cydia pomonella:

Carpocapsa pomonella - Penetración larvaria en froito da variedade goldenInsistimos unha vez máis en que se debe asegurar a protección dos froitos se non se realizan seguimentos con trampas de feromona para evitar os froitos abichados, que non só poden caer prematuramente senón tamén ser, a nivel das penetracións larvarias, vías de entrada para algúns fungos.

Pulgón lanígero:

Colonia de pulgón laníxero fortemente parasitadaComo referimos no aviso anterior, antes de aplicar un tratamento fronte a este áfido (ou a calquera outra praga) débese comprobar a posible existencia do seu parasitoide Aphelinus mali que, baixo condicións de temperaturas suaves-altas pode regular axeitadamente as súas poboacións. No caso de non detectar o parasitoide e de realizar un tratamento, debe darse preferencia a insecticidas o máis inocuos posibles para a fauna útil, co fin de respectalo no caso da súa chegada máis tardía.