Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

26/07/2012

VIÑA Estado fenolóxico: L (peche do acio)
Mildeu:

A situación observada nas nosas parcelas de seguimento foi diferente segundo se tratara de folla ou de acios: nestes últimos a enfermidade continuou o seu avance só nas plantas control, mentres que nas follas algunhas parcelas presentaban manchas incipientes sobre as máis tenras. Boa parte destas manchas incipientes non presentaban esporulado, pero algunhas xa mostraban a frutificación do fungo. Finalmente, ao longo da semana transcorrida dende o aviso anterior, houbo humidade foliar nalgunhas localidades (por exemplo cifras de 3,7 a 9,9 horas por día entre o 19 e o 22 na estación de Meder, segundo datos de Meteogalicia) ou unha humidade relativa máxima moi elevada (con valores sobre o 90% en moitas estacións e ata 100 por exemplo en Cequeliños nos mesmos días segundo a mesma fonte).Por outra banda, dende o día 23 rexístranse néboas densas, ás veces persistentes, e nebulosidade, e as previsións meteorolóxicas anuncian tormentas locais, que son condicións moi favorables ás infeccións. Polo tanto, e debido a que o acio aínda pode sufrir danos polo patóxeno, recoméndase aplicar un tratamento naquelas fincas nas que non se teña efectuado recentemente.

Nas parcelas protexidas por unha intervención anterior débese revisar, malia o dito anteriormente, o estado das plantas, especialmente se está próximo a concluír o período de protección


Vista parcial de planta control 24 xullo 2012Plasmopara vitícola - Gromo con manchas en follas tenrasEsporulación iniciándose en manchas incipientes
Oídio:

Grans de albariño con micelio incipiente de oidioComezan a observarse novos síntomas nas plantas control, sen dúbida a consecuencia da humidade elevada que se está a rexistrar e das néboas persistentes dos últimos días. Nas plantas tratadas non vimos máis, pero as actuais condicións ambientais son favorables ás infeccións, polo que se aconsella extremar a vixilancia.





Como sempre dicimos, as parcelas recén tratadas tamén deben ser revisadas, sobre todo se existen condicións favorables ao patóxeno


Botrite:

Non observamos síntomas. Manter a vixilancia, especialmente nestes dous días de maior inestabilidade climática.

Black rot:

Os síntomas na nosa parcela de seguimento do Condado continúan a ser estables, e tampouco recibimos novas consultas sobre a presenza da enfermidade noutras zonas.

Couzas:

Gran atacado por larva de Lobesia botranaPosta de Lobesia botrana en acio de AlbariñoNesta semana, só nas trampas de dúas das parcelas da nosa rede houbo capturas de Lobesia botrana (5 machos nun das fincas do Rosal e 1 na de Castrelo). Tampouco observamos postas nin máis penetracións.





Lembren que non é conveniente aplicar insecticidas no viñedo (fronte a esta ou outras pragas) a menos que sexa realmente necesario, para o cal se deben instalar trampas (que indicarán o momento idóneo de tratamento) e realizar o seguimento das postas e penetracións larvais.


Cicadélidos:

Capturas de cicadélidos con Zygina rhamni como especie dominanteTamén nesta semana case non tivemos novas capturas nas trampas instaladas nas nosas parcelas, e as que houbo foron maioritariamente de Zygina rhamni. Igualmente, non observamos ninfas nos controis que efectuamos ás follas. Tampouco vimos estados inmaturos de Scaphoideus titanus nin capturamos aínda ningún adulto nas trampas.


Ácaros:

Unha semana máis temos que referir a ausencia de ataques de ácaros, tanto nas nosas parcelas de seguimento coma nas mostras recibidas na Estación.

Outros (golpe de sol):

Golpe de sol en acio de AlbariñoEmpézanse a observar danos por golpe de sol nalgúns acios máis expostos, especialmente nas comarcas do Condado e do Rosal. Por iso, aínda que o esfollado é unha práctica moi recomendable, non debe ser moi intenso (como se observou nalgunhas fincas) para non expoñer repentinamente os acios á radiación solar.

MACEIRA
Moteado:

Froito con síntomas de moteadoMoteado na folla de variedade GoldenO incremento da humidade, unido ao mantemento de condicións de temperatura elevada, incrementan o risco de infección. Cómpre aplicar un novo tratamento, sobre todo naquelas plantacións onde anteriormente se detectara a presenza do fungo.

Cydia pomonella:

Nesta semana as capturas de machos nas trampas das nosas parcelas de seguimento mantivéronse por debaixo do limiar de tolerancia. Lembren que o nivel a partir do que se debe tratar é de 3 adultos por trampa e semana e que o voo desta especie é continuo ao longo de todo o ciclo da planta.

Pulgóns:

Ninfas e formas ápteras de pulgón cinsentoColonia de pulgón verde con formigas acudindo á melaza que segreganEmpezamos a observar novas colonias de pulgón verde e as primeiras de pulgón cincento nalgunhas árbores.

Araña vermella (Panonychus ulmi):

Preparación microscópica do fitoseido Typhlodromus pyriDetalle da coloración típica do ataque de araña vermellaNesta semana recibimos unha nova mostra con ataque deste ácaro. A semana pasada recibiramos a primeira, e nas nosas parcelas de seguimento non hai signos da súa presenza, polo que en principio se trata de situacións puntuais. Non é necesario tratar pero si manter a vixilancia.




Lembren que os ácaros útiles fitoseidos, cando están presentes nunha parcela e non se efectúan tratamentos indiscriminados que os prexudiquen, poden regular naturalmente as poboacións dos ácaros praga, polo que non se debe tratar a menos que sexa realmente necesario. Estes ácaros beneficiosos son frecuentes en moitas fincas da nosa área


Outros:

Mazás arredor dunha maceira en fase de podremiaContinúan a observarse en moitas zonas mazás caídas ao chan en fase de podremia que, como sempre indicamos, deben ser retiradas para reducir o nivel de inóculo de certos patóxenos como Monilia sp. ou botrite.

MARMELEIRO
Oidio:

Oidio - Síntomas en follaNalgunhas plantas comezan a observarse novos síntomas da presenza do fungo. É necesario tratar.

Entomosporium maculatum:

Síntomas de Entomosporium maculatum sobre folla de marmeleiro Volven observarse novas manchas debidas a este fungo, que debe ser controlado para evitar a perda prematura das follas que comprometería a maduración da froita. Recoméndase aplicar un tratamento (consulten aos técnicos sobre o funxicida a utilizar).

PLANTAS ORNAMENTAIS

Empezan a observarse colonias de pulgón e ataques de cochinillas en diferentes plantas, tanto herbáceas coma leñosas. Nalgúns casos, a presenza de colonias é xa importante, como nalgunhas árbores das nosas cidades, onde os áfidos están a xerar cantidades importantes de melaza.

Pulgóns no revés da folla de carballo americanoDetalle de pulgóns, exuvios e melaza no revésAbundante melaza na folla de carballo americano
PIÑEIRO
Procesionaria:

Vista dorsal do macho de procesionaria capturado na trampaCapturamos os primeiros machos nas trampas que temos instaladas.