Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

09/08/2012

VIÑA Estado fenolóxico: L (peche do acio) - M (virado) iniciándose nas zonas más cálidas.

Acio de albariño iniciando o enveroAcio de variedade tinta iniciando o envero
Mildeu:

Manchas de aceite en folla de planta controlSó vimos algunhas manchas novas sobre as follas máis tenras das plantas control que mantemos sen tratamento. En ningunha das plantas tratadas apareceron síntomas. Malia as precipitacións rexistradas o pasado sábado, que supoñen condicións favorables á enfermidade, as temperaturas nocturnas sufriron un descenso (mínimas entre 8 e 11ºC nalgunhas estacións), o que supón un freo ás infeccións. Polo tanto, non é necesario tratar, só manter a vixilancia.

As diferentes previsións meteorolóxicas anuncian tempo algo inestable para os próximos días, con néboas persistentes nalgunhas zonas e maior probabilidade de chuvias, o que sen dúbida provocará a aparición de novos síntomas


Oídio:

Manchas de oídio en folla de albariñoMalia a que nalgunhas localidades xa se están a rexistrar néboas, non vimos novos síntomas, nin sequera nas plantas que se manteñen sen tratar nin nas variedades máis sensibles. A partir do virado o fungo aínda pode instalarse sobre as follas e varas, pero xa non causa danos ao acio. Non é necesario tratar

Botrite:

Acio ao inicio da cora con presenza de botriteNon vimos síntoma ningún da enfermidade. Non obstante, nas variedades nas que todos os anos se producen danos por botrite, ou naquelas viñas nas que haxa feridas nos grans, é recomendable aplicar un tratamento ao inicio do virado; nos demais casos, non é necesario tratar.

Lembren que, na aparición desta enfermidade, non só é importante a climatoloxía (a humidade e as temperatura elevadas favorécenlle) senón tamén a presenza de lesións na uva, polo que mantendo os grans libres de feridas se poden limitar axeitadamente as infeccións


Couzas:

Posta de Lobesia botrana en acio de AlbariñoUnha semana máis temos que falar da escaseza das capturas de couzas nas trampas das nosas parcelas de seguimento (de feito, só recollemos un adulto nunha delas). Nos controis realizados aos acios só vimos unha posta.

Cicadélidos:

Cicadélidos - Femia de Scaphoideus titanusNesta semana case non se incrementou o número de adultos de Empoasca vitis e de Zygina rhamni recollidos nas trampas, mesmo na parcela do Condado, onde a semana anterior observaramos un notorio aumento. Nos controis ás follas tampouco contamos ningunha ninfa. Non é necesario tratar.

Seguimos tamén sen capturar o primeiro exemplar de Scaphoideus titanus, vector da enfermidade da flavescencia dourada


Ácaros:

Calepitrimerus vitis - Síntoma inicial de acarioseNesta semana vimos as primeiras poboacións de acariose (Calepitrimerus vitis) nunha planta dunha das nosas parcelas de seguimento do Rosal e noutra da finca de Castrelo. Debido a que se trata de casos moi puntuais e localizados, con apenas un ácaro por folla, polo momento non imos intervir, pero si se recomenda incrementar a vixilancia.

Lembren que os síntomas causados por esta praga poden ser doadamente confundidos con outros, e que non se deben aplicar acaricidas sen ter a certeza da presenza de ácaros nocivos nas viñas


Enfermidades da madeira:

As plantas mortas deben ser eliminadas da plantaciónSíntomas característicos de patoloxía da madeiraContinúa a avanzar a presenza de plantas con síntomas, polo que recordamos que se deben marcar para o seu tratamento separado no momento da poda.

MACEIRA
Moteado:

Froito con síntomas de moteadoO descenso das temperaturas nocturnas e a falta de chuvias reduce o risco de infección. Non obstante, sabemos que pode haber danos no froito ata o final da campaña, polo que continúa a recomendarse o mantemento da protección, especialmente nas variedades máis sensibles e onde xa se tivera observado a presenza da enfermidade.

Cydia pomonella:

Carpocapsa pomonella - Penetración larvaria en froito da variedade goldenNesta semana non se acadou o limiar de tolerancia en ningunha das nosas parcelas de seguimento. Non obstante, noutras fincas a situación pode ser diferente, polo que debe manterse a protección ata o momento da colleita no caso de que non se realice un seguimento específico da praga. No caso de realizar algunha aplicación fitosanitaria nas variedades de maduración estival, debe respectarse escrupulosamente o prazo de seguridade do produto utilizado.

Lembren que esta praga non só ataca á maceira, senón tamén a outras froiteiras: pereira, marmeleiro, nogueira.


Lembren tamén a conveniencia de instalar neste momento as bandas-trampa de cartón nos troncos segundo indicamos no aviso anterior de data 2 de agosto


Pulgóns:

Colonia de pulgón laníxero fortemente parasitadaMantense a situación referida na semana anterior: estabilidade nas colonias de pulgón verde e pulgón cincento, e aumento no parasitismo do pulgón laníxero por Aphelinus mali.

Araña vermella (Panonychus ulmi):

Formas móbiles na follaDetalle da coloración típica do ataque de araña vermellaNon se observaron novas plantas afectadas nas nosas parcelas de seguimento nin tampouco recibimos mostras con presenza do ácaro. En calquera caso, naquelas fincas nas que xa teña aparecido, haberá que manter un alto nivel de vixilancia, posto que con temperaturas altas os seus ciclos se repiten rapidamente.

Lembren que os síntomas característicos da presenza de ácaros son un bronceado xeral da vexetación. Con certa agudeza visual tamén poden verse as formas móbiles de Panonychus ulmi


CÍTRICOS
Pulgóns:

Colonia de Toxoptera sp en poliña do limoeiroColonia de Toxoptera sp no revés da folla do limoeiroEstanse a observar colonias de áfidos nos agromados de moitos cítricos. No caso de aplicar un tratamento, hai que respectar obrigatoriamente o prazo de seguridade do insecticida empregado, e non recoller nunca froitos antes de que finalice

FROITEIRAS DE ÓSO
Mal do chumbo (Chondrostereum purpureum):

Nesta semana recibimos algunhas mostras coa coloración prateada-plúmbea característica desta enfermidade. As pólas afectadas (no caso dun ataque localizado) ou as árbores danadas deben ser eliminadas no período estival para reducir o nivel de inóculo presente na parcela.

Este fungo vascular é un parasito das feridas, a través das que penetra. Ademais dos síntomas descritos (descolorado plúmbeo das follas), os gromos das pólas afectadas son máis pequenos (redúcese o vigor) e chegan a secar, facéndoo despois a totalidade da póla e, finalmente, a árbore. Ás veces, nas árbores afectadas poden verse os corpos frutíferos do fungo


A mesma recomendación é aplicable ás MACEIRAS que presenten CANCRO


Síntoma en gromoDespois do descolorado comeza a necrose das follasDetalle de folla con síntoma do mal do chumboCarpoforo de Stereum
VARIAS FROITEIRAS
Moscas das froitas:

Mosca negra / Mosca Mediterránea - Larva en froitoNas diversas froiteiras, sobre todo de óso por estar en plena fase de maduración/recollida, ou tamén nos figos, estanse a observar froitos caídos ao chan ou en fase de podremia nas árbores. Ademais de para evitar a instalación sobre eles de certos fungos oportunistas (favorecidos pola calor e as chuvias ou orballos), é moi importante eliminalos co fin de evitar o desenvolvemento de certos dípteros (moscas) que cada ano son máis frecuentes na nosa zona e que poden chegar a afectar aos froitos sans que están a madurar.

A maior parte destas moscas só afectan aos froitos en maduración. As femias realizan a posta perforando a pel, e delas nacen pequenas larvas brancas que se alimentan da polpa e a van destruíndo


 
CASTIÑEIRO
Tortrícido precoz (Pammene fasciana):

Na nosa parcela de seguimento deste ano apenas temos capturas nas trampas. Dado que a situación noutras zonas pode variar, é aconsellable empezar a colocar xa as bandas-trampa de cartón ondulado para atrapar as eirugas que se retiran a invernar. Estas bandas, ao igual que referimos para a maceira, deben ser retiradas en outono-inverno.