Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase a las novedades de nuestra Página web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

16/08/2012

VIÑA Estado fenolóxico: [L (peche do acio)] - M (inicio do envero)
Mildiu:

Plasmopara vitícola - Síntomas incipientes en follaNesta semana só volvemos ver síntomas recentes nas plantas sen tratamentos, e só algunha mancha moi puntual en planta tratada nalgunhas fincas, sempre sobre follas tenras.En xeral, as viñas están a entrar no envero, momento a partir do cal non haberá danos debidos a este fungo sobre a uva. Non obstante, aínda non se acadou na súa totalidade, e hai condicións climáticas favorables ao fungo (temperaturas nocturnas que roldan os 15-18ºC, diúrnas altas, chuvia, humidade elevada). Por este motivo, naquelas fincas onde estea próximo a concluír o período de protección do tratamento anterior, aconséllase renovar a intervención para protexer os acios aínda non enverados.

Segundo as diferentes previsións meteorolóxicas, a tendencia para os próximos días é cara a unha estabilización do tempo. Así e todo, logo das chuvias do 12 ao 14 agárdase a aparición de novas manchas entre mañá día 17 e o 20, e como dixemos na maioría das fincas aínda pode producirse algún dano na uva.


Oídio:

Uncinula necator - Uvas agretadas en plantas controlSó vimos algún gran esporádico con oídio nas plantas sen tratamento, e tamén algunhas follas afectadas nas mesmas plantas. Ao igual que o mildeu, dende o envero o fungo non afecta á uva, e ademais as precipitacións fortes que se produciron (ata preto de 40 L/m2 na estación das Eiras, por exemplo) son desfavorables á instalación do fungo, polo que non é necesario tratar.

Botrite:

Danos por paxarosAs precipitacións intensas que se produciron, e os refachos de vento rexistrados puideron romper algúns grans, especialmente nas variedades de pel máis fina e nos acios expostos. De feito, xa nalgunhas destas variedades se vían algúns grans rachados (normalmente por oídio) ou con danos por paxaros. Como sempre insistimos, as feridas nas uvas favorecen a instalación de botrite, polo que se non se efectuou o tratamento recomendado na semana anterior (ao inicio do envero) nas variedades sensibles, agora si debe aplicarse. A mesma recomendación é aplicable a aqueles viñedos nos que se teñan producido danos ou roturas debidas á climatoloxía destes días pasados.

As intervencións neste caso poden dirixirse exclusivamente aos acios


Couzas:

Gran atacado por larva de Lobesia botranaNesta semana non tivemos ningunha captura nas trampas, e tampouco vimos síntoma ningún da actividade dos adultos (postas) ou das larvas (penetracións). Logo de consultar con outros técnicos, estes referíronnos situacións similares, polo que parece responder á xeneralidade. Consecuentemente, non é necesario tratar.

Malia ao recomendado, débese manter a vixilancia, posto que nos últimos anos a terceira xeración de Lobesia produciu algúns danos en certas fincas.


Cicadélidos:

Ninfa do último estadio de Scaphoideus titanusScaphoideus titanus capturado en trampa cromáticaRecollemos nesta semana os primeiros 4 adultos de Scaphoideus titanus nas trampas que temos instaladas nunha parcela do Condado. Non obstante, non se atoparon síntomas da enfermidade da flavescencia dourada, de cuxo fitoplasma causante é vector o insecto, pero estamos a analizar os adultos recollidos por se o portasen. Para máis información, consulte a nosa ficha técnica n.º 61, "Scaphoideus titanus Ball. Cicadela blanca de la vid"..
No tocante aos demais cicadélidos da vide, só en dúas fincas notamos un incremento no número de capturas, uns 50 adultos por trampa, moi lonxe polo tanto do limiar de 250 insectos que xustificaría un tratamento. Non é necesario tratar.

Ácaros:

Detalle de gromo con dano causado por Calepitrimerus vitisViña con bronceado característico do ataque de ácarosAs poboacións de acariose detectadas nunha das nosas parcelas de seguimento (a do Rosal) mantivéronse restrinxidas á planta onde se tiñan detectado, mentres que na de Castrelo alcanzaron outras plantas, polo que neste caso vaise aplicar un tratamento no foco afectado. Non obstante, nas demais parcelas continúan sen aparecer ácaros, nin tampouco nas mostras recibidas na Estación, polo que en xeral non é necesario tratar.

Ao principio do seu ataque, os síntomas causados por ácaros praga poden confundirse con outras alteracións. Só a cor bronceada da vexetación é síntoma claro da súa presenza


MACEIRA
Moteado:

Abundantes manchas de moteado en folla de maceiraFroito con síntomas de moteadoVimos nunha das nosas parcelas de seguimento novos síntomas na folla e tamén nalgún froito. Ademais, as precipitacións que se produciron nestes días pasados, unidos ás temperaturas suaves que se están a rexistrar, favorecen as infeccións, polo que se recomenda aplicar un tratamento.

Nas variedades de recolección máis temperá débese poñer atención ao prazo de seguridade do funxicida que se vai utilizar

Cydia pomonella:

Eiruga de Cydia pomonella e dano en froito Unha semana máis volveu acadarse o limiar de tolerancia nunha das parcelas da nosa rede, pero non nas restantes, o que alude a que as poboacións da praga poden ser diferentes entre fincas, mesmo da mesma comarca. Por este motivo mantense a recomendación da semana anterior: manter a protección en caso de non efectuar seguimentos específicos da praga e instalar bandas-trampa para a captura de larvas invernantes (ver aviso de data 2 de agosto).

Lembren que esta praga non só ataca á maceira, senón tamén a outras froiteiras: pereira, marmeleiro, nogueira


Araña vermella (Panonychus ulmi):

Detalle da coloración típica do ataque de araña vermellaNon se observaron novas poboacións deste ácaro nas nosas parcelas de seguimento. No caso de que puntualmente existan danos e a colleita estea próxima, aconséllase non tratar, pero si facelo despois da recolección, pois é conveniente reducir as poboacións para diminuír o nivel de femias que depositan ovos invernantes.

MARMELEIRO
Entomosporium maculatum:

Síntomas de Entomosporium maculatum sobre folla de marmeleiroUnha vez máis apareceron novos síntomas desta enfermidade como consecuencia da elevada humidade que se está a rexistrar. Cómpre aplicar un tratamento, posto que este patóxeno pode provocar a caída prematura das follas, o que impediría a maduración dos froitos.

VARIAS FROITEIRAS
Monilia, botrite:

Logo das chuvias aparecerán sen dúbida froitos afectados por estes fungos. Lémbrase que é conveniente eliminar a froita afectada (e tamén a caída ao chan) para evitar danos á que está en maduración e así reducir o inóculo para o ano próximo.

Froito con ataque de MoniliaFroitos de ameixa con podremia a partir de feridasMazás arredor dunha maceira en fase de podremia


Moscas dos froitos:

Mosca negra / Mosca Mediterránea - Larva en froitoEn diversas froiteiras, sobre todo de óso por estar en plena fase de maduración/recolección, ou tamén nos figos, se están a observar froitos caídos ao chan ou en fase de podremia nas árbores. Ademais de para evitar a instalación sobre eles de certos fungos oportunistas (favorecidos pola calor e as chuvias ou orballos), é moi importante eliminalos co fin de evitar o desenvolvemento de certos dípteros (moscas) que cada ano son máis frecuentes na nosa zona e que poden chegar a afectar aos froitos sans que están a madurar.

A meirande parte destas moscas só afectan aos froitos en maduración. As femias realizan a posta perforando a pel, e dela nacen pequenas larvas brancas que se alimentan da polpa e a van destruíndo


PIÑEIRO
Procesionaria:

Nesta semana non capturamos ningún adulto na trampa que temos instalada para coñecer o voo deste defoliador.

BUXO
Cylindrocladium buxicola:

Cylindrocladium buxicola - Síntomas característicosVolvemos observar síntomas da enfermidade nalgunhas sebes, sen dúbida algunha debido á humidade destes días. Recoméndase aplicar novamente un tratamento para evitar a potencial defoliación das plantas.

PLÁTANO DE SOMBRA
Oidio:

As árbores de moitos parques e paseos da provincia mostran fortes síntomas de oídio, sobre todo nas follas terminais.

Tigre do plátano (Corythuca ciliata):

Ninfas e adultos do tigre do plátanoCada vez son máis evidentes os síntomas debidos ao ataque deste insecto, para cuxo control o Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio recomenda alfa cipermetrin 10% [EC] P/V, deltametrin 10% [EC] P/V e deltametrin 2,5% [EC] P/V.