Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase a las novedades de nuestra Página web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

23/08/2012

VIÑA Estado fenolóxico: M (inicio, nas zonas mais atrasadas, pleno virado nas mais adiantadas)
Mildiu:

Sobre os gromos terminais mais desenvolvidos están a aparecer manchasEsporulación de mildeu en planta sen tratamentosAbundantes manchas novas na nova vexetaciónNa práctica totalidade de fincas se observan manchas na vexetación nova, tanto nas plantas sen tratar como nas tratadas mesmo a semana pasada. As previsións meteorolóxicas seguen a anunciar tempo inestable para os próximos días, co que se espera que aparezan novos focos de infección. Ao xeneralizarse o virado o fungo xa non pode afectar os acios, pero debido a que aínda queda un mes ou mais para a data estimada de vendima (neste momento o grao alcohólico da uva nas nosas parcelas rolda os 6º), naquelas fincas onde se observe una elevada densidade de manchas aconséllase realizar un tratamento dirixido aos gromos para evitar defoliacións que prexudiquen a maduración.

Nestes días estase a rexistrar una moi elevada humidade relativa, con medias no día que na maioría das estacións roldan o 80-85% (ou mesmo o superan) e varias horas de humidade foliar (ata preto de 13 horas nun día). Por outra banda, as temperaturas nocturnas son suaves, entre 13 e 18 ºC, o que produce os síntomas observados


Nalgunhas fincas se observa un moi elevado desenvolvemento dos gromos; cortando o exceso podemos reducir tamén o potencial de inóculo


Oídio:

Folla nova de alabriño con forte presenza do fungoSó temos observado o fungo nas follas das plantas sen tratar nas zonas mais sombrías dalgunhas parcelas. Non é preciso tratar.

Botrite:

Fructificación de botritis en acio de TreixaduraA variedade Treixadura é moi sensible á podre polas características dos seus aciosDe xeito moi esporádico comeza a observarse a fructificación deste fungo nalgunhas uvas que, ou teñen penetracións de eirugas (as menos) ou fendas por calquera causa. Como xa temos indicado, aínda debe pasar certo tempo ata a vendima e o tempo é húmido e cálido, polo que se aconsella aplicar un tratamento para previr problemas futuros no caso de que non se teña feito segundo a recomendación do aviso anterior.

Lembren que as intervencións neste caso poden ir dirixidas só aos acios
Lembren tamén que os funxicidas antibotríticos non teñen efecto curativo


Couzas:

Penetración de couza dentro do acioNo comezo do virado é mais sinxelo ver as penetracións de eirugas das couzasOutra vez temos que falar de que case non houbo penetracións de couzas as trampas das parcelas da nosa rede, mesmo coa cápsula de feromona recentemente engadida en todas elas. Non obstante, si se manifestaron, co comezo do virado, algunhas penetracións moi puntuais nalgúns grans, que agora se fan mais visibles. Non é preciso tratar.

Non obstante, debe manterse a vixilancia, pois nestes anos a terceira xeración de Lobesia ten producido danos nalgunhas fincas


Cicadélidos:

Cicadélidos - Adulto de Zygina rhamni no envésScaphoideus titanus capturado en trampa cromáticaNesta semana se capturaron nas trampas que temos instaladas novos adultos de Scaphoideus titanus na parcela onde se recolleran os primeiros adultos a semana anterior, e tamén noutra finca da mesma comarca de O Condado. Dos demais cicadélidos, se capturaron nesta semana nun numero que vai dos 20 os 100 por trampa, a meirande parte deles (preto do 85%) da especie Zygina rhamni, que apenas causa danos. Non é preciso tratar.

Altica:

Ovos eclosionados e larva de AlticaVólvense a observar postas e larvas novas alimentándose das follas na nosa parcela de seguimento de O Condado, pero a súa presenza é puntual.

Ácaros:

Viña con bronceado característico do ataque de ácarosAs poboacións de acariose detectadas nunha das nosas parcelas de seguimento (a do Rosal) mantivéronse restrinxidas á planta onde se tiñan detectado, mentres que na de Castrelo alcanzaron outras plantas, polo que neste caso vaise aplicar un tratamento no foco afectado. Non obstante, nas demais parcelas continúan sen aparecer ácaros, nin tampouco nas mostras recibidas na Estación, polo que en xeral non é necesario tratar.

Lembren que nas nosas videiras e frecuente a presenza de ácaros útiles fitoseidos que de xeito natural poden evitar a proliferación de ácaros praga. Para mais información sobre os ácaros útiles, consulte a nosa ficha técnica nº 15. Ácaros útiles asociados a videiras de Galicia


MACEIRA
Moteado:

Abundantes manchas de moteado en folla de maceiraNas parcelas que non foron tratadas vense algúns síntomas, consecuencia das condicións ambientais que se están a dar, moi favorables o desenvolvemento do fungo. Recorden que o patóxeno pode afectar á froita ao longo de todo o período vexetativo, polo que se debe manter a protección.
Nas variedades de recolección máis temperá débese poñer atención ao prazo de seguridade do funxicida que se vai utilizar.

Nas variedades de recolección máis temperá débese poñer atención ao prazo de seguridade do funxicida que se vai utilizar

Cydia pomonella:

Carpocapsa pomonella - Penetración larvaria en froito da variedade golden En ningunha das nosas parcelas de seguimento se alcanzou nesta semana o limiar de tolerancia.

Araña vermella (Panonychus ulmi):

Aspecto bronceado das plantas por ataque de araña vermellaNunha das nosas parcelas de seguimento vólvense a observar poboacións nunha cantidade que supera os limiares de tolerancia (mais do 30% de follas ocupadas por formas móbiles). Por iso imos aplicar un tratamento acaricida de reducido prazo de seguridade debido á proximidade da recolección da froita. Lembren que o bronceado das follas e un claro indicio da existencia de ácaros praga.

TOMATEIRA
Tuta absoluta:

Restos de cultivo que deben ser eliminadosRestos de cultivo de tomateira que deben eliminarse para reducir a invernación de Tuta absolutaUnha vez levantado o cultivo, lémbrase que é imprescindible, entre outras medidas, a eliminación de todos os restos, co fin de reducir a incidencia da praga na próxima campaña. Para mais información consulten a nosa ficha técnica nº 55: Tuta absoluta.

BUXO
Cylindrocladium buxicola:

Secado de follas por Cylindrocladium buxicolaSíntomas de diferente intensidade de Cylindrocladium buxicola en Buxus sempervirens suffruticosaNesta semana volveron a observarse síntomas da enfermidade en mais sebes, mesmo cunha intensidade superior á dos observados na semana anterior. É preciso tratar para evitar a defoliación das plantas e consecuentemente a perda do seu valor estético.

PLÁTANO DE SOMBRA
Oidio:

As árbores de moitos parques e paseos da provincia mostran fortes síntomas de oídio, sobre todo nas follas terminais.

Tigre do plátano (Corythuca ciliata):

Ninfas e adultos do tigre do plátanoCada vez son máis evidentes os síntomas debidos ao ataque deste insecto, para cuxo control o Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio recomenda alfa cipermetrin 10% [EC] P/V, deltametrin 10% [EC] P/V e deltametrin 2,5% [EC] P/V.