Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novas da nosa páxina web Suscribirse as novas por correo electrónico

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

30/08/2012

VIÑA Estado fenolóxico: M (virado) - N (maduración)

Nesta semana entramos xa en setembro e polo tanto vaise aproximando a vendima. Así, a meirande parte das grandes bodegas xa fixaron o día de mañá 31 como data límite para realizar os tratamentos fitosanitarios. Sen embargo, nesta campaña é probable que a vendima se retrase ata a derradeira semana do mes, e mesmo nalgunhas zonas ata os primeiros días de outubro. Por isto, aqueles viticultores que non estean adheridos ás bodegas non deben descartar a posibilidade de ter que realizar aínda algún tratamento a semana próxima, mais tendo en conta a elevada humidade que se está a rexistrar.


Nas nosas parcelas de seguimento volvemos recoller mostras de uvas para comprobar o grao alcohólico. Nesta semana os valores obtidos foron os seguintes:

Comarca do Salnés: Tremoedo: 7.81º; A Modia: 8.26º; Castrelo: 8.59º

Comarca do Rosal: Carregal: 8.69º; Eiras: 7.11º

Comarca do Condado: Vide: 8.01º; Albeos: 9º


Mildeu:

Plasmopara vitícola - Brotes terminais con manchas de mildeuMantense a situación referida a semana anterior: abundantes manchas nos gromos terminais de todas as parcelas, en especial nas plantas sen tratamentos. A humidade relativa tan elevada destes días (medias de 75-80%), as temperaturas mornas (nocturnas arredor de 12-15ºC) e o abundante orballo (con ata 15 horas de humidade foliar nun día) xeran a proliferación de síntomas. A previsión meteorolóxica anuncia tempo cálido e seco para os vindeiros días, pero con toda seguridade manterase a humidade nocturna, polo que naquelas parcelas nas que a presenza de manchas pode levar a unha defoliación das plantas, aínda é conveniente aplicar un tratamento.


Lembren tamén que onde o desenvolvemento dos gromos terminais sexa moi elevado, pode reducirse a infección eliminando o exceso de vexetación


Oídio:

Sintoma de oidio en pampoNesta semana xa non observamos novos síntomas, polo que non é necesario tratar.

Botrite:

Fructificación de botritis en acio de TreixaduraMalia a elevada humidade que se está a rexistrar, nesta semana apenas notamos variación no tocante á presenza de frutificación deste fungo nas nosas parcelas de seguimento. Recorden que nos tratamentos estándar para condicións ambientais favorables, o derradeiro tratamento recomendase para 21 días antes da vendima, polo que este ano aínda pode ser necesaria unha intervención na vindeira semana para manter as uvas protexidas ata ese momento, tendo en conta ademais que entre os produtos rexistrados polo Ministerio existen algúns con prazos de seguridade de só 15 días. No caso de depender dalgunha adega, deberán axustarse ás restricións que fixan neste sentido.

No caso de aplicar un tratamento, debe RESPETARSE ESCRUPULOSAMENTE O PRAZO DE SEGURIDADE DO FUNXICIDA. Teñan en conta que no Rexistro do Ministerio hai produtos de ata 35 días de prazo de seguridade


Couzas:

Grans atacados por larva de trazaA máxima cifra de capturas de adultos de Lobesia botrana nas trampas ao longo desta semana foi de 5 machos na parcela de A Modia. E unha vez máis non observamos postas, aínda que si, moi esporadicamente, algunha penetración larval.


Cicadélidos:

Capturas de Scaphoideus titanus e outros cicadélidos en trampa de detecciónVolvemos ter capturas de adultos de Scaphoideus titanus nas dúas parcelas do Condado. As cifras en todo caso son moi baixas, ao non superar os 10 individuos en conxunto. Analizaranse estes insectos para determinar se son portadores do fitoplasma causante da flavescencia dourada (nos analizados ata o momento non se atopou). No tocante ás demais especies de cicadélidos, nesta semana apenas se incrementaron.

Altica:

Larvas de Altica quercetorum en folla de viñaContinúa a ser puntual a presenza de larvas deste crisomélido na nosa parcela de seguimento do Condado.

Ácaros:

Femia de Panonychus ulmiNon observamos novos síntomas nin detectamos presenza de acariose en ningunha das nosas parcelas de seguimento. Si advertimos nesta semana, concretamente nunha finca abandonada, poboacións incipientes da araña vermella Panonychus ulmi.

Outros:

Femia de Planococcus citri magnificadaPlanococcus citri no revés da folla da videPlanococcus citri no baceloNa nosa parcela de seguimento do Condado atopamos unha planta con poboacións incipientes da cochinilla algodoeira ou melazo Planococcus citri, aínda que polo momento a súa presenza non reviste importancia.


Planococcus citri é unha especie de cochinilla moi polífaga que ataca sobre todo a cítricos e viña, pero tamén a diferentes especies ornamentais leñosas (adelfa por exemplo) ou herbáceas (xeranio). Na vide pode atacar a todos os órganos aéreos da planta. Os insectos fíxanse na madeira, nas follas ou nos acios e os seus danos relaciónanse coa succión de zume e a instalación de fungos de fumaxina sobre a melaza que segregan


MACEIRA
Moteado:

Froito con síntomas de moteadoMalia que a colleita deste ano non é importante en xeral, é conveniente manter a protección das plantas baixo estas condicións de elevada humidade. No caso de aplicar un tratamento, débese prestar atención ao prazo de seguridade do funxicida que se utilice.

Cydia pomonella:

Carpocapsa pomonella - Penetración larvaria en froito da variedade goldenTampouco nesta semana se acadou o limiar de tolerancia en ningunha das nosas parcelas de seguimento.

Araña vermella (Panonychus ulmi):

Bronceado das follas debido a Panonychus ulmiNaquelas plantacións nas que se observen claros síntomas do ataque deste ácaro, debe prestarse moita atención ao prazo de seguridade do acaricida que se empregue no caso de que se efectúe unha intervención.