|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias
froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras
de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas
ornamentais e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Plantas ornamentais e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,
Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de
óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e
Salgueiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Buxo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos
hortícolas |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Cultivos hortícolas
en xeral |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e
Cultivos hortícolas en xeral |
|
|
|
Varios Cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro,
Pexegueiro e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi e
Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e
Eucalipto |
|
|
|
Eucalipto |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Buxo, Cítricos, Froiteiras e
Viña |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
06/09/2012
VIÑA Estado fenolóxico:
N (maduración) |
Nesta semana rematamos a emisión da
Información Fitosanitaria Semanal pola presente
campaña. Sen embargo, como todos os anos seguiremos publicando, xa
sen unha periodicidade definida, informacións fitosanitarias e consellos
prácticos que poidan axudar a mellorar o estado sanitario dos
cultivos
Novamente agradecemos aos viticultores e propietarios
das parcelas da nosa rede de seguimento que nos permitan desenvolver a nosa
experiencia nas súas fincas, pois sen a súa colaboración
non sería posible a emisión dos Avisos. Tamén queremos
agradecer a colaboración daqueles técnicos que nos proporcionaron
datos que permitiron contrastar as observacións das nosas parcelas. E
por suposto, a todas as persoas que nos seguiron durante estas semanas, moitas
grazas.
Nesta semana tomamos mostras de uvas nas nosas parcelas de
seguimento e nalgunhas outras. O grao alcohólico
obtido nestes casos foi:: Comarca do Salnés: Tremoedo:
9.2º; A Modia: 10.87º; Castrelo: 9.9º, Meis 10.72º
Comarca do Rosal: Carregal: 10.54º; Eiras: 9.25º,
Tomiño 9.8º
Comarca do Condado: Vide: 10.98º;
Albeos: 10.15º, Meder 11º
Como se pode observar, as
condicións climáticas desta última semana aceleraron a
maduración, e nalgunhas áreas é posible que a vendima
adiante as datas previstas inicialmente
|
Mildiu: |
O clima seco e as
temperaturas elevadas destes días non favoreceron a aparición de
síntomas nas plantas, e só observamos algunhas manchas de aceite
de recente aparición sobre as follas máis tenras, aínda
que en ningún caso cunha presenza alarmante. Sen embargo, segundo as
previsións meteorolóxicas existe probabilidade de choiva para a
fin de semana ou no principio da seguinte segundo as zonas, o que sen
dúbida dará lugar á aparición de novos
síntomas. Lembren que se pode eliminar parte de este inóculo
cortando a vexetación sobrante, onde adoitan concentrarse as manchas. Xa
despois da vendima, e antes da caída da folla poderase aplicar un
tratamento para reducir a incidencia do patóxeno na seguinte
campaña.
|
Botrite: |
Debe manterse un elevado nivel de alerta fronte ao posible
cambio nas condicións climáticas, posto que si realmente se
producen precipitacións, o risco de danos por este patóxeno
incrementarase. Consecuentemente, cómpre manter unha correcta
ventilación dos acios mediante desfollados para evitar a
acumulación de humidade, e eliminar os gromos sobrantes tamén
para favorecer a ventilación.
Naquelas zonas nas que a vendima estea prevista para a derradeira
semana de setembro ou os primeiros días de outubro, recorden que no
Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio hai funxicidas cun prazo
de seguridade de 15 días, que aínda poderían
utilizarse se é necesario (consulte aos técnicos). En todo caso,
este PRAZO DE SEGURIDADE debe ser RESPETADO
|
Cicadélidos: |
Nesta semana as
capturas de Scaphoideus titanus nas trampas foi só de 2
individuos. Lembren que a importancia deste insecto como praga da vide debese
á súa condición de vector do fitoplasma causante da
flavescencia dourada. Sen embargo, o fitoplasma non se atopou nos adultos
analizados ata o momento.
|
MACEIRA |
Moteado: |
Recorden que esta enfermidade pode danar os
froitos mentres estean na árbore, e que o fungo vese favorecido por
condicións de humidade e temperatura elevadas. Consecuentemente, de
cumprirse as previsións meteorolóxicas e se realmente se producen
precipitacións, pode ser necesario aplicar un tratamento. Coma sempre
insistimos, o PRAZO DE SEGURIDADE do funxicida utilizado debe ser RESPETADO,
é dicir, non debe recollerse a froita antes de que ese período
conclúa.
|
Cydia
pomonella: |
Tamén o voo
da couza da maceira é continuo ao longo do período de actividade,
polo que de realizar un tratamento para reducir a presenza de mazás
afectadas, debe respectarse igualmente o prazo de seguridade do insecticida
empregado.
|
|