Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novas da nosa páxina web Suscribirse as novas por correo electrónico

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

RESUMO FITOSANITARIO DA CAMPAÑA 2012. VIÑEDO

13/09/2012

MILDEU
Plasmopara vitícola - Maduración da oospora

A maduración da oospora tivo lugar entre o 20 e o 21 de marzo, cando a viña se atopaba entre os estados fenolóxicos D (follas incipientes) e E (follas estendidas).





Plasmopara vitícola - Síntomas incipientes na follaO 10 de abril comezaron a cumprirse nalgunhas zonas as condicións para que a contaminación primaria (10º C de temperatura, 10 mm de choiva, 10 cm de desenvolvemento do gromo), o que parecía augurar unha aparición precoz dos primeiros síntomas da enfermidade. Non obstante, o mes de abril foi especialmente chuvioso (ao redor de 200 mm de choiva) e as temperaturas foron relativamente baixas, co que o ciclo da enfermidade sufriu un atraso, así como o desenvolvemento das plantas. Con esta situación, a primeira mancha apareceu entre o 3 e o 17 de maio segundo as zonas, coas plantas entre os estados H (botóns florais separados) e G (acios separados).


Acio afectado de mildeu -obsérvese o micelio do fungo-A elevada sensibilidade do viñedo nese momento, unido á concorrencia de diferentes períodos con condicións de infección, obrigou a renovar os tratamentos antes da floración (finais de maio). Xa na floración (que se iniciou en torno aos primeiros días de abril) as condicións climáticas foron moi favorables ao patóxeno, o que provocou importantes perdas nalgunhas parcelas que xa foran tratadas sistematicamente, por calendario. Tamén as choivas na floración foron a orixe de corrementos máis ou menos importantes no acio.


Ao final da floración (mediados de abril), aínda que seguiu a haber repetidamente condicións favorables, estas non tiveron un reflexo evidente no campo, nin sequera nas plantas control que non recibían tratamentos, co que a agresividade que demostrou o fungo apenas unha semana antes se viu atenuada. Continuou durante xuño a reiteración de condicións favorables, aínda que xa coa uva callada e achegándose a tamaño chícharo, case non se observaron síntomas nos acios. Durante practicamente todo xullo, xa co acio próximo a pecharse ou pechado, continuaron a rexistrarse de forma recorrente condicións favorables, de xeito que na folla se observaron novos focos de infección, aínda que no acio a situación era máis estable.


Na primeira quincena de agosto, mesmo existindo días con condicións favorables, case non se observaron síntomas nas plantas control, e xa na segunda quincena se acadou o virado, co que os seguintes ataques do fungo afectaron unicamente á vexetación, aínda que ata agora sen unha elevada incidencia.


Deste xeito, debido á inestabilidade climática rexistrada nesta campaña, os tratamentos deberon ser reiterados. Algúns viticultores chegaron a realizar ata 18 intervencións antimildeu, e a media situouse en 15-16. Os tratamentos realizados por nós segundo a técnica de loita oportuna adaptada, que se fundamenta en comprobar cómo as condicións favorables ás infeccións afectan á aparición de síntomas, foron 9-10 segundo as fincas. No tocante ás perdas de colleita, os casos máis extremos falan de ata máis dun 60% de colleita perdida por mor da mera, aínda que o normal é que non se chegue ao 5%, o cal foi tamén o valor máximo de perdas nas parcelas sometidas á nosa técnica.

Varias manchas de aceite en folla de planta sen tratamentosAcio en tamaño chícharo con ataque de mildeu1-Aspecto da planta control ao final da campaña2-Estado dos acios na planta control
OÍDIO

Se durante a campaña 2011 o oídio tivo unha presenza elevada na nosa zona, en 2012 case non causou problemas. Os primeiros síntomas detectáronse nunha variedade tinta na última semana de maio, coa uva entre "botóns florais separados" e floración. En albariño os primeiros signos da presenza do patóxeno observáronse na primeira semana de xuño aínda que sen apenas incidencia. Os tratamentos efectuados lograron conter ben o avance da enfermidade e non foi ata principios de xullo cando apareceron ataques moi lixeiros no acio, sobre todo nas plantas control. Cara a finais do mesmo mes volveron manifestarse síntomas no acio, coa uva en "grans tamaño chícharo", aínda que tamén esporadicamente. En agosto, aínda existindo períodos favorables ás infeccións (néboas localmente persistentes), non se observaron danos. Coa situación que acabamos de referir, este ano foi posible controlar a enfermidade con só dous ou tres aplicacións segundo as fincas.

Síntoma de oídio en pampoUncinula necator - Oídio Primeiros síntomas na follaMicelio de oídio desenvolvéndose no acio
BOTRITE

O 14 de abril producíronse ventos e/ou sarabias nalgunhas zonas nas que se aconsellou a aplicación dun funxicida preventivo. Nos primeiros días de maio, cos viñedos en pre-floración, apareceron os primeiros síntomas na folla. A permanencia de condicións húmidas durante este período fixo recomendable unha nova aplicación preventiva, sobre todo nas variedades sensibles, e o mesmo sucedeu inmediatamente despois da floración debido á persistencia das choivas (aínda que finalmente non se observaron danos ao inicio do callado). Durante todo o mes de xullo non se observaron síntomas, e cara á metade de agosto, debido á presenza reiterada de choivas incluso intensas, recomendouse unha nova aplicación só nas variedades sensibles. A mesma recorrencia de condicións favorables (humidade durante varias horas e temperaturas elevadas), aconsellaron un último tratamento nas variedades de maior sensibilidade.

Os tratamentos foron recomendados por precaución debido ás condicións especialmente húmidas do ano. Non obstante, debido a que en xeral non se observaron feridas na uva a consecuencia das trazas ou doutras causas, finalmente non houbo danos.

Esporulación de botrite na follaGran de uva con ataque de botrite
BLACK-ROT

Na terceira semana de maio aparecen os primeiros síntomas no Condado debido ás condicións tan húmidas da primavera. Co paso do tempo e a permanencia das mesmas condicións, as manchas vanse estendendo na superficie foliar pero sen afectar aos acios. A principios de xuño obsérvanse síntomas do patóxeno en plantas doutras comarcas, sen afectar nunca aos acios. Non é ata os primeiros días de xullo cando aparecen algúns síntomas no acio, iso si moi esporádicos, que en xeral se mantiveron estables. Con esta situación, aínda que nun primeiro momento se pensou que podería haber perdas debidas á presenza deste fungo, finalmente non se produciron, xa que unha elección máis razoada dos tratamentos antimildeu ou antioídio (con efecto paralelo fronte a este outro patóxeno) logrou evitalas.

Follas con manchas da enfermidadePrimeros síntomas de black rot no acio
PATOLOXÍAS DA MADEIRA

Xa no mes de xuño empezaron a observarse parcelas con plantas afectadas por este tipo de alteración. Esta sintomatoloxía fíxose máis evidente a principios de xullo, tras unha suba notoria das temperaturas, e continuou avanzando durante todo o mes de agosto. En xeral, neste ano observouse un incremento na presenza de síntomas causados por estas enfermidades. E, debido á súa relación directa coas podas, é moi importante marcar as plantas afectadas para podalas separadamente no seu momento.

Síntomas característicos de patoloxía da madeiraPlanta con síntomas de patoloxías da madeira marcada para o seu tratamento diferenciado na poda
COUZAS DO ACIO

En xeral, as capturas nas trampas de feromona foron baixas este ano, tanto de Lobesia botrana, a especie máis abundante, coma de Eupoecilia ambigüella, da que unicamente recollemos 3 machos na primeira semana de xullo. Os primeiros glomérulos observáronse, aínda que moi puntualmente, co inicio da floración (finais de maio). A primeira penetración larval non foi vista na mostraxe dos acios ata a primeira semana de xullo, e en xeral nunca ao longo de toda a campaña houbo unha elevada presenza de praga. Por este motivo, en xeral non foi necesario aplicar ningún tratamento.

Glomérulo-actividade larval da primeira xeración de couzasPenetracion de couza no interior do acio
CICADÉLIDOS

Na xeneralidade de parcelas, a presenza de cicadélidos foi relativamente baixa nesta campaña. Recolléronse en conxunto máis exemplares de Zygina rhamni (especie menos nociva) que de Empoasca vitis. Houbo en diferentes momentos certos incrementos no número de capturas, pero sen chegar a cifras próximas ao limiar de tolerancia. Finalmente, os primeiros exemplares da cicadela branca da vide, Scaphoideus titanus, capturáronse na terceira semana de agosto, e seguiron capturándose durante todo o mes en cifras moi baixas. Non foi necesario aplicar ningún tratamento en toda a campaña.

Capturas de cicadélidos con Zygina rhamni como especie dominanteCapturas de Scaphoideus titanus e outros cicadélidos na trampa de detección
ÁCAROS

Sen dúbida algunha esta foi unha campaña caracterizada pola práctica ausencia de poboacións de ácaros, segundo o observado nas nosas parcelas de seguimento e de acordo co determinado nas mostras que recibimos na EFA. Só puntualmente se observaron focos moi localizados de acarioses. Tampouco foi necesario aplicar tratamentos acaricidas nesta campaña.
Detalle de gromo con dano causado por Calepitrimerus vitis