Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase a las novedades de nuestra Página web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

AVISO FITOSANITARIO

06/06/2013

VIÑA Estado fenológico: (H) - I (botones florales separados) - floración
Mildiu:

En xeral non vimos novos síntomas nas nosas parcelas de seguimento nin tampouco noutros predios que visitamos. Con todo, nalgunhas onde se detectaron manchas novas a semana anterior os tratamentos realizados non foron do todo eficaces, xa que continúa habendo esporulación viable. Tamén nas plantas testemuña (sen tratamentos) da comarca do Salnés se observan novos síntomas. As previsións meteorolóxicas anuncian inestabilidade climática para os próximos días, con alternancia de nubes e claros con períodos de chuvia e temperaturas suaves en xeral. De cumprirse as previsións anunciadas haberá que EXTREMAR Ó MÁXIMO A VIXILANCIA, REVISAR MOI BEN OS VIÑEDOS E, NO CASO DA DETECCIÓN DE SÍNTOMAS, RENOVAR OS TRATAMENTOS. Nos predios onde se confirme que a última intervención realizada non fose efectiva a renovación do tratamento debe ser inmediata.


A pesar das precipitacións previstas, lembren que utilizando funxicidas sistémicos ou penetrantes é suficiente con que transcorra 1 hora sen chuvias tras o tratamento para que os produtos penetren na planta


Plasmopara vitícola - Síntomas incipientes nunha follaMancha de aceite con esporulación iniciándose xunto a unha mancha sen esporulaciónVarias manchas de aceite en folla de planta sen tratamentos


Oidio:

Síntoma de oídio nun pámpanoMicelio de oídio na face dunha folla de variedade tintaVimos novos síntomas en plantas de variedades tintas. Sobre variedades brancas aínda non os observamos, polo menos nas nosas parcelas de seguimento. Aínda así, na visita realizada onte (mércores) ás nosas parcelas do Salnés vimos a entrada de densas néboas desde o mar, condición que xera un ambiente favorable ó patóxeno, do mesmo xeito que a nebulosidade que hai desde hoxe. Por iso, no caso de realizar un tratamento antimildiu, recoméndase a adición dun antioídio, tendo en conta ademais que en floración as plantas deben estar moi ben protexidas.


Black rot:

Black rot - Detalle da mancha mostrando picnidiosNesta semana, do mesmo xeito que na revisión anterior, non vimos síntomas, nin sequera nas parcelas onde se detectaron inicialmente. Manter a vixilancia.


Couza do acio:

Glomérulo-actividade larval de primeira xeración de couzaNesta semana vimos os primeiros glomérulos en todas as comarcas, aínda que de forma moi puntual. Aínda así, as capturas de adultos de Lobesia botrana continúan en niveis baixos. Non é necesario tratar.


Cicadélidos:

Ninfa de Empoasca vitis no envés dunha follaNa revisión desta semana ás nosas parcelas de seguimento observamos un lixeiro incremento nas capturas de Empoasca vitis nas trampas e tamén atopamos algunhas ninfas na mostraxe de follas. A pesar diso, de momento non é necesario tratar.


Altica:

Na nosa parcela de seguimento do Condado notamos un aumento da presenza de adultos apareándose, de postas e de larvas deste crisomélido. Xa se aprecian incluso os característicos síntomas da súa alimentación. De momento non está xustificada a aplicación dun tratamento, pero si é necesario incrementar a vixilancia.


Adultos de Altica quercetorum apareándoseOvos eclosionados e larva de Altica Folla de Albariño con ataque de Altica


Ácaros:

Preparación microscópica do fitoseido Typhlodromus pyriUnha semana máis temos que falar da ausencia de poboacións de Calepitrimerus vitis (acariose) ou de arañas vermellas nas nosas parcelas de seguimento e nas mostras recibidas na Estación. Con todo, nas mostras de case todos os predios atopamos exemplares de ácaros útiles fitoseidos, nalgúns casos en contía bastante elevada, o que permite manter baixo control os ácaros fitófagos.


Boa práctica fitosanitaria:


LEMBREN SEMPRE QUE É IMPRESCINDIBLE ADECUAR O VOLUME DE APLICACIÓN Ó DA MASA VEXETAL, co fin de evitar as derivas e consecuentemente impedir que o fitosanitario alcance áreas diferentes das do tratamento. Tamén deben UTILIZARSE SEMPRE OS EQUIPOS DE PROTECCIÓN ADECUADOS PARA A REALIZACIÓN DE TRATAMENTOS FITOSANITARIOS


MACEIRA
Moteado:

Manchas incipientes de moteadoObservamos manchas incipientes nalgunhas variedades. Ademais, co incremento da humidade que se rexistra debido ó cambio nas condicións ambientais, o risco de novas infeccións será máis elevado. É necesario tratar para evitar a aparición de máis síntomas e protexer así os froitos.


Oídio:
Brote de maceira completamente invadida por oídioEn predios onde se detectou oídio nos brotes observamos un aumento dos síntomas. Se a situación é coincidente é necesario tratar.


Couza da maceira:

Capturas de machos de Carpocapsa pomonella nunha semanaA semana pasada anunciaramos que as capturas nas trampas da nosa parcela se atopaban no límite do limiar de tolerancia. Pois ben, nesta semana superouse claramente ese nivel, polo que é necesario tratar.






Lembren que é moi conveniente a instalación de trampas de feromona en cada plantación para coñecer a evolución da praga e así intervir no momento oportuno para evitar danos, xa que as poboacións poden ser moi diferentes mesmo en predios próximos


Pulgóns:

Ninfas e formas ápteras de pulgón cinsentoIncrementáronse as colonias de pulgón cincento nas parcelas onde se detectaron, polo que se debe aplicar un tratamento. Ademais atopamos colonias de pulgón laníxero nalgunhas plantas. Lembren que este pulgón ten un inimigo natural na nosa zona, o Aphelinus mali, que xeralmente é capaz de controlalo de maneira natural, polo que neste caso aconséllase esperar a que actúe antes de aplicar insecticidas.


Colonia de pulgón cincento nun brote de maceira goldenBrote de maceira con colonia de pulgón laníxeroColonia de pulgón laníxero fortemente parasitada


CERDEIRA
Mosca (Rhagoletis cerasi):

Mosquero para captura de Rhagoletis cerasiAdulto da mosca da cerdeira en trampa amarelaContinuamos recollendo numerosos adultos deste insecto nas trampas da comarca de Beade. Lembren que os insecticidas rexistrados para o seu control son lambda-cihalotrin 2.5% e proteínas hidrolizadas 30 e 36%. En caso de aplicar un tratamento, lembren que é IMPRESCINDIBLE RESPECTAR ESTRITAMENTE O PRAZO DE SEGURIDADE.