|
Froiteiras de folla caduca, Viña, Cítricos, Buxo e Insecto en edificacións |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomate, Pataca, Piñeiro, Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Cítricos, Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Pataca, Castiñeiro, Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro, Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos e
Kiwi |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
11/11/2013
FROITEIRAS DE FOLLA CADUCA |
Tratamentos de
outono-inverno: |
As temperaturas deste outono foron, ata o de
agora, altas e por iso neste momento algunhas plantas mostran algúns brotes á vez que van
perdendo as follas. En todo caso, a partir de agora hai que ter en conta que é
moi recomendable aplicar tratamentos con produtos a base de cobre para
reducir, con vistas á próxima campaña, o nivel de inóculo de diferentes patoloxías
e protexer tamén as microferidas provocadas pola caída da folla, que son unha vía de
entrada para patóxenos. Estes tratamentos é conveniente realizalos:
- nas maceiras e marmeleiros, cando se rexistre unha caída de folla
do 50%. Pode renovarse cando se perda un 80% das follas. No caso da maceira, se
as plantas tiveron un ataque forte de "apigarado" (moteado), pode engadirse urea
cristalina, tratando ademais as follas caídas no chan. Alén diso, e no caso de
instalar bandas–trampa para capturar as eirugas invernantes de Cydia
pomonella, pode aproveitarse para as retirar e as destruír.
- nas pereiras e árbores froiteiras de óso, cando a caída da folla
estea contra o 80%. As intervencións poden renovarse cando as árbores estean xa
completamente defoliadas. No caso das pereiras, se houbo problemas de apigarado
(moteado) durante a campaña, debe engadírselle urea cristalina ó cobre, tratando
igualmente as follas caídas no chan. Nos pexegueiros, que todos os anos sofren na
nosa zona o ataque da lepra, este tratamento é unha das bases para unha boa
protección.
- nos kiwis, debido á gravidade da bacteriose causada por
Pseudomonas syringae pv actinidiae, o primeiro tratamento con
produtos cúpricos debe ser realizado despois da recolección (polas microlesións
derivadas do arranque do froito), outro á caída da folla e un terceiro en pleno
inverno, inmediatamente despois da poda. Cando sexa o momento de podar, as plantas
afectadas deben ser as últimas, podaranse co tempo seco e desinfectando sempre os
útiles de poda.
|
VIÑA |
Enfermidades da madeira: |
Aínda é cedo para podar a viña mais algúns
viticultores xa comezaron. Debido á incidencia da poda nas patoloxías da madeira é moi
importante podar separadamente as plantas que mostren síntomas, e máis concretamente:
- As plantas enfermas deben ser podadas o máis tarde posible, en
repouso vexetativo total (xaneiro-febreiro). De aquí a importancia de marcalas
durante a campaña;
- en todos os casos podarase preferiblemente en tempo seco e sen previsión de
choivas inmediatas;
- os cortes deben realizarse o máis verticais posible e sen esgazaduras,
protexendo os de maiores dimensións con mastic cicatrizante con funxicidas;
- as ferramentas de poda deben ser desinfectadas (con lixivia, auga osixenada
ou alcol de queimar);
- as cepas mortas deben ser arrincadas e retiradas da plantación (igual que o
material resultante da poda) utilizando, para repolas, material vexetal san.
Nas plantas con síntomas destas patoloxías da madeira é imprescindible
gardar escrupulosamente as precaucións mencionadas
|
CÍTRICOS |
Phytophthora hibernalis: |
Coas abundantes precipitacións deste outono
sen dúbida aparecerán froitos afectados por esta doenza, cuxos síntomas son podremias
brandas na froita, a súa caída e a aparición de manchas acuosas nas follas. Neste caso
é moi importante retirar os froitos danados (tanto da árbore coma do chan) e
realizar algunha aplicación con fosetil -Al ó 80%, metalaxil-M ou mancozeb.
|
BUXO |
Cylindrocladium
buxicola: |
Este outono estamos a recibir numerosas
consultas sobre a aparición xeneralizada de novos síntomas desta doenza, que se viu
favorecida polas continuas precipitacións de días pasados. Lembren que as sebes de
Buxus sempervirens suffruticosa son as máis afectadas. No control desta patoloxía
son imprescindibles as medidas culturais como a eliminación repetida das follas
secas depositadas sobre as plantas ou caídas no chan. Canto ós tratamentos químicos non
existe ningún funxicida rexistrado para o seu control; con todo, en ensaios realizados
por nós deron bos resultados as materias activas epoxiconazol, difenoconazol ou
kresoxim-metil. Estas materias activas non deben aplicarse máis de 2-3 veces debido a
que poden xerar resistencias; por iso, pódese recorrer nalgún momento a produtos a base
de clortalonil, un funxicida de contacto co que tamén tivemos resultados aceptables.
|
INSECTO EN EDIFICACIÓNS |
Leptoglossus
occidentalis: |
Estamos a recibir consultas sobre a aparición, en
vivendas e outras edificacións, deste insecto típico de coníferas que, na nosa zona,
e de momento, non está a causar danos. A súa presenza en vivendas débese a que se
dirixe a elas para se refuxiar do inverno, mais non lles causa ningún dano ás persoas
ou materiais.
Leptoglossus occidentalis é un hemíptero que ataca sobre
todo ó xénero Pinus, aínda que tamén pode facelo a árbores de Abies,
Cedrus, Pseudotsuga ou outros. Os danos que pode causar localízanse nas
piñas e consisten nun baleirado parcial ou total dos piñóns, que pode cifrarse,
segundo a bibliografía, nunha redución superior ó 80% dos piñóns viables. En calquera
caso, de momento non detectamos
|
|