Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novas da nosa páxina web Suscríbase as novas da nosa páxina web

Dic02

Viña
   

Nov13

Viña, Kiwi, Frutais de pepita, Frutais de oso, Cítricos, Boj e Hortícolas
   

Sep05

Viña, Maceira, Pereira, Figueira, Boj
   

Ago29

Viña, Maceira, Figueira, Tomate, Pataca y Berenxena
   

Ago26

Camelia
   

Ago25

Avispa Asiática
   

Ago22

Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
   

Ago14

Viña, Maceira, Cerezo, Membrillero e Pino
   

Ago08

Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
   

Ago01

Viña, Maceira e Pino
   

Jul24

Viña, Maceira, Frutais e Ornamentais
   

Jul18

Viña, Pataca e Tomate
   

Jul15

Viña, Pataca e Tomate
   

Jul10

Viña, Maceira, Citricos, Carballo
   

Jul04

Viña, Maceira, Citricos, Carballo
   

Jun27

Viña, Maceira, Membrilleiro, Pataca
   

Jun20

Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
   

Jun13

Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
   

Jun06

Viña, Maceira, Kiwi, Cerdeira, Cítricos, Pataca, Buxo, Camelia, Piñeiro
   

May30

Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro, Cítricos, Pataca
   

May23

Viña, Maceira, Pereira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pataca
   

May16

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Frutais e Outros Cultivos, Camelia, Salgueiro
   

May09

Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pereira, Cerdeira, Frutais e Outros Cultivos, Pataca, Camelia, Pino
   

May02

Viña, Manzano, Kiwi, Patata, Evónimo
   

Abr25

Viña, Maceira, Kiwi, Marmeleiro, Mirabel, Camelia
   

Abr21

Viña
   

Abr14

Viña
   

Abr08

Viña, Maceira, Kiwi, Níspero, Cítricos, Varios cultivos, Tomate, Pataca, Camelia, Palmeria, Piñeiro
   

Mar14

Viña
   

Mar07

Viña, Maceira, Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Pataca, Buxo
   

Feb04

Viña, Froiteiros de pebida y kiwi, Cítricos, Pexegueiro, Piñeiro, Insecto en vivendas, Equipos de aplicación de tratamentos fitosanitarios
   

Ene22

Kiwi, Níspero, Cítricos, Buxo
   

AVISO FITOSANITARIO

22/01/2014

KIWI
Pseudomonas psyringae actinidiae (PSA) e outras bacterioses:

As continuas precipitacións deste inverno (case 1.000 l/m2 recolleitos desde outubro en Areeiro) están a atrasar as podas e condicionando a realización dos necesarios tratamentos de inverno. En todo caso, despois de podar É IMPRESCINDIBLE REALIZAR UN TRATAMENTO CUN FUNXICIDA CÚPRICO, pois as feridas causadas nesta operación son vías de entrada para esta bacteria. Debido tamén á gravidade desta patoloxía e á incidencia das podas sobre a súa dispersión, é FUNDAMENTAL a desinfección das tesoiras que se utilicen. Ademais, a madeira resultante debe ser eliminada e destruída (nunca debe quedar na leira, en especial de se confirmar a presenza de PSA) e as plantas moi enfermas tamén deben arrincarse e destruírse. En caso de substituílas, as novas plantas deben proceder dun viveiro rexistrado e autorizado.

  • - Os funxicidas autorizados en España para o control destas enfermidades son o oxicloruro de cobre (38, 52 ou 70%), o óxido cuproso (80%) e o sulfato tribásico de cobre (19%)

  • - Debido ás condicións climáticas tan húmidas deste inverno é conveniente engadir un axente mollante ó caldo

  • - A aplicación debe ser moi coidadosa, mollando ben a madeira


As mesmas recomendacións (aplicación de cobre, desinfección de tesoiras de poda, mollante…) son aplicables para os froiteiros de folla caduca e as viñas que aínda non se podaron

Exsudado de PSA sobre madeira de planta nova Síntomas de Pseudomonas syringae en folla
NÍSPERO
Apigarado ("moteado"):

As constantes precipitacións deste inverno dificultaron a aplicación de tratamentos fronte a esta enfermidade, que ten por síntomas a aparición de manchas entre pardas e mouras nas follas e nos froitos e mesmo a súa perda. Por iso, deberanse aplicar tan pronto a climatoloxía o permita, utilizando funxicidas con cobre.
Nespereira - Danos de moteado no froito Nespereira - Síntomas de moteado na folla
CÍTRICOS
Phytophthora hibernalis:

Tamén as precipitacións que se rexistran favorecen a instalación deste fungo nos froitos, que provoca a súa caída prematura ademais do seu podrecemento marrón. Trátase dunha enfermidade moi favorecida polas condicións climáticas húmidas e de difícil control mentres persistan. En todo caso, é moi importante que se retiren os froitos afectados unidos á árbore e os caídos no chan. Canto á tratamentos funxicidas, os autorizados en España para o seu control son fosetil-Al 80%, mancozeb ou formulados de cobre sós ou combinados con outros funxicidas de contacto, como maneb, ou sistémicos, como metalaxil-M.

Diferentes niveis de dano de Phytophthora hibernalis en limóns Froitos de cítricos con diferente grao de ataque de Phytophthora hibernalis
BUXO
Cylindrocladium buxicola:

No mes de novembro pasado empezaron a ser moi evidentes os síntomas desta enfermidade nas plantas de buxo. As precipitacións continuas que se rexistran terán impedido realizar tratamentos e provocado unha maior defoliación, agravando a situación. Lémbrase que no control desta enfermidade son FUNDAMENTAIS AS PRÁCTICAS CULTURAIS, especialmente eliminar as follas caídas no chan ou depositadas na superficie das plantas, podar as ramas máis afectadas, etc. En España non hai funxicidas expresamente autorizados para o seu control. Con todo, nos ensaios que realizamos con diferentes substancias, as que obtiveron unha maior eficacia foron as materias activas epoxiconazol, difenoconazol ou kresoxim-metil (que non se deben aplicar máis de 2 ou 3 veces debido a que poden xerar resistencias) e clortalonil, funxicida de contacto co que tamén tivemos resultados aceptables.

Cylindrocladium buxicola - Buxo con follas secas. Síntoma anterior ao esfollado Para limitar la incidencia de la enfermedad deben eliminarse las hojas desprendidas y depositadas sobre las plantas