Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
08/02/2017


VARIAS ÃRBORES
Danos polos temporais

Despois dos temporais acaecidos a semana pasada, con refachos de vento superiores ós 100 Km/h en varias das estacións meteorolóxicas da provincia, ademais de diversos danos materiais moitas árbores sufriron roturas de ramas de grandes dimensións ou mesmo perda de parte do fuste. As roturas van acompañadas de rachos, co que son irregulares e, ou ben afectan a parte do fuste ou tronco, ou ben deixan un toco que pode podrecer co paso do tempo. Por outra banda, sen haber roturas de ramas maiores, producíronse perdas de ramiñas ou rachos nas follas nalgunhas árbores (froiteiras e ornamentais) e arbustos.
Os rachos deben ser limpados e reparados e os tocos eliminados, aplicando despois destas operacións mástic cicatrizantes con funxicidas para evitar a entrada de patóxenos a través das feridas. Ademais, co mesmo obxectivo, as lesións mais pequenas deben protexerse mediante a aplicación dun funxicida cicatrizante que estea rexistrado para o tipo de cultivo/planta de que se trate. Os produtos recollidos no Rexistro do Ministerio para este fin son captan 47,5%, folpet 10% + sulfato cuprocálcico 20% e folpet 50 e 80%.


CÃTRICOS
Phytophthora hibernalis e outras especies

As choivas e a elevada humidade que continúa a haber e que, segundo as previsións meteorolóxicas persistirán de xeito intermitente durante unha tempada, sen dúbida favorecerán as infeccións por este patóxenos moi ligados á auga líquida.
Por iso é moi importante recoller os froitos caídos ó chan e os podres que permanecen na árbore, e destruílos para evitar novas contaminacións. Tamén débese evitar calquera acumulación de auga no entorno das raíces, favorecendo a súa saída mediante sucos de drenaxe. Tamén existe a posibilidade de actuar preventivamente aplicando fosetil-Al 80% se son limoeiros ou mandarinos, e o mesmo produto ou metalaxil 25% se son laranxeiros ou pomelos.

Este limonero está afectado por Phytophthora Síntomas de Phytophthora hibernalis Diferentes niveles de daño de Phytophthora hibernalis en limones
FROITEIRAS EN XERAL
Tratamentos de inverno

Despois destes días de elevada humidade será conveniente, tan pronto o clima o permita, aplicar un dos tratamentos cúpricos que se recomendan no inverno tanto en froiteiras de pebida como nas de óso ou no kiwi.


Síntoma del cancro del manzano Deformacion de las hojas por lepra
BUXO
Cylindrocladium buxicola

As mesmas condicións de elevada humidade referidas ao longo deste aviso poderán favorecer o desenvolvemento deste perigoso patóxeno, que causa serias defoliacións nestas plantas.
Por este motivo débese incrementar a vixilancia sobre as sebes de buxo, retirando posibles follas secas e favorecendo a aireación das plantas. Se ademais se detectasen síntomas da presenza do fungo débese aplicar un tratamento funxicida.

Cylindrocladium buxicola - Planta parcialmente defoliada Cylindrocladium buxicola - Síntomas característicos Para limitar la incidencia de la enfermedad deben eliminarse las hojas desprendidas y depositadas sobre las plantas
PATACA
Couza guatemalteca da pataca

Nestes días os diferentes medios de comunicación están informando das medidas que se estableceron e se van establecer para tentar de erradicar esta couza (Tecia (= Scrobipalpopsis) solanivora) nas zonas onde está presente. Queremos informarlles que de momento esta praga NON ESTà DETECTADA EN NINGÚN CONCELLO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, e de feito a súa presenza está restrinxida a 31 concellos do norte das provincias de A Coruña e Lugo (para consultar cales son estes concellos afectados prema no enlace ao DOGA do luns 6 de febreiro (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170206/AnuncioG0426-020217-0001_es.html)