Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
17/03/2017


VIÑA
Mildeu

No día de hoxe verificouse, nos postos de control que temos instalados na zona de Pontevedra, a maduración da oospora, que é o órgano de conservación do patóxeno en inverno. A maduración da oospora implica só que da comezo o ciclo da enfermidade mediante a xerminación destes órganos invernantes. Sen embargo, non significa en absoluto que haxa que comezar os tratamentos, xa que para que se produza a contaminación das viñas fan falta, ademais, outras circunstancias, entre as que está o axeitado desenvolvemento dos gromos para facelos receptivos ao ataque. Nestes intres os viñedos están moi lonxe dese estado xa que só están iniciando a brotación, e concretamente se atopan entre os estados fenolóxicos “Xema inchada†e “Punta verde†(“B†e “Câ€, ou “03†e “05â€, respectivamente, das escalas de Baggiolini e BBCH). Polo tanto AINDA NON HAI QUE APLICAR NINGÚN TRATAMIENTO FRENTE A ESTA ENFERMIDADE.

Plasmopara vitícola - Oosporas (huevos de invierno vistos al microscopio) Plasmopara vitícola - Maduración de la oospora
Excoriose

A excoriose é a patoloxía que precisará a primeira intervención nas viñas, sobre todo se neste período de brotación xúntanse temperaturas suaves-altas con choivas ou humidade relativa moi elevada e se nos viñedos xa se constata a presenza do patóxeno, o que xa é habitual na maioría das fincas (nos demais casos pode obviarse este tratamento). Tamén de momento é cedo para facelo, pero hai que ter en conta que o período de maior sensibilidade das viñas sitúase entre os estados fenolóxicos “Follas incipientes†e “Follas estendidas†(“D†e “E†de Baggiolini), polo que será cando se acaden estes estados cando haxa que tratar cun funxicida autorizado para a enfermidade.

Phomopsis viticola (Excoriosis) - Síntomas en sarmiento Diferentes síntomas de excoriosis
Acariose

A presenza deste ácaro nas fincas pode provocar problemas na brotación, sobre todo se a climatoloxía non é favorable ao crecemento dos gromos e se o ano anterior houbo ataques relevantes. Por iso é conveniente vixiar este momento os viñedos e, se se observan xemas que non abren débese confirmar a causa (pódense enviar mostras aos laboratorios) porque se é debido a estes ácaros haberá que aplicar un tratamento específico. En todo caso, neste inverno recollemos mostras de cerca de 50 viñas de O Condado, O Rosal e O Salnés para avialar as poboacións invernantes e salvo nunha non se rexistrou unha presenza que xustifique a intervención.

Calepitrimerus vitis causante de la Acariosis Colonia de Calepitrimerus vitis_ 30x
Pedroulo e outros gurgullos

Estes escaravellos son outras das pragas que poden provocar problemas na brotación aínda que a súa presenza non é mais que puntual nos últimos anos na nosa zona, polo que unicamente se aconsella vixilancia.

Cneorrhinus dispar - Adulto de pedroulo Adulto en brote de viña