Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
21/04/2017


VIÑA Estado fenológico: [F (acios visibles)] - G (acios separados)
Mildio

As observacións das parcelas de seguimento da nosa rede, doutras fincas que visitamos, e as informacións que nos aportaron outros técnicos e colaboradores demostran a importancia da revisión das viñas: aínda que a maioría xa recibiron unha aplicación, en parte delas apareceron, especialmente nas zonas menos aireadas, algunhas manchas (as máis delas situadas en follas da base do gromo pero tamén cara a zona terminal, e con diferentes graos de esporulación ou sen ela). Ben é certo que os rexistros das estacións meteorolóxicas amosaron algúns días temperaturas nocturnas elevadas unidas a humidade foliar pero, en xeral, fixándose só nestes rexistros climáticos, o nivel de risco non é especialmente elevado, sobre todo tendo en conta que tamén se produciron ventos e que case todas as viñas están dentro do período de protección teórico do tratamento realizado. Porén, todos somos conscientes do clima tormentoso que temos (con e sen aparato eléctrico e con precipitación lixeira ou só algunhas gotas dispersas) o que fai que se incremente o risco.

As diferentes previsións meteorolóxicas anuncian unha continuidade da situación climática actual aínda que con temperaturas diúrnas e nocturnas máis baixas co que, en principio, o nivel de risco non debería ser maior. Con todo, débese vixiar se os tratamentos efectuados lograron frear a infección, e renovar as aplicacións nos casos en que se topen manchas con esporulación viable. Hai que ter en conta que os acios en formación teñen moita sensibilidade ó patóxeno e que unha mala protección das plantas pode dar lugar a ataques neles e por tanto a perdas de colleita xa no inicio da campaña.


Se hai permanencia das condicións ambientais actuais, o nivel de risco en relación a esta enfermidade é medio



As primeiras manchas soen observarse na base do gromo Esporulación en mancha tras 9 dias do tratamento Mancha nova sen esporular Se non se controla ben infección manchas poden afectar a acios próximos


Queremos lembrar que, aínda que agora non é tan importante ó estar aplicando funxicidas sistémicos ou penetrantes, para aproveitar a acción da materia activa de contacto que soe acompañalos, os produtos deben mollar tamén a cara inferior (envés) das follas

1_Cara superior de folla con gotas de fitosanitario 2_Reverso da mesma folla sen fitosanitario


Oídio

As condicións de luz destes últimos días, con néboas nalgunhas zonas e/ou nebulosidade, unidas ós orballos da noite e primeiras horas do día, son favorables a este fungo. Estas condicións parece que van continuar nos próximos días segundo as previsións meteorolóxicas, polo que é conveniente incrementar a vixilancia sobre as variedades máis sensibles como son moitas tintas habituais nas nosas fincas, para así poder anticiparse á aparición de síntomas sobre variedades de menor sensibilidade cas anteriores como é o albariño.

Nas variedades máis sensibles o risco de aparición desta enfermidade é medio neste momento; no albariño é feble

25mayo2016_Primer sintoma de oidio en variedad tinta Crispado de hojas por ataque de oidio
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Nas parcelas da nosa rede de seguimento xa tivemos capturas de Lobesia botrana, en números variables segundo as fincas. De momento as capturas son o único indicio de actividade da praga.

Lembren que cando se van instalar estas trampas é conveniente abrir o envoltorio do difusor 24 horas antes para que libere o exceso de feromona, xa que de non facelo pode haber un exceso de capturas que pode inducir a un tratamento innecesario

Trampa delta para el seguimiento del vuelo de Lobesia botrana instalada a principios de campaña 2017_Primeiras capturas Lobesia
Pedroulo e outros gurgullos

Novamente nos informaron da detección de adultos de pedroulo en máis viñedos, e cunha presenza que, sen ser alarmante, non é normal na nosa zona. Non obstante, o crecemento dos gromos debe evitar danos que si se poderían producir máis no inicio da brotación. Non se estima necesario tratar.

Cneorrhinus dispar - Adulto de pedroulo Adulto de Otiorhynchus sulcatus en brotación
Outros

Algunhas fincas amosan, debido á presenza de erinose, parte das follas basais dalgunha vara parcialmente enroladas, síntomas na cara superior da folla ou mesmo nos pecíolos, pero o desenvolvemento da vexetación réstalle, en xeral, gravidade a este efecto. Canto a outros problemas, observamos algúns caracois esporádicos nalgúns viñedos (sen importancia) e tamén, influído pola seca do solo que temos a estas alturas, algunhas varas con síntomas iniciais de alteracións de madeira.

Cando a erinose é forte Forte presenza de erinose Signos da alimentación do caracol Síntoma de enfermedad de madera
MACEIRA
Moteado

Manchas incipientes de moteado Tampouco atopamos nesta semana síntomas da enfermidade nas nosas parcelas de seguimento. Con todo, é necesario incrementar a vixilancia, en especial en variedades moi sensibles onde se repitan os ataques ano tras ano. O nivel de risco é medio neste momento, e manterase así, ou mesmo baixará, se as temperaturas tamén baixan como prevén as axencias meteorolóxicas.

Oídio

Primeiros sintomas de oidio en maceira Nas parcelas da nosa rede temos que falar de poucos cambios.

Pulgóns

Nesta semana observamos tamén pouca variación canto ás poboacións de pulgón lanífero que toparamos na nosa finca de Areeiro, pero non tivemos consultas nin recibimos mostras na Estación acerca deste áfido. Sen embargo, si recibimos consultas sobre o pulgón verde, dado que apareceu en moitas maceiras de todas as comarcas, aínda que de momento sen maior importancia.

2017_04_11_Colonia pulgón lanífero detectada en Areeiro 19_04_17_Pulgon verde en maceira
Couza da mazá (Cydia pomonella)

Xa se están producindo nalgunhas trampas de feromonas as primeiras capturas desta especie (que tamén pode afectar a pereira, marmeleiro ou nogueira). O número de machos recollido é diferente segundo a zona ou mesmo segundo a parcela, polo que aportar unha recomendación xeral non é posible. Neste momento do ciclo da mazá deberase tratar se nas trampas se recollen máis de 3 machos por semana.

Instalación de trampa delta en manzano al inicio de campaña Primeras capturas de Cydia pomonella en trampa de feromonas
CERDEIRA
Drosophila suzukii

Nas trampas alimenticias que temos instaladas xa capturamos un bo número de adultos desta especie. Porén, nas mostras de froita recollidas non topamos ovos ou larvas.

Macho de Drosophila suzukii y detalles característicos Mosquero utilizado para la captura de adultos de Drosophila suzukii
Mosca da cereixa

Adulto de mosca de la cereza en trampa amarilla Na trampa que temos instalada na nosa finca de Areeiro non capturamos aínda ningún adulto.

Pulgóns

Tamén sobre cerdeira están aparecendo as primeiras colonias de pulgón negro, de momento sen maior importancia pero ás que, en plantacións novas, hai que vixiar para evitar enrolamentos das follas.

Colonia de pulgón en cerezo Brote de cerezo con ataque de pulgon
CÃTRICOS
Moscas brancas/B>

Nesta semana atopamos, nos gromos de todas as zonas, unha importante presenza de adultos de mosca branca. Nos casos en que se observen na maioría dos gromos convirá aplicar un tratamento para evitar o nacemento das ninfas e a instalación dos fungos de fumagina que manchan as plantas e perturban a fotosíntese.

Adultos de mosca blanca en brote y fumagina en base Ramillo de naranjo con ninfas jovenes de mosca blanca Adultos mosca branca e ninfas Trioza Brote de naranjo afectado por Mosca blanca algodonosa de los citricos (Aleurothrixus floccosus)
Pulgóns

Do mesmo xeito que en outras plantas, tamén comezan a observarse colonias de diferentes especies de pulgón nos gromos dos cítricos.

19-04-17 Pulgón en cítrico Colonia de pulgon en citrico