Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
26/05/2017


VIÑA Estado fenológico: I (floración) - J (callado da uva)
Mildio

Especialmente desde o martes día 23 as temperaturas nocturnas teñen sido anormalmente altas (mesmo por riba dos 21ºC -rexistrados por exemplo na estación meteorolóxica de Meder-, aínda que con valores máis repetidos de 17-18ºC) e tamén ten habido certa humidade foliar (algún día e nalgunha estación durante un tempo superior a 4 horas). Pero tamén sabemos que o martes se acadaron rexistros máximos por riba de 30 ºC durante boa parte do día (máis de oito horas nalgunhas localizacións). Por outra banda, desde onte xoves 25 rexístranse tormentas locais de diferente intensidade acompañadas das temperaturas altas que soen ir asociadas a elas.

Na visita do mércores 24 ás fincas da nosa rede de seguimento e a outras que tamén visitamos no noso percorrido semanal puidemos comprobar que nas plantas tratadas non apareceran novos síntomas da enfermidade, nin sequera máis que de xeito esporádico nas plantas que mantemos sen tratar, e que os síntomas antigos presentaban na maior parte a esporulación inviable ou escasa. Porén, desde ese día, na revisión diaria á viña de Areeiro puidemos notar un avance significativo dos síntomas nas plantas sen tratamento, e xa apareceron os primeiros síntomas en acio nesas plantas. De feito, no captador de esporas que temos entre as filas sen tratar notouse un bo incremento da presenza de esporas.

grafica_19052017

Aínda que as condicións de temperatura que se rexistraron estes días nas horas centrais non foron favorables á enfermidade (e máis ben deberían ter freado as infeccións ao limitar a vitalidade dos esporanxios) a realidade é que a humidade relativa do aire tampouco foi baixa nas horas máis frescas, e ademais as tormentas que se están producindo implican condicións extremadamente favorables ao patóxeno a partir de agora. Por tanto, e tendo en conta que a uva se atopa nun momento moi sensible á enfermidade, é necesario tratar tan pronto o permitan as precipitacións.


No caso de ter tratado recentemente, aínda que teoricamente estea a viña protexida polo compoñente funxicida que non é de contacto, non esqueza que é fundamental comprobar a efectividade da intervención, confirmando que non aparezan novos síntomas e que nos antigos non aparecen zonas de avance

24maio17_1_Mancha de aceite vella 24maio17_2_Enves de mancha de aceite vella con esporulación inviable Algunhas manchas de aceite eran moi incipientes 25maio2017_Síntomas en acio en planta control


24maio17_Algunhas viñas están demasiado frondosas Naquelas viñas que presenten un exceso de vexetación débese ser máis coidadoso na aplicación para asegurar que o produto acade tamén os órganos que están máis encerrados na frondosidade








Oídio

Se na semana pasada observaramos o primeiro síntoma en albariño na nosa finca de Areeiro, nesta semana vímolo noutra das nosas parcelas (tamén unicamente nunha folla, como a semana pasada, non en acio). Na variedade tinta onde os detectaramos anteriormente, tamén apareceron novas follas afectadas. Polo tanto, se se aplica algún outro tratamento neste momento, pódese engadir un funxicida antioídio; nos demais casos so incrementar a vixilancia, xa que as choivas fortes que acompañan ás tronadas non favorecen ao fungo.

O risco débese estimar, ademais de polas condicións climáticas, segundo a situación da parcela (son máis sensibles as pouco aireadas), os seus antecedentes e a variedade de uva dominante. Canto ás condicións ambientais, o patóxeno ten un desenvolvemento óptimo a temperaturas de 25 a 30 °C, e a un 40 a 100% de humidade relativa. Choivas finas e luz difusa (por néboas ou nebulosidade) son favorables, e a partir de agora sabemos que entramos nun período no que soen ocorrer episodios con estas condicións


No caso de que houbese que realizar un tratamento e que volva a haber temperaturas moi elevadas (que non están previstas para os próximos días), lembren que o xofre é fitotóxico a temperaturas superiores a 28-30 ºC


Primeiro sintoma oidio en folla  albariño Continua oidio en variedade tinta sensible
Botrite

8jun16_Botritis en extremo de racimo Non observamos síntoma algún desta enfermidade nas nosas parcelas de seguimento (tampouco as condicións favoreceron ata onte ao fungo). Aínda así, o incremento da humidade consecuencia destas tronadas incrementa o risco, en especial nas fincas onde aínda non se desprenderon os capuchóns florais. Por este motivo, convén revisar as viñas (sobre todo se hai variedades sensibles) despois destas choivas para comprobar o estado dos acios: si se observa o micelio do fungo haberá que tratar.

Black rot

Black rot - Detalle de la mancha mostrando Picnidios Nunha única folla dunha das nosas parcelas de seguimento de O Condado observamos o primeiro síntoma da enfermidade nunha folla.

Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

24maio17_Os glomerulos aumentaron lixeiramente Seguimos tendo capturas puntuais de machos de Lobesia botrana (de Eupoecilia ambiguella aínda non recollemos ningún individuo) nas trampas dalgunhas parcelas (noutras non houbo capturas). Iso si, aumentou lixeiramente o número de glomérulos que atopamos.

Cicadélidos

O número de adultos recollidos nas trampas segue sendo reducido, aínda que se observaron máis larvas nos controis ao envés das follas. En calquera caso, o seu número é moi baixo e non é necesario tratar.

Continúan muy bajas las capturas de cicadelidos  Ninfa de Empoasca vitis en hoja de albariño
Altica

Nesta semana só observamos máis síntomas nalgunhas follas da finca de O Condado onde os toparamos anteriormente; en Areeiro non houbo variación canto á presenza deste esfollador.

Face de folla con dano e larva de Altica Folla con necrose limbo por Altica
Ãcaros

24maio17_Xa hai erinose en follas terminais Nesta semana non observamos máis síntomas na parcela de O Condado onde hai dúas semanas atoparamos os primeiros dous exemplares de Calepitrimerus vitis (nas demais fincas continúa sen rexistrarse presenza do ácaro). Pola súa banda, volven a observarse novos síntomas de erinose mesmo nos gromos terminais, o cal non é frecuente a estas alturas da campaña.
Outros

Nesta semana volvemos a observar síntomas de alteracións da madeira nalgunha parcela, sen dúbida a consecuencia do estrés derivado das temperaturas altas rexistradas. Nunha finca mesmo atopamos secado dalgúns brazos. No caso de que o síntoma estea restrinxido, pode procederse despois da floración (e en tempo seco) a unha poda do brazo afectado, desinfectando moi ben a tesoira e aplicando un funxicida sobre o corte. Se non é así, aconséllase que xa se proceda ao marcado das plantas pensando en telas ben identificadas para o seu tratamento diferenciado no momento da poda invernal.
Brazo con síntomas de enfermedad de madera que conviene eliminar
Nunha das nosas parcelas de seguimento de O Rosal levamos xa máis de dous anos observando nas follas os síntomas característicos dunha praga menor que é un pequeno díptero cecidómido chamado Janetiella oenephila. A semana pasada recibimos na Estación unha mostra de O Salnés con eses síntomas, e hai uns días unha consulta dunha finca de Rianxo (A Coruña) onde tamén se observan, polo que parece que se está a estender nas nosas viñas. Os síntomas (ver fotos) concéntranse nas follas e son pequenas bugallas circulares de 2-4 mm de diámetro, duras, visibles por face e envés da folla, de cor verde inicialmente e despois granate-marrón. Estas pequenas bugallas levan dentro as larviñas de cor laranxa-rosado da especie. O síntoma é bastante visible pero en ningún país no que está presente este insecto (os países do sur de Europa e Turquía ou Líbano) tiveron importancia económica, polo que non é preciso aplicar tratamentos, que ademais tampouco serían eficaces unha vez as bugallas están formadas (serían efectivos fronte aos adultos, que aparecen máis dun mes antes). Non son o mesmo, pero poderían nun momento dado confundirse con síntomas de erinose ou mesmo de filoxera, polo que aportamos unha táboa na que se reflicten as diferenzas:

Bugallas de Janetiella pola face Bugallas de Janetiella polo enves As bugallas de Janetiella tamen poden estar nos nervios Larvas e seus  buracos de saida de J oenephila


Axente causal Síntomas Imaxes
Erinose (Colomerus vitis) A face da folla aparece inchada en pequenas bugallas. No envés hai desenvolvemento exaxerado dos pelos da viña, que primeiro se miran brancos e despois acastañado ou granate
Colomerus vitis - Síntomas en haz Colomerus vitis - Síntomas en envés
Filoxera (Daktulosphaira vitifoliae) Bugallas saíntes e con protuberancias no envés da folla que se corresponden na face cunha simple cicatriz
Bugallas de filoxera
Janetiella oenephila Bugallas pequenas e circulares nas dúas caras da folla (máis síntomas no texto)
Janetiella oenephila_face Janetiella oenephila_enves
MACEIRA
Moteado

O risco de infección será relativamente elevado a partir de agora debido ás choivas que se están a producir. Polo de agora nos non atopamos síntomas, nin nas nosas parcelas de seguimento nin noutras que revisamos, pero tamén é certo que non temos variedades especialmente sensibles.

Mancha incipiente de moteado del manzano
Oídio

Na variedade Golden da nosa finca de Areeiro observamos síntomas viables en moitos gromos, pero imos comprobar a evolución da enfermidade despois destas choivas fortes que se están a rexistrar, xa que non lle son favorables.

Daños de oidio en brote de manzano Brote de manzano completamente invadido por oidio
Pulgóns

Nas nosas parcelas de seguimento a presenza de colonias mantivose nesta semana en niveis estables.

19_04_17_Pulgon verde en maceira Colonia de pulgón cincento
Couza da mazá (Cydia pomonella)

Capturas de machos de Carpocapsa pomonella en una semana Se na semana anterior non tiveramos capturas nas trampas das nosas parcelas de seguimento, nesta semana na de Areeiro se superou claramente o limiar de machos recollidos. Con todo, e como non miramos aínda os primeiros síntomas, imos deixar evolucionar as poboacións de xeito natural.

MARMELEIRO
Entomosporium maculatum

Empezamos a observar nas follas as manchas características deste fungo. Coas condicións favorables (humidade e temperatura) que hai desde onte poden aumentar a súa incidencia. Por este motivo hai que incrementar a vixilancia e, no caso de que as manches continúen evolucionando, aplicar un tratamento (consulten aos técnicos) para evitar a defoliación prematura das árbores que levaría asociada a falta de maduración dos marmelos.

Síntomas de Entomosporium maculatum sobre hoja de membrillo Manchas de Entomosporium con los cuerpos frutiferos del hongo en el centro
PATACA
Mildio

Lembren que despois choivas e en tempo máis seco increméntase a evaporación da auga do solo e isto supón un ambiente moi favorable ao patóxeno polo que despois deste episodio de tronada haberá que renovar os tratamentos.

Brote terminal de patata necrosado a consecuencia del mildiu Esporulación de mildiu en racimo de planta testigo_24junio2014
Escaravello da pataca

En fincas non tratadas empezan a observarse larvas deste insecto esfollador

Larva de escarabajo y sintomas de su alimentacion 13jul16_Danos por escarabajo de la patata
BUXO
Cydalima perspectalis

Nesta semana observamos varias postas do insecto (costa moito detectalas, pois os ovos son moi pequenos, medindo cada un 1 mm) e tamén novos adultos nalgunhas sebes. Ademais, de todas as postas detectadas xa había unha que eclosionara, e tamén observamos as primeiras larviñas. Dados os graves danos que xa produciron na primeira xeración é necesario tratar.

Ovos de C perspectalis evolucionando 10X Ovos de C perspectalis eclosionados 40x Eirugas neonatas Cydalima en planta Aspecto parcial de buxo tras ataque primeira xeracion Cydalima
AMENEIROS E SALGUEIROS
Insectos esfolladores

Nalgunhas zonas parece, a certa distancia, que estas especies de árbores están a secar por presentar as follas dunha cor marrón. Estes síntomas poden ser debidos a patóxenos do solo ou a outras causas como pode ser a especial climatoloxía deste ano. Non obstante nalgúns casos podemos observar que se deben ao ataque destes insectos. No Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio o único produto insecticida autorizado en especies frondosas é o "aceite de parafina 100% [UL] P/P" (líquido para aplicación por ULV), polo que calquera potencial intervención deberase realizar con este produto, respectando obviamente as especiais condicións de aplicación de fitosanitarios para os espazos onde adoitan estar estas especies vexetais (ribeiras de ríos etc.).

Ramiñas de ameneiro con ataque de crisomélido Algunhas follas danadas por crisomelidos teñen aspecto seco Síntoma del ataque de crisomélidos en sauce