Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
14/07/2017


VIÑA Estado fenológico: L

12xull17_Nas viñas adiantadas hai indicios de pintado
O tempo soleado que en xeral estamos a ter neste verán permitiu que nestas datas xa se empecen a observar nas viñas máis adiantadas os primeiros acios de Albariño co brillo característico do inicio do pintado. Loxicamente non é a situación máis habitual nas viñas e só a observamos en dúas fincas de O Condado pero é significativo que se aprecie a estas alturas.

Mildio

En xeral, durante os días transcorridos desde o aviso anterior, as condicións climáticas foron estables, con mantemento de temperaturas altas tanto de día como de noite, humidade relativa en valores medios e poucas ou ningunha hora de humidade foliar. Como é sabido estas condicións non favorecen o desenvolvemento do fungo causante do mildio (Plasmopara viticola) co que, como era previsible, tivemos un descenso significativo na carga de esporas do fungo recollida polo captador situado entre as filas sen tratamento da viña de Areeiro.

grafica_19052017
Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
(colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense –Universidade de Vigo)

Estas condicións tamén tiveron o seu reflexo na situación das viñas canto á presenza de síntomas: en xeral non teñen aparecido manchas, e só nalgunhas viñas cun desenvolvemento elevado de gromos atopamos manchas novas a consecuencia das choivas acontecidas a finais da semana pasada. Pola súa banda, os acios aparecen totalmente libres de mildio nas parcelas tratadas, xa que a súa sensibilidade é menor a estas alturas, e en xeral están moi sas porque en realidade nesta campaña a virulencia da enfermidade pódese considerar reducida.
Para os próximos días as diferentes axencias meteorolóxicas anuncian tempo globalmente estable, aínda que algunhas prevén precipitación para mércores 19 e/ou xoves 20, o que fará que se incremente o risco. Polo tanto, de momento só se estima necesario continuar a vixilancia á espera de comprobar a evolución da fenoloxía nestes días (lembren que desde o pintado o fungo non afecta ao acio) e das posibles precipitacións que poidan chegar, que en principio xerarían novos síntomas a partir do domingo 23 ou luns 24.


É fundamental o control do excesivo desenvolvemento da vexetación e do exceso de gromos novos que se observa nalgunhas viñas para evitar calquera dano potencial que se poida producir nos acios, que maioritariamente aínda non iniciaron o pintado


12xull17_Manchas novas en folla tenra 12xull17_O estado sanitario dos acios e bo 12xull17_Exceso de gromos novos

Oídio

Nas parcelas da nosa rede de seguimento só observamos síntomas sobre un par de acios dunha planta da comarca de O Rosal. No resto de fincas, a situación dos acios é moi sa, e só nalgunhas follas esporádicas apareceron pequenos puntos con presencia do fungo.

12xull17_Acio con oidio_1 12xull17_Acio con oidio_2 12xull17_Síntoma de oidio en folla xoven
Botrite

Continuamos sen ter condicións climáticas favorables ás infeccións, e de feito a carga de esporas deste fungo que se recolle no captador situado entre as filas testemuña da nosa finca de Areeiro é baixa.

grafica_19052017
Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
(colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense –Universidade de Vigo)


28xuñ17_O aspecto xeral do albariño e moi bo 28xuñ17_Tamén os acios de Loureira están sas
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Continúan sendo reducidas as capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas das nosas parcelas de seguimento. Canto ás postas (ovos) e ás penetracións das eirugas, datos que son fundamentais para decidir se tratar ou no, nesta semana tampouco observamos en ningunha das viñas.

28xuñ17_Gran con penetración couza Penetración couza con eiruga entre dous grans
Cicadélidos

Despois de semanas de falar da práctica ausencia de cicadélidos capturados nas trampas, na revisión que fixemos o mércores día 12 si observamos un aumento importante no número de adultos de Empoasca vitis que se recolleu nunha das nosas parcelas de seguimento de O Salnés. Trátase dunha situación excepcional nas nosas viñas, porque no resto segue a manterse a situación anteriormente referida, e de feito nalgunha delas non se recolleu practicamente ningún exemplar a estas alturas do ano. No que a recontos de ninfas nas follas se refire, apenas as atopamos, e ningunha aínda de Scaphoideus titanus.

12xull17_Incremento cicadelidos finca Salnes 12xull17_Nalgunhas viñas non se recolleron cicadelidos na campaña Ninfa de Zygina rhamni en folla
Ãcaros

Continúa a situación de ausencia de síntomas de acariose ou de araña vermella, e de individuos nas follas que recollemos para a súa visualización baixo a lupa. Tampouco nas mostras de viña recibidas na Estación os atopamos. Iso si, nas fincas con maior presencia de erinose os síntomas son agora máis visibles debido á coloración escura dos pelos da viña hipertrofiados que xa empeza a observarse.
12xull17_Empeza cambio cor pelos viña por erinose 12xull17_Empeza cambio cor erineas
Outros (trips, enfermidades de madeira e golpes de sol)

Na viña de O Salnés onde a semana anterior apareceron poboacións de trips comezamos a ver esta semana síntomas máis evidentes, apreciándose efectos no crecemento dos gromos afectados (aspecto achaparrado, achatado). Ademais, a observación ao microscopio dos individuos preparados a partir das mostras recollidas a semana anterior levaron a identificalos como pertencentes á especie Drepanothrips reuteri (poden consultar información sobre este trips na nosa ficha técnica número 62, Drepanothrips reuteri Uzel (1895). Thrips da vide.). Baixo a lupa observamos que de momento as poboacións non son moi elevadas, polo que seguiremos esperando a ver a evolución antes de tomar a decisión de recomendar aplicar un tratamento.

Aspecto achaparrado dun gromo de viña Adulto de Drepanothirps reuteri en folla de viña Ninfas de Drepanothrips reuteri

Canto ás enfermidades da madeira e os golpes de sol, a situación estabilizouse esta semana, aínda que de seguir este clima seco (que non dan todas as previsións) sen dúbida continuarán aparecendo.

05xullo17_Acio de Treixadura con golpe de sol 05xullo17_Exteriorizacion de sintomas de alteracións de madeira
HORTÃCOLAS EN RECOLECCIÓN
Varias pragas

Naqueles cultivos como o tomate ou a pataca onde se están a levantar plantas pola colleita, lémbrase a importancia de eliminar todos os restos das fincas, pois poden albergar a diferentes pragas. Todos sabemos que o máis habitual é non retiralos (sobre todo nas patacas), pero coa súa eliminación reducimos o nivel das poboacións dos parasitos para o ano seguinte.
Os restos do cultivo deben eliminarse Restos de cultivo que deben ser eliminados
BUXO
Cydalima perspectalis

Continúan avanzando os síntomas nas sebes non tratadas, paralelamente ao incremento do tamaño das eirugas. Tamén nesta semana observamos novos adultos.

Lembren que nos tratamentos poden utilizar produtos naturais como o aceite de parafina ou o azadiractin, ou senón cipermetrin, deltametrin ou outros piretroides (de orixe sintética). En todos casos débese mollar moi ben as plantas, mesmo no interior das sebes


12xull17_Continua a defolicacion nas sebes non tratadas Oruga desarrollada de Cydalima perspectalis
CAMELIA
Ãcaro del botón floral (Cosetacus camelliae)

A elongación dos gromos é o momento idóneo para aplicar un tratamento fronte a este ácaro, e nestes días está a iniciarse en moitos cultivares. Na actualidade, as materias activas rexistradas fronte a ácaros en camelio son abamectina, aceite de colza + piretrinas, aceite de parafina, xofre e oxamilo.

05xullo17_Brotacion en cultivar de camelia 05xullo17_Algunos cultivares de camelia muestran brotacion Capullos de camelia afectados por Cosetacus camelliae