Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Áreas de Traballo » Bioloxía Molecular



Sección de Bioloxía molecular

A detección e identificación de fungos, nematodos, bacterias e virus lévase a cabo a partir de estruturas do patóxeno ou de material vexetal sintomático ou asintomático de especies agrícolas, ornamentais e forestais. Serve de complemento á identificación levada a cabo por outras técnicas no resto dos laboratorios.

Doutra banda, púxose en marcha o servizo de secuenciación automática de ácidos nucleicos, que permite secuenciar directamente fragmentos de PCR, que facilita a identificación de moitos microorganismos cuxos diagnósticos resultaban complicados ou dubidosos por outras técnicas.

Paralelamente ó traballo de diagnóstico, lévanse a cabo proxectos de investigación aplicada que pretenden coñecer a incidencia, distribución e bioloxía de diversos patóxenos, as características das enfermidades que causan, e os métodos máis adecuados para minimizar ou reducir de forma efectiva os danos que ocasionan.

Estúdanse sobre todo os fungos do xénero Armillaria, xa que causan podremia branca radicular en especies agrícolas e forestais de grande importancia económica en Galicia. Outra liña de investigación céntrase na detección e identificación do xénero Mycosphaerella, causante dunha enfermidade foliar moi estendida nas plantacións galegas de eucalipto. Esta unidade realiza tamén proxectos de investigación para desenvolver métodos de control de Cryphonectria parasitica, fungo responsable do cancro do castiñeiro que ocasiona enormes perdas nos soutos do noroeste de España.