Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Áreas de Traballo » Edafoloxía



Sección de Edafoloxía

A súa tarefa principal é a análise química da fertilidade dos solos agrícolas e o correspondente asesoramento para adaptar as súas características ás necesidades do correspondente cultivo a petición dos agricultores, cooperativas e usuarios en xeral. En resumo, trátase de efectuar un estudo-diagnóstico de cada solo e propoñer medidas para a súa corrección.

Traballa, por outra banda, en proxectos de investigación aplicada á agricultura; en concreto, no estudo da nutrición mineral dos cultivos -fundamentalmente kiwi e viña-. En segundo lugar, e en relación coa necesidade de propoñer medidas para a corrección, efectúan diversas experiencias controladas de resposta dos cultivos a diferentes formas de fertilización orgánica ou mineral, así como a distintas doses de cal tanto en campo coma en maceta. Para todo isto, o laboratorio efectúa análises químicas foliares así como análise de metais pesados en materiais orgánicos e solos.




Diagnóstico
de Fertilidade



Actividades de
Investigación
Aplicada