Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Áreas de Traballo » Fitopatoloxía » Unidade de Artrópodos


Unidade de Artrópodos

Desenvolve actividades que, basicamente, están enfocadas cara ós seguintes campos de traballo:
  • Diagnóstico dos insectos e ácaros, e dos seus danos, procedentes das mostras recibidas na Estación de particulares, servizos oficiais ou pertencentes a convenios e a proxectos establecidos pola Estación con organismos de dentro e de fóra de Galicia. Ademais, tamén se levan a cabo traballos de investigación encadrados dentro daqueles proxectos ou convenios.

  • Realización de prospeccións destinadas á detección de artrópodos relevantes, moitos de declaración obrigatoria na UE, sobre cultivos agrícolas, forestais e ornamentais. - Realización de ensaios de campo e de laboratorio con produtos fitosanitarios, tanto para avaliar a súa eficacia fronte ós patóxenos e pragas como para determinar os seus posibles efectos secundarios sobre insectos ou ácaros útiles.

  • Control biolóxico e integrado, con traballos de campo e laboratorio destinados á optimización do control fronte a pragas que se atopan nos cultivos e especies vexetais en xeral máis importantes na provincia de Pontevedra. No laboratorio efectúase a cría experimental dalgúns artrópodos beneficiosos para seren utilizados no control dos distintos organismos que afectan ós nosos cultivos. Unha vez que se pon a punto a técnica pertinente no laboratorio, transfírese a tecnoloxía a empresas privadas.

  • Dentro desta unidade estanse a realizar estudos biomecánicos ou de perigosidade do arboredo urbano mediante análises visuais e instrumentais, o que abre unha nova vía de traballo na Estación. Finalmente esta unidade é a encargada de levar a cabo os seguimentos e a elaboración dos Avisos Fitosanitarios, realizados semanalmente para informar os agricultores sobre o estado fitosanitario dos nosos cultivos a nivel provincial.