Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Áreas de Traballo » Fitopatoloxía » Unidade de Virus


Unidade de Virus

Nesta unidade realízanse determinacións das enfermidades causadas por virus nos nosos cultivos. Debido ao tamaño ultramicroscópico destes organismos, as técnicas de diagnóstico que se aplican son serolóxicas e moleculares.

As análises efectúanse a partir do material vexetal das mostras que se reciben na Estación Fitopatolóxica do Areeiro. En especial destacaremos as efectuadas aos organismos patóxenos que teñen regulado por lei o seu control:
  • Mostras das inspeccións oficiais do control de virus en viveiros de plantas hortícolas para a detección de diferentes enfermidades como: Tomato spotted wilt tospovirus (TSWV), Tomato yellow leaf curl begomovirus (TYLCV), Pepino mosaic Virus (PepMV) e outras viroses non incluídas dentro desta categoría, pero que teñen igualmente importancia dentro destes cultivos.

  • No cultivo da viña realízanse análises dos viveiros de plantas nai e das plantacións establecidas para a detección do Entrenó curto infeccioso (GFLV), Enrolado (GLRV 1, 2 e 3), Xaspeado (GFKV) e o Virus do Mosaico do Arabis (ArMV).

  • Detección de viroses graves (PVY e PLRV) en plantacións de pataca de semente seleccionada.

  • Control de viroses en froiteiras, en concreto o virus da Sharka (PPV).