Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Áreas de Traballo » Fruticultura e Ornamentais



Sección de Fruticultura e Ornamentais

Esta sección asesora e aconsella ás empresas, ós agricultores e particulares que o solicitan sobre diferentes aspectos do cultivo de especies vexetais, tanto froiteiras e hortícolas como ornamentais.

Nas cinco hectáreas da E.F. Areeiro considerouse de interese a implantación de novos cultivos para a nosa zona ou novas variedades produtoras que puidesen ser, nun momento dado, complementarias das tradicionais. Deste xeito establecéronse plantacións experimentais de diferentes froiteiras e xurdiron progresivamente as plantacións de kiwi, aguacate ou feixoa, guaiabo ou kiwiño e outras máis propias de climas mornos (framboesa, arando, grosella...). Á marxe destas zonas de experimentación con especies foráneas, tamén as especies froiteiras tradicionais teñen cabida na finca, representadas por maceiras, mirabeis, cerdeiras, etc,

Ademais da recuperación das antigas zonas axardinadas, tamén se establecen outras novas nas que podemos admirar ademais de diferentes árbores e arbustos a meirande parte das especies e cultivares de camelia que forman a colección de Camelia da Deputación de Pontevedra que constitúe un referente mundial.




Unidade de
Ornamentais



Unidade de
Fruticultura



Propagación e
Reproducción
de Plantas