I SIMPOSIO IBEROAMERICANO
- IV JORNADAS IBÉRICAS DE HORTICULTURA ORNAMENTAL
O Comité Organizador invita a
investigadores, técnicos e profesionais no ámbito da Horticultura
Ornamental a participar e a presentar comunicacións no I Simposio
Iberoamericano - IV Jornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental que se
celebrará en Pontevedra (España) do 14 ao 18 de outubro de 2008.
Este simposio, incluído dentro das actividades anuais da Sociedad
Española de Ciencias Hortícolas (SECH), está organizado
pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro, e conta coa
colaboración do Consejo Superior de Investigaciones Científicas
(CSIC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Así mesmo, convídase a participar no Simposio e as
Xornadas a estudantes, fundamentalmente do terceiro ciclo universitario e
másters de especialización, para os que se estableceron cotas
reducidas.
O evento aspira a ser foro de
encontro para científicos, técnicos e profesionais do sector,
onde se expoñan as liñas de traballo actuais e se promova a
colaboración entre universidades e centros de investigación con
empresas.