UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA |
||||
Inicio » Publicacións » Artículos en Revistas Científicas e Divulgativas » 2008 |
Pests and diseases
detected in Spain International Camellia Journal 2008, 40: 59-65 |
|
Salinero, C., Mansilla J.P., Abelleira, A., Aguín O., Pérez, R., Pintos, C. Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España. efa@efa-dip.org RESUMO: Nos
últimos anos, o número de pragas e enfermidades detectadas en
camelia aumentou considerablemente. Este feito pode estar relacionado coa
xeneralización e o aumento do comercio internacional e do intercambio de
material vexetal que contribuíu á diseminación dos
patóxenos. Ademais, as condicións ambientais nas que se
desenvolve tamén poden afectar á aparición de pragas e
enfermidades. Neste traballo, preséntase un resumo das principais pragas
e enfermidades detectadas en Galicia, facendo especial énfase na data de
detección, a evolución da enfermidade ao longo dos anos, a
súa incidencia actual e nalgúns casos as medidas a levar a cabo
para controlar a enfermidade. |
|
Pollen production and
germination in Camellia japonica cultivars 2008 American Camellia Yearbook |
|
P. Vela¹, C. Salinero¹, P. Piñón¹ y M.J. Sainz² ¹ Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España. pvela@efa-dip.org ² Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España RESUMO: A selección de liñas parentais para a obtención de novos cultivares de Camellia japonica vese dificultada polo feito de que as flores de moitos cultivares non teñen órganos reprodutores funcionais e pola falta de información en xeral sobre a fertilidade dos cultivares de camelias ornamentais. Neste traballo avaliouse a produción e fertilidade do pole de 15 cultivares de C. japonica para a selección de parentais masculinos que poidan utilizarse na obtención de novos cultivares de interese comercial. Fixéronse mostraxes de flores ás que se lles cortaron as anteras para a obtención do polen, estimándose o peso do polen liberado por cada flor. Leváronse a cabo estudos de xerminabilidade do pole, utilizando pole fresco e conxelado. Os cultivares 'Thelma Dale' e 'Silver Cloud' resultaron os mellores candidatos como parentais portadores de pole para o desenvolvemento de novos cultivares, debido a que producen cantidades suficientes de pole e este posúe unha xerminabilidade superior ao 40%. |
|
1247 | |
Caracterización
morfológica y molecular de las poblaciones de Cryphonectria
parasitica en castaños de Galicia BOLETÍN DE SANIDAD VEGETAL Volumen 34 Nº4 2008 4º Trimestre Pag:581-594 |
|
O. Aguín1,D. Montenegro1, M.J. Sainz2, M. Hermida1, J.P. Mansilla1 1 Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España 2 Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España RESUMO: O cancro do
castaño, causado por Cryphonectria parasitica, é unha
enfermidade amplamente estendida nas zonas de castaño de todo o mundo.
As únicas perspectivas actuais para o seu control baséanse no
coñecemento das poboacións do fungo nos soutos afectados e a
aplicación de cepas hipovirulentas. Realizouse un estudo da
bioloxía das poboacións de C. parasitica en
castiñeiros das provincias de Lugo e Ourense para coñecer a
diversidade dos tipos de compatibilidade vexetativa (vc) e sexual, e a
incidencia de cepas hipovirulentas. Obtivéronse 610 illados, que en
cultivo, mostraron na súa maioría un fenotipo virulento.
Só catro illados da provincia de Lugo presentaron ARNbc, demostrando a
presenza de hipovirulencia. A caracterización molecular dos hipovirus
determinou que pertencían ao subtipo E de Cryphonectria hypovirus
1 (CHV1-L). |
|
1249 | |
Diversity of
vegetative compatibility types, distribution of mating types and ocurrence of
hypovirulence of Cryphonectria parasitica in chestnut stands in NW
Spain Forest Ecology and Management 256 (2008) 973-980 |
|
D. Montenegroa, O. Aguína, M.J. Sainzb, M. Hermidaa, J.P. Mansillaa,b a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España b Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España RESUMO: Realizouse unha
mostraxe extensiva nos castañais do noroeste de España para
estudar a bioloxía da poboación de Cryphonectria
parasitica co obxectivo de deseñar programas de control
biolóxico do cancro do castiñeiro baseados na introdución
de cepas hipovirulentas nativas. Obtivéronse 539 asilados de
Cryphonectria parasitica, pertencentes a 5 poboacións (A
Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e León). A diversidade de
grupos de compatibilidade vexetativa foi moi baixa. Detectáronse seis
tipos de compatibilidade vexetativa, mostrando cada unha das poboacións
unicamente de 2 a 4 tipos de compatibilidade vexetativa. Dous dos tipos de
compatibilidade vexetativa atopados correspondéronse coas cepas de
referencia europeas EU1 e EU66, e os outros catro eran tipos de compatibilidade
vexetativa non descritos (E1, E2, E3 e E4). E1 foi o tipo de compatibilidade
vexetativa dominante nas poboacións de Lugo e Ourense, mentres que EU1 o
foi en Pontevedra e León. Os illados hipovirulentos (un total de 15)
foron unicamente detectados na poboación de León, deles todos
excepto un eran compatibles co tipo de compatibilidade vexetativa EU1. As cepas
hipovirulentas pertencían ao subtipo francés F1 pertencente ao
subtipo F1 do Cryphonectria hypovirus-1 (CHV1). |
|
1248 | |
Winter and spring
ecology of Anaphes nitens, a solitary egg-parasitoid of the
Eucalyptus snout-beetle Gonipterus scutellatus International Organization for Biological Control (IOBC) 2008 |
|
Serena Sontolamazza-Carbone¹, Montserrat Pestaña Nieto¹, Rosa Pérez Otero², Pedro Mansilla Vázquez² and Adolfo Cordero Rivera³ ¹ Sección de Fitopatología, Centro de Investigación e Información Ambiental de Lourizán, 36080 Pontevedra, España ² Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España ³ Universidad de Vigo, EUET Forestal, Grupo de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación, Campus Universitario, 36005 Pontevedra, España RESUMO: Investigamos os
efectos da temperatura, o fotoperíodo, a dispoñibilidade de
alimento e a presenza do hóspede e o tamaño do corpo na
capacidade de invernación do parasitoide Anaphes nitens Girault
(Hymenoptera, Mymaridae) en condicións naturais. Sete grupos de corenta
femias recibiron un dos catro tratamentos establecidos (n = 20): (i) mel e
hóspedes, (ii) auga e hóspedes, (iii) mel, ou (iv) auga. Sete
grupos de corenta machos recibiron unicamente mel ou auga (n= 20). Para
comprobar se os días curtos son a principal razón para a latencia
larval, o experimento replicouse dentro dunha cámara aclimatada a 20
ºC e cun fotoperíodo invernal. A. nitens entra en latencia
debido á quiescencia ou oligopausa que ten lugar dentro do
hóspede e co aumento na lonxevidade do hóspede. A mortalidade
media de preemerxencia alcanzaba o 26% no interior e o 15,2% no exterior, e
afectaba en maior medida aos machos. O momento de desenvolvemento tivo un
efecto significativo e positivo no tamaño do corpo. As femias que se
alimentaban de mel posuían a maior lonxevidade (53 días). A dieta
da nai e o tamaño afectaron ao período de desenvolvemento,
tamaño do corpo, lonxevidade e fecundidade da descendencia. Os
resultados confirman a adecuada adaptación do parasitoide ás
condicións ambientais do noroeste da Península Ibérica e
á súa capacidade para sincronizar o seu ciclo biolóxico
coa fenoloxía do hóspede. |
|
Primeros Estudios de
la Diversidad y Persistencia de Nematodos Entomopatógenos en Suelos de
Castaño en Galicia IInd Iberian Chestnut Congress. Acta Hort. 784, ISHS 2008 Pax:181-186 |
|
A. Picoaga¹, A. Abelleira¹ and J. P. Mansilla¹ ¹ Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, España RESUMO: En Galicia, o
valor económico do castiñeiro (Castanea sativa Mill.)
reside sobre todo no froito, pero a súa produción vese reducida
debido ás pragas de insectos que diminúen notablemente a
súa calidade e valor comercial. Estudos realizados nesta comunidade
mostran que as especies fitófagas que causan maiores danos son: Cydia
splendana Hb., Curculio elephas Gyll. e Cydia fagiglandana
Zel. Un método alternativo para loitar fronte estas pragas é a
utilización de nematodos entomopatóxenos (NEP's) dos
xéneros Steinernema e Heterorhabditis. Estes nematodos son
parasitos obrigados de insectos e están asociados simbióticamente
a unha bacteria que lles permite ser altamente efectivos como bioinsecticidas,
matando á larva hóspede en 24-48 h. |
|
A selective PCR-based
method for the identification of Phytophthora hibernalis
Carne Spanish Journal of Agricultural Research 2008 6(1) Pax:78-84 |
|
D. Montenegro¹, O. Aguín¹, C. Pintos¹, M. J. Sainz² and J. P. Mansilla¹² ¹ Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, España ² Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España RESUMO: A podremia
marrón do froito en cítricos ocasiona importantes perdas
económicas en pre e post colleita ao redor do mundo. Polo xeral esta
enfermidade está provocada por varias especies de Phytophthora.
En España, P. citrophthora é o principal causante desta
patoloxía, sen embargo nos últimos anos, P. hibernalis
Carne foi detectado ocasionando danos en limoeiros e laranxeiras localizadas no
noroeste do país. Neste traballo, desenvolveuse un método de PCR
para o diagnóstico de P. hibernalis tanto a partir de micelio en
cultivo como directamente en lesións de froito.
Deseñáronse un par de primers específicos, PHIB1 e PHIB2,
a partir de secuencias das rexións ITS1 e ITS2. Estes dous primers
amplificaron un fragmento de 407 pb, que foi secuenciado (Acc. No. AY827556).
Os resultados demostraron que a amplificación por PCR das rexións
ITS mediante os primers PHIB1 y PHIB2 seguida pola secuenciación do ADN
permiten unha identificación rápida, selectiva e fiable de P.
hibernalis |
|