»Aphys gossypii: Varias especies herbáceas
(Malváceas, Cucurbitáceas...) e leñosas (ornamentais,
froiteiras -cítricos especialmente)
»Toxoptera aurantii: Ataca a árbores e arbustos
ornamentais e froiteiras, sobre todo aos cítricos.
Medidas culturais:
Realizar achegas de
fertilizantes equilibrados, evitando especialmente o exceso de
nitróxeno.
Intervención química:
Unha vez confirmada a presenza de pulgóns, e comprobado que
non foron parasitados de forma espontánea ou que non existen
depredadores, pódense aplicar tratamentos con fenitrotion, imidaclorprid
ou pirimicarb
Observacións:
Existen na natureza numerosos inimigos naturais dos pulgóns
(crisópidos, coccinélidos, sírfidos...) que poden reducir
as súas poboacións, polo que en caso de realizar tratamentos
químicos de calquera tipo deben elixirse produtos respectuosos con estes
beneficiosos.