UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA |
||||
Inicio » Información Fitosanitaria » Primeiras Deteccións - Globodera pallida |
|
DETECCIÓN DE Globodera pallida EN
GALICIA. Globodera pallida (Stone, 1973) Behrens 1975 é un nematodo formador de quistes que xunto a especie Globodera rostochensis (Wollenweber, 1923) Skarbilovich 1959, o nematodo dourado, causan importantes perdidas no cultivo da pataca, e ámbalas dúas especies denomínanse 'nematodos do quiste da pataca'. Son endoparásitos obrigados e posúen unha gran capacidade de adaptación, polo que son difíciles de erradicar, as femias ao morrer endurecen a súa cutícula e no seu interior atópanse 600-800 ovos que poden permanecer en fase latente durante varios anos se as condicións lle son adversas. Os danos principais debido a estes nematodos son reducións importantes nas colleitas e tubérculos de pequeno tamaño. Ámbolos dous patóxenos son de corentena e atópanse incluídos na Lista A2 da EPPO (European and Mediterranean Plant Protection Organization), e na Directiva 27/33/CE DO CONSELLO DO 11 de xuño de 2007 relativa ao control dos nematodos do quiste da pataca e pola que se deroga a Directiva 69/465/ CEE nas que se establece as medidas que os estados membros deben adoptar contra os nematodos do quiste co fin de detectar a súa aparición, determinar a súa distribución, evitar a súa propagacion e telos baixo control. En Galicia Globodera rostochensis está amplamente distribuída en todas as zonas produtoras de pataca, con todo Globodera pallida na nosa comunidade aparece puntualmente, durante o ano 2007 determinouse en dúas mostras no noso laboratorio, ata o momento, non estaba recoñecida a súa presenza en Galicia segundo a publicación de Belo A., et al. 2005 na que se estuda a distribución dos nematodos de corentena en España, entre os cales esta incluído Globodera pallida.
|