|
|
DETECCIÓN DE HETEROBOSTRYCHUS
HAMATIPENNIS Lesne (Coleoptera: Bostrichidae: Bostrichinae) EN
ESPAÑA
En setembro de 2007
detectouse o bostríquido Heterobostrychus hamatipennis nunha
mostra de fibras dunha palmeira fortemente degradada procedente dun
xardín privado. Trátase dunha especie de orixe asiática
polífaga e xilófaga que, tanto en estado larvario como adulto,
aliméntase de madeira seca de árbores en pé e/ou apeados,
de diversas especies, entre as que se atopan sauces, bambús e outras
leñosas cun alto contido de almidón na albura. Antes de que se
puidese realizar un seguimento da evolución do dano, a planta foi
retirada e queimada, polo que se pode supoñer que únicamente se
trata dunha detección puntual e que non se produciu un establecemento da
especie.
En Europa, a única
referencia ata este momento era a súa detección en Bélxica
(EPPO Reporting Service, 2005) en obxectos de Salix sp. importados de
China en outubro de 2004.
Imago: Vista
lateral |
Imago: Vista dorsal |
Imago: Detalle da Cabeza
e o Pronoto |
|