|
|
DETECCIÓN EN GALICIA DE SCAPHOIDEUS
TITANUS Ball VECTOR DA FLAVESCENCIA DOURADA
A flavescencia dourada é unha agresiva enfermidade da
vide provocada por un fitoplasma. As consecuencias inmediatas da súa
presenza son perdas de rendemento máis ou menos evidentes; co
transcorrer do tempo, se a enfermidade se estende por unha plantación,
as cepas acaban sucumbindo na súa totalidade.
O fitoplasma é un patóxeno
de corentena para a Unión Europea que xa está presente
nalgúns países, con focos no sur de Francia e norte de Italia. En
España introduciuse fai dez anos na comarca catalá de l'Alt
Empordà. O vector natural da enfermidade é Scaphoideus
titanus Ball, homóptero da familia Cicadellidae que non causa
danos directos importantes nas viñas pero que por transmitir a
enfermidade ten unha importancia económica destacable. En Galicia
realízanse programas específicos de detección desde 1999,
e ata 2007 non se atopou o vector. Con todo, no mes de setembro dese ano
apareceron dous exemplares nunha trampa instalada no concello de Crecente
(Pontevedra), o cal esixe un programa de detección e seguimiento
máis exhaustivo de cara ao futuro. De calquera xeito, ata o momento non
se detectaron síntomas concretos da flavescencia.
Ovipositor |
Scaphoideus
titanus |
|
|
|