Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2002

Fourth International Congress of Nematology, Tenerife 2002

Descargar en Formato PDF 545


Survey of the pine wilt nematode and its vector insects in the autonomic community of Galicia, northwestern Spain.

ABELLEIRA, A.¹, M. ESCUER², J.P. MANSILLA¹, M. ARIAS², A. BELLO²
1 Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, Spain




RESUMO:      Como o nematodo do piñeiro B.xylophilus foi detectado en Portugal, leváronse a cabo varios mostraxespara determinar a súa presenza en Galicia. O área de bosque de Galicia representa prácticamente o 12% da superficie forestal de España, cun 7% de coníferas, e un 25% das coníferas do noso país. Ademais, Galicia é unha das principais vías de entrada de madeira ao noso país. Realizáronse varias prospeccións desde 1999 a 2001. Na primeira mostraxe recolléronse 1249 mostras de piñeiros con ou sen síntomas. O resto de prospeccións realizáronse en base ás normas da UE. En total analizáronse 2179 mostras tomadas principalmente en serradoiros, principais vías de comunicación e bosques. As especies foron identificadas segundo criterios morfolóxicos e por técnicas moleculares (PCR-RFLP), sempre que foi necesario. Identificáronse catro especies de Bursaphelenchus: B. eggersi apareceu en 4 mostras tomadas en especimenes de P. pinaster e P. radiata con síntomas de decaemento, as especies restantes, B. sexdentati e B. cf. eremus detectáronse unha vez cada unha en piñeiros con síntomas de decaemento preto de serradoiros, e B. mucronatus en catro serradoiros de P. pinaster, con madeira importada de Ucrania e Francia. O insecto vector de B. xylophilus, Monochamus galloprovincialis, tamén se recolleu en madeira importada de serradoiros.