Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2007

Reunión Científica del Grupo de Trabajo de Sanidad Forestal de La Sociedad Española de Ciencias Forestales
Palencia, 25 - 26 de Setembro 2007

23


Patogenicidad de los tipos de compatibilidad vegetativa de Cryphonectria parasitica en Galicia


MONTENEGRO, D.¹; AGUÍN, O.¹; SAINZ, M.J.²; MANSILLA, J.P. 1,2

¹Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra. efa@efa-dip.org

²Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España.




RESUMO: Cryphonectria parasitica, ascomiceto causante do cancro do castiñeiro, posúe un sistema de compatibilidade vexetativa que restrinxe a formación de heterocarións. Este sistema contribúe ó éxito de programas de control biolóxico, debido a que a hipovirulencia en C. parasitica transmítese principalmente mediante anastomose hifal. En Galicia establecéronse oito tipos de compatibilidade vexetativa (vc) que presentan diferenzas na súa dispersión e abundancia. O obxectivo deste traballo foi determinar se os oito tipos vc presentan ademais variación na súa virulencia. Levouse a cabo un test de patoxenicidade, utilizando fragmentos de tronco de castiñeiro, recollidos en campo, aos que se lles inoculou micelio de C. parasitica correspondente a illados de cada un dos oito grupos vc atopados en Galicia. O grado de virulencia estimouse observando o tamaño do área necrótica inducida polo fungo, así como as características morfolóxicas do micelio en crecemento. Establecéronse cinco niveis de incidencia en función do estado de desenvolvemento da enfermidade. Todos os grupos deron lugar a infección, aínda que se apreciaron diferenzas na virulencia. O tipo vc H foi o menos virulento, cun 40% de incidencia, e o tipo vc C, cun 90% de incidencia, o máis virulento.


Palabras chave: Castanea sativa, cancro, Cryphonectria parasitica, compatibilidade vexetativa, patoxenicidade