Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2009

VI Congreso Ibérico de Ciencias Hortícolas
Logroño 25 - 29 Maio, 2009


Efectos del pinzado y la aplicación de clormequat en la producción comercial de plantas en maceta de camelia

P. Vela¹, C. Salinero¹, P. Piñón¹ y M.J. Sainz²

¹Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Deputación de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra. pvela@efa-dip.org
² Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, 27002 Lugo, España.


RESUMO: Estudouse a evolución en cámara de características de calidade dos froitos de 10 cultivares de feixoa (Acca sellowiana) procedentes dunha plantación de Pontevedra en plena produción. Os cultivares foron 'Apollo', 'Alpe', 'Coolidge', 'Castroviejo', 'David', 'Gemini', 'Mammoth', 'Triumph', 'Unique' e 'Vilagarcía'. Rexistrouse o peso e medíronse os froitos recollidos. No momento da colleita e logo de 5, 10, 15 e 20 días de conservación a 2-4º C, determinouse o contido en materia seca, sólidos solubles, acidez titulable e contido en amidón para estudar a súa evolución durante a conservación en frío. O peso e tamaño do froito mostrou grandes diferenzas entre cultivares e mesmo entre froitos producidos por un mesmo cultivar, o que dificultou a comercialización e expansión do cultivo de feixoa. Os froitos de maior tamaño se corresponderon cos cultivares 'Apollo' e 'Unique', e os máis pequenos os de 'Castroviejo' e 'Vilagarcía'. Os froitos da maioría dos cultiavres presentaron valores similares e estables de acidez titulable, sólidos solubles, materia seca e amidón durante a súa conservación. Os valores máis altos de acidez en colleita obtivéronse nos froitos de 'Gemini' e 'Mammoth', se ben a súa acidez diminuíu durante a conservación ata os mesmos niveis dos outros cultivares.

Palabras chave: feixoa, cultivares, materia seca, sólidos solubles, acidez titulable