|
|
AVISO FITOSANITARIO OUTONO – INVERNO
22/12/2016
As especiais condicións climáticas deste outono, no que practicamente non houbo a precipitación habitual e as temperaturas foron anormalmente altas (ver cadro resumo), provocaron que moitas plantas mantiveran un alto nivel de actividade mais alá do normal. Isto favoreceu o desenvolvemento de certas pragas que doutro xeito non se desenvolverÃan nesta época. Co comezo dos frÃos xa se inicia a parada vexetativa dos vexetais e polo tanto é bo momento para iniciar as labores propias do outono-inverno. Sabemos que hai agricultores que xa as teñen iniciado ou mesmo rematado, pero para aqueles que aÃnda non actuaran emitimos uns consellos que cómpre por en práctica.
Resumo de datos climáticos do outono (datos recollidos ata o 19 de decembro)
|
Estación
|
Mes
|
Tª media (ºC)
|
Tª máxima (ºC)
|
Tª mÃnima (ºC)
|
Choiva (l/m2)
|
Condado: Cequeliños
|
Outubro
|
15,8
|
29
|
8
|
60,2
|
Novembro
|
10,25
|
25
|
1,9
|
144,6
|
Decembro
|
9,6
|
21,1
|
0,9
|
29
|
Meder
|
Outubro
|
15,9
|
27,6
|
6,9
|
77,6
|
Novembro
|
10,8
|
24,6
|
0,9
|
157,6
|
Decembro
|
10,7
|
21,3
|
-0,2
|
55,2
|
Rosal: Areas
|
Outubro
|
16,1
|
28,5
|
6,8
|
10,8
|
Novembro
|
10,7
|
25,7
|
1,7
|
186,8
|
Decembro
|
11,1
|
23,5
|
1,5
|
53,4
|
As Eiras
|
Outubro
|
15,7
|
26,6
|
6,8
|
107
|
Novembro
|
11,2
|
23,9
|
2,3
|
196,4
|
Decembro
|
11
|
22,3
|
1,7
|
55,8
|
Salnés: Torrequintáns
|
Outubro
|
15,9
|
28,5
|
6,1
|
96,2
|
Novembro
|
11,6
|
23,6
|
2
|
161
|
Decembro
|
11,9
|
22,3
|
2
|
50
|
Tremoedo
|
Outubro
|
15,8
|
27,5
|
6,8
|
94,9
|
Novembro
|
11,8
|
23
|
2,4
|
152,6
|
Decembro
|
12,1
|
20,8
|
2,5
|
64,6
|
Pontevedra: Areeiro
|
Outubro
|
15,4
|
28,3
|
7,1
|
69,4
|
Novembro
|
11,5
|
22,9
|
3,6
|
151,4
|
Decembro
|
12,1
|
21,6
|
2,8
|
68,8
|
(*) Fonte: MeteoGalicia
|
VIÑA |
Actuacións fronte as enfermidades da madeira |
Como ben é sabido, en practicamente todos os viñedos algunhas plantas mostraron neste verán sÃntomas de estar afectadas por enfermidades da madeira, e este fenómeno probablemente se vira incrementado fronte a outras campañas pola seca que se produciu. Estas plantas, en principio é mellor podalas o mais tarde posible para favorecer as reaccións de defensa da planta. Sen embargo, ultimamente hai unha corrente de opinión que aconsella facelo pronto, para procurar que as feridas de poda estean mais curadas cando os fungos retomen a súa actividade, pero de momento non hai evidencias cientÃficas suficientes que apoien esta hipótese. Sexa cal sexa o perÃodo de poda elixido, as normas básicas de actuación desde o punto de vista sanitario son:
- Podar en tempo seco e sen previsión de choivas
- Desinfectar as tesoiras de poda (con auga oxixenada, lixivia ou alcol de queimar flamexado) cando menos entre planta e planta
- Evitar no posible facer feridas de poda de grandes dimensións
- Non deixar tocos de poda, pero tampouco podar demasiado cerca da madeira remanente (respectar as engurras da cortiza)
- Realizar cortes limpos, e protexer as feridas grosas de poda cun mástic funxicida que sexa o mais duradeiro posible
- Non facer cortes en horizontal (sobre todo en emparrados) que favorezan a retención da auga da choiva sobre eles
- Eliminar SEMPRE do viñedo todos os residuos de poda, asà como aqueles brazos ou ramas mortas. A incorporación da madeira enferma ao terreo favorece a dispersión destas enfermidades e tamén dos fungos do solo ou raÃz.
Hai que ter en conta que algunhas plantas poden presentar os patóxenos responsables das alteracións de madeira e non mostrar sintomatoloxÃa algunha, pero estas medidas preventivas sempre axudarán a unha menor dispersión da enfermidade na parcela.
Cando se faga a poda é conveniente aproveitar para arrincar as plantas mortas, retirándoas da finca e eliminándoas.
|
Actuacións fronte aos ácaros responsables da acariose |
Naquelas viñas que tivesen presentado ataques destes ácaros ou naquelas nas que houbera sospeita de telos é conveniente estimar as poboacións invernantes mediante a análise das xemas de varas retiradas no momento da poda. Deste xeito poderase actuar fronte a eles en caso necesario a principios da campaña seguinte, evitando asà problemas posteriores.
Para facer estas análises basta con coller 20 varas de poda de aproximadamente 30 cm de lonxitude e envialas ao laboratorio
|
FROITEIRAS (de PEBIDA e de ÓSO) |
Actuacións fronte diversos fungos |
O tempo tÃpico de outono, caracterizado en xeral por unha amplitude térmica bastante grande e por unha forte humidade relativa coa formación de orballos durante a noite e a mañá fai que as plantas se manteñan húmidas durante largo tempo. Nesta época é importante actuar fronte as formas invernantes dos fungos patóxenos, mediante medidas culturais (eliminación de madeira afectada –por cancros, por exemplo- ou morta) e tratamentos quÃmicos baseados en sustancias de cobre. As medidas culturais coinciden coas apuntadas para a viña. Canto aos tratamentos con cobre, son aconsellables dúas ou tres aplicacións, sempre considerando que non se deben facer con tempo frÃo (temperaturas menores de 8 ºC) nin en previsión de xeadas.
|
Actuacións fronte ao bichado da mazá |
Nas fincas onde se colocaran trampas-banda de cartón ondulado arredor das árbores para capturar e/ou estimar as poboacións de larvas que pasan o inverno, neste momento xa se poden retirar. Antes de eliminalas pódense abrir para mirar cantas eirugas se recolleron, de xeito que si non hai eirugas ou só unha ou dúas, a poboación considérase escasa, pero a partir dunha media de tres eirugas por banda, o nivel de poboación é alto asà como o risco potencial para o ano seguinte.
|
KIWI |
Pseudomonas syringae pv. actinidiae (cancro bacteriano do kiwi) |
Nesta época a vulnerabilidade das plantas aos ataques desta e doutras bacterias patóxenas é moi elevada debido á humidade caracterÃstica do outono-inverno e á presenza das feridas nas ramas debido á colleita dos froitos, á caÃda das follas e aos cortes de poda (nas fincas onde se estea a facer esta operación ou se teña feito). Estas feridas son portas de entrada para as bacterioses. Por iso é aconsellable realizar o antes posible un tratamento cun insecticida cúprico, que deberá ser renovado polo menos unha vez mais antes da primavera. Lembren que o uso do cobre está restrinxido a condicións de temperaturas por riba dos 8-10 ºC.
Estes tratamentos son especialmente importantes se xa hai constancia destas enfermidades na finca ou nas parcelas próximas
Tamén é fundamental, pensando nestes patóxenos, a retirada e destrución de todos os restos de poda que se xeren na finca, asà como a eliminación total (raÃces incluÃdas) das plantas mortas
|
CÃTRICOS |
Trioza erytreae (psila africana) |
Coas temperaturas anormalmente cálidas que tivemos ata ben entrado o outono, moitos cÃtricos, e os limoeiros especialmente, botaron gomos novos e tenros onde aÃnda a estas alturas, xa con certo frÃo, se poden ver ovos e estados ninfais deste insecto chupador. A eliminación manual destes gomos considérase suficiente nestes momentos en que xa hai certo frÃo para eliminar estas poboacións, mais tendo en conta que os froitos están en fase de maduración e recollida.
No caso de desexar aplicar un tratamento débese respectar escrupulosamente o prazo de seguridade do insecticida elixido
|
Phytophthora spp. |
O incremento da humidade propio desta época do ano é un factor favorable ao desenvolvemento dos patóxenos deste xénero. Polo tanto é necesario tomar unha serie de precaucións básicas para limitar a súa diseminación, como é evitar os charcos na zona do colo da árbore (facilitar a drenaxe da auga), evitar calquera retención de humidade no entorno das plantas ou, no caso de que aparezan os caracterÃsticos froitos parcial ou totalmente podres polo ataque de Phytophthora hibernalis, retiralos e eliminalos, mesmo os que caen ao terreo.
Os funxicidas rexistrados fronte a estes patóxenos non eliminan o fungo pero si poden axudar a limitar o seu crecemento. Nestes intres están autorizados fosetil-Al 80%, metalaxil 25% e o biofunxicida antagonista do patóxeno Gliocladium catenulatum (CEPA J1446) 32% (2 X 10E8 CFU/G)
|
BUXO |
Cylindrocladium buxicola e outros fungos patóxenos |
Tamén a partir de agora é de esperar que se manifesten novamente certos fungos sobre esta especie ornamental, como Volutella buxi, a roia Puccinia buxi ou o temido Cylindrocladium buxicola. Os dous primeiros patóxenos teñen un control mais sinxelo mediante aplicación de funxicidas tipo mancozeb, clortalonil ou cobre. Fronte ao último, é FUNDAMENTAL a combinación das medidas culturais (retirada constante de follas secas e favorecer a aireación das plantas) con aplicación de funxicidas. Os citados para o control dos outros fungos deben alternarse neste caso con epoxiconazol, difenoconazol ou kresoxim-metil, que en ensaios que temos realizado deron resultados aceptables.
|
PALMEIRAS |
Picudo vermello das palmeiras (Rhynchophorus ferrugineus) |
Durante este ano volveuse a observar un avance significativo desta praga, sen dúbida debido a que hai moitas palmeiras afectadas en non eliminadas, actuación que é fundamental para limitar o avance do escaravello. Cando empezan os frÃos é o momento de realizar podas nas palmeiras no caso de que sexa imprescindible facelo, aÃnda que se non é necesario é mellor deixalas sen podar para evitar atraer aos adultos.
As palmeiras afectadas deben eliminarse, ben sexa por empresas que fan este tipo de traballos (hai varias na provincia) ben sexa polo propio propietario no caso de planta pequena. Neste caso NUNCA deben deixarse os restos na finca (ou botalos a outros sitios) senón que deben cortarse en anacos e enterrar TODOS OS RESTOS a unha profundidade mÃnima de 2 m
|
FELICES FESTAS A TODOS E FELIZ 2017
|
|