Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2003

XXVI Congreso SEBBM. La Coruña 2003

3379


Comparación de tres protocolos para la extracción de adn a partir de diferente material vegetal de Camellia


Vela, P.; Pais, M.; Aguín, O.; Salinero, M.C.

Excma Diputación Provincial de Pontevedra. Servicio Agrario. Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Subida a la Robleda s/n 361533 Pontevedra pmansilla@efa-dip.org





RESUMO:      O xénero Camellia cultívase extensamente en Galicia e a súa presenza é moi significativa en xardíns tanto públicos como privados. Posúe unha gran facilidade de hibridación e introgresión o que dificultou a identificación de especies mediante métodos clásicos como caracteres agromorfolóxicos da flor e a folla, tamaño do arbusto, etc. descritores que se poden ver influenciados por factores ontoxénicos e ambientais que enmascaran a diversidade xenética real. As técnicas baseadas na análise do material xenético poderían ser unha ferramenta eficaz para a diferenciación de especies, híbridos e variedades de Camellia. A este respecto un dos problemas que suscita este xénero, como outras especies leñosas, é a dificultade de obter un ADN óptimo, debido á presenza de determinados compoñentes que poden interferir no proceso de extracción. Por iso o obxectivo do presente traballo foi investigar que tipo de material vexetal de Camellia e que proceso de extracción permitiría obter de xeito rápido e eficaz ADN para realizar posteriores estudos moleculares. Seleccionáronse plantas de 19 especies de Camellia, cultivadas en Galicia, e recolleuse de cada unha: xemas, gromos, follas, botóns florais e flores. Previamente á extracción cada tipo de material vexetal dividiuse en 3 lotes: 1/3 conxelouse, outro liofilizouse e o terceiro mantívose fresco. Para cada lote probáronse 3 protocolos de extracción baseados en kits comerciais. Os resultados indican que o mellor material para a extracción do ADN o constitúen gromos ou botóns florais tanto conxelados, liofilizados como frescos aplicando o protocolo do Puregene DNA isolation Kit.