Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2003

IX Congreso Nacional de Ciencias Hortícolas, Pontevedra 2003

Descargar en Formato PDF 713


Influencia de la aplicación de fitorreguladores en el patrón de desarrollo y acumulación estacional de carbohidratos en el fruto de kiwi, en Pontevedra


Lema MJ, González S, Salinero C.

Excma Diputación Provincial de Pontevedra. Servicio Agrario. Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Subida a la Robleda s/n 361533 Pontevedra mcs@efa-dip.org





RESUMO:     A rendabilidade das plantacións de kiwi pasa por obter un maior número de froitos de tamaño comercial; destacando como alternativa a aplicación de fitorreguladores exógenos. Son numerosas as experiencias con diferentes sustancias activas con resultados case sempre positivos en términos de rendementos, pero contradictorios -senón inexistentes- no tocante aos efectos colaterais como a modificación do desenvolvemento fisiolóxico ou os efectos na calidade culinaria ou de almacén. Por iso, contrastouse o comportamento do froito do kiwi nas nosas condicións ante a aplicación de tres hormonas de síntese (auxina, xiberelina e citoquinina), non só nos parámetros morfométricos senón tamén no tocante á concentración dos carbohidratos: amidón, glucosa e frutosa, por seren os principais indicadores da calidade do froito e por seren o mellor índice para profundizar nos mecanismos endóxenos implicados na resposta final do cultivo. Os ensaios realizáronse no ano 1999 en dous plantacións de kiwi: Carregal e Piñeiro, ubicadas en Tomiño (Pontevedra).En cada leira dispuxéronse tres bloques dentro dos cales distribuíronse aleatoriamente as parcelas necesarias para os tres tratamentos, constituída cada unidade experimental por 3 plantas femia. O 4 de xuño efectuáronse aplicacións localizadas no froito de 0.8% p/v 2,4D, 1.0% p/v ANA (Laingorde), Fenotiol 2% p/v (HFCalibra) e CPPU (Forchlorfenuron) 10g/l (Sitofex).