Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Artículos en Revistas Científicas e Divulgativas » 2011






First Report of Bacterial Canker of Kiwifruit Caused by Pseudomonas syringae pv. actinidiae in Spain
Plant Disease DOI: 10.1094/PDIS-06-11-0537
Aceptada publicación el 31-08-2011


Mrs. Adela Abelleira Argibay¹, Dr. María Milagros López², Mr. Javier Peñalver Navarro², Dr. Olga Aguín Casal¹, Dr. José Pedro Mansilla Vázquez¹, Mrs. Ana Picoaga Montoussé¹ y Mrs. María José García Fernández¹

¹ Deputación Pontevedra, Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, Spain, 36153
² IVIA, CPVYB, Valencia, Spain, 46113

RESUMO: O cancro bacteriano do kiwi ocasionado por Pseudomonas syringae pv. Actinidiae foi detectado por primeira vez en Xapón e Corea; na actualidade constitúe unha enfermidade emerxente que está a ocasionar importantes perdas en China, Italia, Nova Zelandia, Francia, Portugal e Chile. Actinidia chinensis en particular os cultivares Jin Tao e Hort 16 A parecen ser máis susceptibles que o kiwi verde Actinidia deliciosa cultivares Hayward e Summer. A bacteria afecta tanto ás plantas macho coma ás femias, e as plantas novas son máis susceptibles. Os síntomas máis característicos que aparecen a principios de primavera son exsudados de cor laranxa avermellada ou branca asociados con chancros e feridas en pólas e/ou madeiros, ademais de manchas marróns nas follas, as xemas e os froitos tamén se ven afectados. A meirande parte do kiwi que se produce en España cultívase en Galicia, onde o principal cultivar é Hayward. En 2010 estableceuse a primeira plantación do cultivar Jin Tao e outra plantación de cultivar Summer, moi preto dunha plantación de Hayward. A principios da primavera de 2011, o 80% das plantas de ambas as dúas especies mostraban síntomas da enfermidade. A bacteria P. syringae pv. Actinidiae foi illada unha vez máis das plantas sintomáticas e ademais leváronse a cabo probas de patoxenicidade, inoculando as plantas sas coa bacteria, nas que os síntomas comezaron a aparecer cinco días máis tarde, mentres que as plantas control non inoculadas permanecían sas. A plantación de kiwi con plantas afectadas foi erradicada (25 ha). Esta constitúe a primeira referencia de P. syringae pv. Actinidiae en España.




Primera cita en España de Psyllaephagus bliteus Riek (Hymenoptera, Encyrtidae), parasitoide de Glycaspis brimblecombei Moore (Hemiptera, Psyllidae)
BOLETÍN DE SANIDAD VEGETAL
Volume 37 Nº1 2011 Pax:37-44


R. Pérez-Otero¹, P. Borrajo², J.P. Mansilla¹, F. Ruiz²

¹ Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra.
² Centro de Investigación Forestal de ENCE. Crtra. A-5000 km 7,5. 21007 Huelva.

RESUMO: No presente traballo cítase por primeira vez en España a presenza de Psyllaephagus bliteus Riek (Hymenoptera, Encyrtidae), parasitoide específico de Glycaspis brimblecombei Moore (Homoptera, Psyllidae) na provincia de Huelva (SO España). Este insecto australiano é utilizado como controlador biolóxico do psílido en diversos países obténdose moi bos resultados.


First Report of Cankers and Dieback Caused by Neofusicoccum mediterraneum and Diplodia corticola on Grapevine in Spain
Plant Disease Outubro 2011, Volume 95, Nº10, Pax: 1315


C. Pintos Varela, V. Redondo Fernández, O. Aguín Casal y J. P. Mansilla Vázquez

Estación Fitopatolóxica Do Areeiro, Deputación Pontevedra, Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra, Spain

Survival time analysis of Pinus pinaster inoculated with Armillaria ostoyae: genetic variation and relevance of seed and root traits
European Journal of Plant Pathology Volume 130, Nº4, Pax: 477-488


Alejandro Solla1; Olga Aguín2; Elena Cubera1; Luís Sampedro3; J. Pedro Mansilla2; Rafael Zas4

1Ingeniería Técnica Forestal. Universidad de Extremadura, Avenida Virgen del Puerto 2, 10600-Plasencia, Spain
2Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Deputación de Pontevedra – Unidad Asociada MBGCSIC, Subida a la Robleda s/n, 36153-Pontevedra, Spain.
3Centro de Investigación Forestal de Lourizán – Unidad Asociada MBG-CSIC, Apdo. 127, 36080-Pontevedra, Spain.
4Misión Biológica de Galicia, CSIC, Calle Carballeira 8, 36143-Pontevedra, Spain

Detection of Bursaphelenchus Xylophilus, Causal Agent of Pine Wilt Disease on Pinus pinaster in Northwestern Spain
Plant Disease Xiño 2011, Volume 95, Nº6, Pax: 776


A. Abelleira, A. Picoaga, J. P. Mansilla y O. Aguin

Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra. efa@depo.es

RESUMO: Este traballo constitúe a primeira referencia do nematodo da madeira do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus no noroeste de España. Trátase dun organismo de corentena que está a ocasionar danos importantes nos piñeiros de todo o mundo. En Europa, detectouse por primeira vez en Portugal en 1999 e en España en 2008. Dende ese momento leváronse a cabo diversas medidas para reducir a súa dispersión. Dende 1999, nos nosos laboratorios analizáronse 5.155 mostras mediante técnicas morfolóxicas e moleculares para vixiar a posible presenza do patóxeno no noroeste de España. B. xylophilus foi detectado nunha masa afectada de P. pinaster no municipio de As Neves (Pontevedra, Galicia) en 2010. Esta rexión é unha das principais produtoras de madeira de piñeiro de España.


First Report of Dieback on Hybrid Rhododendrons Caused by Neofusicoccum luteum and N. parvum in Spain
Plant Disease Febreiro 2011, Volume 95, Nº2, Pax: 221


C. Pintos Varela, V. Redondo Fernández, J.P. Mansilla Vázquez y O. Aguín Casal

Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra. efa@depo.es

RESUMO: Durante as prospeccións realizadas para a detección de Phytophthora ramorum nos xardíns e parques galegos durante o ano 2010, observouse que as plantas de Rhododendron spp establecidas mostraban manchas na folla e necrose e decaemento nos gromos e cancros e morte regresiva dos gromos e pólas. N. luteum e N. parvum foron identificados a partir destas mostras mediante técnicas morfolóxicas e o diagnóstico foi confirmado mediante a análise das súas secuencias de ADN. A patoxenicidade de cada un destes illados de N. luteum e N. parvum foi confirmada mediante a inoculación en catro plantas de viveiro de Rhododendron spp. de tres anos en maceta. N. luteum e N. parvum foron illados unha vez máis en todas as plantas inoculadas pero non nos controis. Esta constitúe a primeira detección de N. luteum e N. parvum sobre Rhododendron spp. en España.