Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Primeiras Deteccións - Globodera pallida

  DETECCIÓN DE Globodera pallida EN GALICIA.


Globodera pallida (Stone, 1973) Behrens Quistes extraidos de Globodera pallida1975 é un nematodo formador de quistes que xunto a especie Globodera rostochensis (Wollenweber, 1923) Skarbilovich 1959, o nematodo dourado, causan importantes perdidas no cultivo da pataca, e ámbalas dúas especies denomínanse 'nematodos do quiste da pataca'. Son endoparásitos obrigados e posúen unha gran capacidade de adaptación, polo que son difíciles de erradicar, as femias ao morrer endurecen a súa cutícula e no seu interior atópanse 600-800 ovos que poden permanecer en fase latente durante varios anos se as condicións lle son adversas.



Os danos principais debido a estes nematodos son reducións importantes nas colleitas e tubérculos de pequeno tamaño. Ámbolos dous patóxenos son de corentena e atópanse incluídos na Lista A2 da EPPO (European and Mediterranean Plant Protection Organization), e na Directiva 27/33/CE DO CONSELLO DO 11 de xuño de 2007 relativa ao control dos nematodos do quiste da pataca e pola que se deroga a Directiva 69/465/ CEE nas que se establece as medidas que os estados membros deben adoptar contra os nematodos do quiste co fin de detectar a súa aparición, determinar a súa distribución, evitar a súa propagacion e telos baixo control.


En Galicia Globodera rostochensis está amplamente distribuída en todas as zonas produtoras de pataca, con todo Globodera pallida na nosa comunidade aparece puntualmente, durante o ano 2007 determinouse en dúas mostras no noso laboratorio, ata o momento, non estaba recoñecida a súa presenza en Galicia segundo a publicación de Belo A., et al. 2005 na que se estuda a distribución dos nematodos de corentena en España, entre os cales esta incluído Globodera pallida.



Detalle do estilete en xuvenil de 2º estadio
Detalle do estilete en xuvenil de 2º estadio
Ovo co nematodo antes da súa eclosión
Ovo co nematodo antes da súa eclosión