|
Kiwi |
|
|
|
Viña, Froiteiras e
Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Plátano de
sombra, Carballo e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Carballo e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Carballo e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Carballo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Froiteiras de óso e
Millo |
|
|
|
Viña, Maceira e Millo |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Varios, Viña e Nogueira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios cultivos e diversas
especies forestais |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Cítricos |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Camelia |
|
|
|
Viña kiwi e Camelia |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Evonymus |
|
|
|
Viña, Varios Cultivos, Kiwi, Carballo e
Camelia |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Carballo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Piñeiro, Maceira, Froiteiras de óso e
Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras, Viña e Mantemento da
maquinaria |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
02/07/2009
VIÑA Estado fenolóxico: Grans
tamaño chícharo |
Mildeu: |
Continúa a situación de risco extremo debida ás condicións
climáticas, pois continuamente estanse a rexistrar condicións moi
favorables á infección. De feito, obsérvase mildeu en
acio, en maior ou menor medida, en boa parte das parcelas de todas as comarcas
(Salnés especialmente). Con esta situación, cómpre
renovar as intervencións, utilizando un funxicida cúprico
unido a un penetrante, e repetir o tratamento se non se frea o avance da
enfermidade. Ademais, coas condicións ambientais actuais e o
índice de risco asociado, é máis recomendable que nunca
realizar calquera operación cultural que favoreza a ventilación
dos acios, como a poda en verde ou o esfollado.
|
Oidio: |
Non se observan novos
síntomas, pero débese manter a vixilancia (ou mesmo tratar), en
especial naqueles viñedos con ataques moderados de mildeu.
|
Black-Rot:
|
Na nosa parcela de seguimento do Condado apareceron nesta semana
os primeiros síntomas en acio, e tamén informáronnos que a
mesma circunstancia sucedeu noutras parcelas da comarca. Xeralmente, o
patóxeno pode controlarse cos funxicidas antimildeu, pero en casos
especialmente graves poden non ser totalmente eficaces.Ver Ficha
|
Trazas: |
As capturas de machos
de trazas nas trampas mantéñense en niveis similares aos da
semana anterior, e non se observan penetracións larvarias. Non é
necesario tratar.
|
Mosquito verde e outros
cicadélidos: |
Incrementouse
lixeiramente o nivel de capturas nas trampas. Tamén se observa un
lixeiro aumento nas contaxes directas de ninfas nas follas. Polo momento non
é necesario tratar, pero sí incrementar a
vixilancia.
|
MACEIRA |
Moteado: |
As variedades máis sensibles mostran síntomas da
enfermidade nalgunhas zonas. Se as plantas non están protexidas por un
tratamento anterior (ter en conta que se se empregaron funxicidas de contacto
puideron lavarse coas chuvias) será necesario
renovalo.
|
Cydia
pomonella: |
Unicamente tivemos unha captura nunha das trampas instaladas
nas nosas parcelas de seguimento. Aínda así, débese vixiar
a aparición de posibles síntomas de penetracións larvarias
no froito.
|
Araña vermella: |
Continúan a observarse síntomas evidentes do
ataque deste ácaro nalgunhas plantas. Se se realizou un tratamento,
cómpre confirmar a súa efectividade por se é necesario
renovalo para evitar unha posible defoliación.
|
FROITEIRAS DE ÓSO |
Moniliose: |
Estamos a
recibir mostras de froitos de ameixeira, nectarina, etc. cos síntomas
característicos da presenza de Monilia, favorecido sen
dúbida polo rachado da froita debido ás chuvias. Ademais de
aplicar un tratamento funxicida (con produtos como folpet ou mancozeb),
cómpre retirar os froitos danados e os caídos ao
chan.
|
MILLO |
Vermes do
arame: |
Continuamos a
recibir na Estación mostras de millo danadas por estas larvas do solo.
Recordar que se poden limitar os seus danos, no caso de confirmarse a
súa presenza, aplicando clorpirifos 25 e 48% en pulverización,
materia activa rexistrada polo Ministerio para controlar estes insectos unha
vez instaladas as plantas.
|
|
|