|
Kiwi |
|
|
|
Viña, Froiteiras e
Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Plátano de
sombra, Carballo e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Carballo e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Carballo e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Carballo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Froiteiras de óso e
Millo |
|
|
|
Viña, Maceira e Millo |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Varios, Viña e Nogueira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios cultivos e diversas
especies forestais |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Cítricos |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Camelia |
|
|
|
Viña kiwi e Camelia |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Evonymus |
|
|
|
Viña, Varios Cultivos, Kiwi, Carballo e
Camelia |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Carballo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Piñeiro, Maceira, Froiteiras de óso e
Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras, Viña e Mantemento da
maquinaria |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
23/07/2009
VIÑA Estado feonolóxico: Peche
do acio |
Mildeu: |
Unha semana
máis con días de climatoloxía inestable implica a
necesidade de tratar en canto cesen as precipitacións para
evitar danos ao acio. Aínda que o viñedo se atope dentro do
período de protección teórico da intervención
anterior, hai que considerar que as chuvias que se produciron foron
suficientes para lavar os funxicidas de contacto e para reducir o
período de cobertura dos penetrantes. Ademais, debido á
elevada humidade ambiental, recoméndase novamente eliminar o
exceso de vexetación no ámbito dos acios mediante
esfollado e realizar poda en verde se o agromado dificulta a aireación
das uvas.
|
Oidio: |
O risco de ataque ao
acio deste patóxeno xa non é elevado.
|
Botrite:
|
Nesta semana
vimos os primeiros grans afectados por botrite. Como anunciaramos no aviso
anterior, o fungo nstalouse nas roturas da pel consecuencia do grave brote de
mildeu que sufrimos en semanas anteriores, e se viu favorecido polas
condicións climáticas (calor e elevada humidade).
Cómpre tratar, dirixindo o tratamento aos acios.
|
Trazas: |
Segue a ser baixo o
nivel de capturas nas trampas, e non se observan máis que moi
puntualmente ovos ou penetracións larvarias. Non é necesario
tratar.
|
Mosquito verde e outros
cicadélidos: |
Nesta semana volveu
observarse un incremento no número de capturas nas trampas, neste caso
de Zygina rhamni e tamén de Empoasca vitis. Aínda
así, polo momento non é necesario tratar.
|
Ácaros: |
Non volveron
observarse nesta semana síntomas do ataque de ácaros, nin
tampouco se atoparon poboacións nas mostraxes de follas. Non é
necesario tratar.
|
Enfermidades da
Madeira: |
Recórdase a conveniencia de marcar as plantas con
síntomas que apuntan a algunha enfermidade da madeira para poder
diferencialas das demais no momento de tomar as medidas
oportunas.
|
MACEIRA |
Moteado: |
Se ben non se atoparon novos síntomas, cando cesen as
precipitacións haberá que renovar os tratamentos para protexer os
froitos en desenvolvemento.
|
Cydia
pomonella: |
Non
tivemos capturas nas trampas de feromona instaladas nas nosas parcelas de
seguimento. En calquera caso, convén vixiar a potencial aparición
de penetracións larvarias nos froitos.
|
Araña vermella: |
As
condicións climáticas non foron favorables estes días ao
desenvolvemento deste ácaro.
|
CARBALLO |
Altica
quercetorum: |
Segundo nos
informaron, estanse a observar en diferentes zonas de Galicia ataques deste
coleóptero defoliador. É necesario recordar que os únicos
fitosanitarios recomendados polo Ministerio para o control destes insectos en
carballo son deltametrin (controla adultos e larvas) e flufenoxuron (fronte a
larvas).
|
PIÑEIRO |
Procesionaria: |
Segundo as trampas que temos instaladas nos piñeirais,
nesta semana iniciouse o voo do lepidóptero (máximo nivel de
capturas: nove machos).
|
|